Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.502

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-7-1996, subscrito en representación da parte económica por Asoemar, e, da parte social, pola CIG, CC.OO., UGT o día 10-7-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do

Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Texto do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito funcional

Artigo 1º

O presente convenio é de aplicación a tódalas empresas dedicadas á actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, tanto mecánica como manual.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de ambito provincial, e afecta ós centros de traballo situados no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa estea fóra do dito territorio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio tódolos traballadores, sexa cal for a súa categoría, que durante a vixencia del presten os seus servicios baixo a dependencia e por conta das empresas afectadas no seu ámbito territorial, sen máis excepcións cás que marca a lei.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 4º

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión ou revisión do presente convenio, deberá realizarse cunha antelación de tres meses ó seu remate ou prórroga en curso. A denuncia efectuarase mediante comunicación escrita á outra parte, así como á autoridade laboral, contándose o prazo dela desde a data de recepción da referida comunicación.

Denunciado o convenio, as deliberacións procuraranse comezar co tempo suficiente como para que non haxa lugar a atrasos e, como moi tarde, dentro do primeiro trimestre do ano que proceda.

Sección terceira

Prelación de normas

Artigo 6º

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario as relacións entre traballadores e empresarios afectados por el.

No non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais de aplicación.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor. Non obstante, as condicións superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor do presente convenio e que, con carácter global, excedan do en cómputo anual, serán respectadas.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente. No caso de non ser homologado pola autoridade laboral algún dos pactos, o convenio quedará sen efecto e deberá procederse á reconsideración da súa totalidade.

Sección cuarta

Comisión mixta de interpretación

Artigo 9º

Constitúese unha comisión mixta de interpretación, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se celebre. Quedará constituída por catro representantes dos traballadores e catro empresarios, os cales serán designados pola central ou centrais sindicais asinantes e pola Asociación de Empresarios Marmoristas da provincia da Coruña (Asoemar), de entre os que no seu día negociaron e pactaron o presente texto.

Para a adopción de acordos será necesaria a conformidade da metade máis un dos compoñentes.

Nomearase secretario a un vocal da comisión, podendo asisti-los asesores de ambas representacións, con voz pero sen voto.

Capítulo II

Sección primeira

Condicións económicas. Normas xerais

Artigo 10º

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio, serán as que conteñen as táboas de

salarios e antigüidade, que se unen como anexo e se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 11º.-Pago de haberes.

Efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ó seu devengo e con dereito por parte do traballador a solicitar anticipos quincenais a conta dos salarios que teña devengados co tope establecido pola lexislación vixente.

Sección segunda

Salario base

Artigo 12º

Entenderase por tal o que figura para cada categoría e profesión na táboa salarial.

Sección terceira

Pluses e suplidos

Artigo 13º

Tódolos pluses contidos no presente convenio aboaranse por día efectivo de traballo.

Igualmente e por faltar ó traballo sen causa xustificada, ademais do disposto no artigo 33º, perderase o dereito á perceción tanto do salario como dos pluses correspondentes ó día da falta.

Artigo 14º.-Plus de asistencia.

Aboaráselle a tódolos traballadores na contía sinalada na táboa salarial que figura como anexo ó presente convenio.

Artigo 15º.-Plus de distancia e transporte.

Co fin de simplifica-lo cómputo da distancia do domicilio do traballador e o centro de traballo, aboaranse a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia entre o domicilio e o centro de traballo, de acordo coas cantidades que figuran na táboa de salarios e que se recollen no anexo do presente convenio.

Artigo 16º.-Plus de perigosidade.

O incremento que se levará a cabo por este concepto consistirá no 20% sobre o salario base. Se o traballador realizase os traballos unicamente durante media xornada, a porcentaxe anteriormente citada reducirase á metade.

As cantidades iguais ou superiores ó plus fixado neste artigo que estean establecidas ou sexan establecidas polas empresas, serán respectadas sempre que foran concedidas polo dito concepto e, neste caso non será esixible o aboamento de incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-lo citado aumento, aquelas empresas que o teñan incluído en igual ou superior contía no salario de cualificación do posto de traballo.

Se por calquera causa desaparecesen as condicións motivadoras da percepción do citado plus, este deixará de aboarse, no tendo por tanto carácter consolidable.

No caso de discrepancia entre ámbalas partes sobre se un traballo ten a cualificación ou non de perigoso, haberá que aterse ó que dispoña a autoridade laboral competente, mediante resolución fundada e logo dos informes técnicos oportunos.

A dita resolución poderá ser recorrible polas partes, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Para o ano 1996 aplícase un incremento do 4% sobre as táboas salariais de 1995, con carácter retroactivo do 1 de xaneiro.

Para o ano 1997 efectuarase un incremento dos salarios na mesma contía có indice de prezos de consumo (IPC), rexistrado o 31-12-1996. Esta porcentaxe aplicarase sobre as táboas salariais de 1996 que resulten despois de coñecer se funcionou a cláusula de revisión de 1996.

Artigo 18º.-Cláusula de revisión salarial.

Para o primeiro ano de vixencia do convenio, establécese unha cláusula consistente en revisa-los salarios o 31-12-1996, no que exceda do 3,5%, con carácter retroactivo do 1 de xaneiro do mesmo ano.

No caso de procede-la revisión, farase sobre os salarios vixentes o 31-12-1996 e sumaranse ós salarios de 1996.

Para o segundo ano de vixencia a cláusula de revisión salarial funcionará sempre e cando o IPC rexistrado o 31-12-1997 sexa superior ó habido no 31-12-1996. A revisión consistirá no exceso do primeiro IPC sobre o segundo.

No caso de procede-la revisión, farase sobre os salarios vixentes o 31-12-1996 e sumaranse ós salarios de 1997.

Artigo 19º.-Haberes extraordinarios.

A tódolos traballadores afectados polo presente convenio, aboaránselles dúas pagas ó ano, nos meses de xullo e decembro, ademais da correspondente a beneficios, a cal será rateada en doce mensualidades.

As pagas aboaranse a razón de trinta días de salario base, máis antigüidade, se é o caso.

Delas quedan excluídos os pluses a que fan referencia os artigos 14º, 15º e 16º do presente convenio. Os traballadores percibirán estas proporcionalmente ó tempo traballado.

Sección quinta

Retribucións condicionais

Artigo 20º.-Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axuda de custo, percibirá polo dito concepto a cantidade de 2.500 ptas. a completa e a de 900 ptas. a media axuda de custo, para tódalas categorías profesionais. Non obstante, nos supostos en que os importes expresados non

alcanzasen aboaráselle ó traballador a diferencia correspondente, logo da presentación da factura ou facturas.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen, sempre que conten cunha antigüidade mínima de dous anos de servicio na empresa, percibirán desta e por unha soa vez as seguintes bonificacións, en función de que a xubilación se produza ós:

60 anos: 150 días de salario base.

61 anos: 100 días de salario base.

62 anos: 70 días de salario base.

63 anos: 40 días de salario base.

64 anos: 30 días de salario base.

O dereito ó percibimento deste premio está condicionado a que o traballador se xubile entre os sesenta e sesenta e catro anos de idade, perdéndoo os que o fagan posteriormente.

Sección sexta

Vacacións

Artigo 22º

Serán de 30 días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio, percibindo durante estas o salario base, máis antigüidade, se é o caso, e os pluses de asistencia e distancia e transporte, correspondente ós días que, de estar traballando, percibise.

O desfrute delas realizarase do modo seguinte: 15 días nos meses de xuño, xullo e agosto e os restantes, en calquera época do ano.

Artigo 23º.-Licencias.

As licencias previstas e reguladas no Estatuto dos traballadores compleméntanse e precisan nos seguintes termos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais retribuídos.

b) Falecemento: a licencia no caso de falecemento da esposa, pais ou fillos será de 5 días.

c) No caso de falecemento de irmáns, a licencia será de 3 días.

d) Parto da esposa: será sempre de 5 días.

As retribucións correspondentes ós días de licencia serán: salario base, antigüidade e plus de asistencia.

Sección sétima

Antigüidade

Artigo 24º

As bonificacións por anos de servicios (antigüidade) están conxeladas e o seu cálculo, farase sobre o salario base do convenio do ano 1979.

Os aumentos polo dito concepto serán de dous bienios do 5% e quinquenios do 7%, ata un máximo de tres.

A táboa de antigüidade figura como anexo ó presente convenio.

Capítulo III

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Será de 40 horas semanais, de luns a venres, podendo, non obstante e de conformidade cos traballadores, as empresas altera-la dita xornada semanal e traballa-la mañá do sábado, sempre que non se exceda das anteriormente citadas 40 horas.

Establécense como festivos, ademais dos fixados oficialmente, a tarde do martes de Antroido e os días 24 e 31 de decembro para os anos 1996 e 1997.

A xornada laboral -en cómputo anual- queda establecida en 1.806 horas.

Artigo 26º.-Aviso previo de cesamento.

Cando un traballador desexe cesar no servicio dunha empresa, deberá avisar previamente cunha antelación mínima de oito días a aquela en que se produza a baixa. No caso de incumprimento desta obriga perderase o dereito a percibi-las partes proporcionais dos emolumentos que lle puideran corresponder pola liquidación.

A notificación do cesamento realizarase mediante escrito duplicado dirixido á empresa e asinado polo traballador. A empresa devolveralle ó traballador un exemplar como xustificante de recepción, facendo consta-la data de presentación. Co fin de dar fácil cumprimento á norma, a empresa facilitaralle ó traballador os medios para este trámite administrativo.

Artigo 27º.-Roupas de traballo.

As empresas subministrarán a todo o persoal unha peza de roupa de traballo cada seis meses, consistente nunha bata, funda ou similar. A súa conservación e limpeza serán por conta do traballador, o cal deberá mantela en perfecto estado de conservación e uso.

As pezas de roupa citadas no presente artigo poderán leva-lo anagrama da empresa se esta o desexase.

Artigo 28º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de accidentes para a cobertura e os riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta e invalidez permanente total dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere que garanta ó traballador accidentado e os seus habentes causa no caso de falecemento producido fortuíta, espontánea e independentemetne da vontade do tra

ballador ou a invalidez indicada, o percibimento das indemnizacións seguintes:

a) 2.500.000 ptas. no caso de falecemento do traballador.

b) 4.000.000 de ptas. no caso de invalidez permantente absoluta ou invalidez permanente total, derivada da mesma continxencia.

En ambos casos, a referida póliza só abarcará os procesos indicados a partir da vixencia e validez dela. Para os efectos, a cualificación de accidente e o grao de invalidez será o que, no seu día, dictaminen os organismos laborais.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que lle poida corresponder ó traballador percibir da Seguridade Social ou montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ó contrato de seguro de accidentes que contén este convenio, considéranse como entregas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándoas ata onde alcancen.

As empresas integradas en Asoemar non estarán obrigadas a efectuar desembolso ningún a conta da indemnización que se vai percibir, senón que, só estarán obrigadas a comunica-lo accidente do traballador á súa organización empresarial ou á compañía de seguros, do accidente con resultado de morte, invalidez permanente total ou absoluta. A partir deste momento toda a tramitación será por conta dos herdeiros ou traballador accidentado.

Artigo 29º.-Complemento de hospitalización.

No caso de IT derivado de enfermidade común, accidente ou enfermidade profesional con hospitalización, a empresa estará obrigada a aboa-lo equivalente ó 20% da base reguladora de tal continxencia, durante un prazo máximo de 2 meses.

A hospitalización por accidente será válida sempre e cando este teña a consideración laboral.

Artigo 30º.-Contratación.

Haberá que aterse ó disposto pola lexislación laboral vixente.

Artigo 31º.-Parte de traballo.

As empresas que na actualidade viñan utilizando o parte de traballo continuarán facéndoo na forma habitual sen obriga de asinar e dentro da xornada laboral.

Naquelas empresas nas que na actualidade non se confeccione o dito parte, poderá ser negociada entre empresarios e traballadores a implantación del.

Artigo 32º.-Día efectivo de traballo.

Entenderase por tal e para os efectos dos artigos 14º, 15º e 16º do presente convenio, cando o traballador preste os seus servicios efectivos polo menos durante catro horas.

Artigo 33º

Non obstante, ter sido derrogada a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica, aprobada por Orde ministerial do 28 de agosto de 1970 e demais disposicións de modificiación do desenvolvemento que conclúen coa Orde do 29 de novembro de 1973 estarán vixentes para os efectos do presente convenio- os artigos 154, 155, 156, 157, 158, 159, 160 e 161, da referida ordenanza, sempre e cando o contido destes non se opoña á lexislación vixente.

Os artigos que se citan serán actualizados, caso de que procedese, recolléndose a posibilidade de incluí-lo texto destes no próximo convenio.

Igualmente, e co obxecto de comprometerse ámbalas partes no obxectivo común de procurar unha diminución dos riscos laborais do traballador, este terá a obriga de recepcionar, coa súa sinatura, os medios de protección que lle entregue a empresa. O incumprimento de tal requisito pode ser considerada como leve no caso de persistir na mesma actitude, a súa consideración será de grave.

A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, dependendo de se supón un risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse á utilización dos medios de seguridade facilitados pola empresa, considerarase como grave e, se o dito motivo fose o causante dun accidente laboral grave, se lles produce prexuízos graves ós seus compañeiros ou a terceiros, ou danos graves á empresa, a súa consideración será de moi grave.

Disposición adicional

Os atrasos que correspondan polos incrementos económicos para 1996, aboaranse no prazo máximo de dous meses despois da publicación do convenio no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A partir da sinatura do presente convenio, ámbalas representacións comprométense a presentar e negocia-los datos relativos a rendementos aplicables ó nivel de empresa e pactados no seo desta, de acordo entre representante ou representantes dos traballadores e o empresario.

As ditas táboas de redementos servirán de base para redactar outra de aplicación a nivel provincial, logo da negociación desta.

ANEXO II

Táboa salarial anual correspondente a 1996

Oficial administrativo de 1ª1.753.991 ptas.

Oficial administrativo de 2ª1.705.379 ptas.

Auxiliar administrativo1.523.865 ptas.

Encargado xeral2.036.358 ptas.

Delineante de 1ª1.881.820 ptas.

Delineante de 2ª1.715.348 ptas.

Xefe de taller1.819.849 ptas.

Encargado de obra1.795.772 ptas.

Capataz1.770.643 ptas.

Modelista1.810.673 ptas.

Adornista1.778.996 ptas.

Oficial 1ª de oficio1.790.481 ptas.

Oficial 2ª de oficio1.665.518 ptas.

Axudante1.636.125 ptas.

Peón especializado1.586.455 ptas.

Peón ordinario1.539.803 ptas.

Aprendices de 1º e 2º año910.255 ptas.

Os salarios reflectidos na presente táboa salarial son meramente estimativos, posto que os integran conceptos fixos e outros que o son por día traballado, por este motivo haberá que aterse, en todo momento, ó disposto no anexo I.

7737