Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.512

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de setembro de 1994, para o ingreso no corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de setembro de 1994 (DOG nº 206, do 25 de outubro), para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, como funcionarios en prácticas.

Por iso, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, os seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

Quenda de promoción interna:

Apelidos e nomeDNIPuntuación

Tovar Bobo, Pilar32.408.75946,27

Quenda libre:

Apelidos e nomeDNIPuntuación

Sanjurjo Paz, Jesús76.410.00268,55
Toucedo Pérez, Eduardo35.558.07364,87
Peleteiro Estevez, María35.313.47864,79
Casal Lamas, Francisco Javier32.784.24764,70
Cañedo Seoane, Eduardo34.949.60764,60
Díaz Peña, Ana Isabel32.812.78164,51
Guitián Mosquera, Silvia

María

32.790.31663,06
Rodríguez Simal, Soledad35.313.36161,75
Ventura Rodríguez, Elías34.960.28861,04
Álvarez Pérez, Benito44.469.20658,55
Gancedo Cons, Josefa G.36.062.81557,35

O nomeamento dos interesados como funcionarios en prácticas terá efectos da data do inicio do curso selectivo que se establece no punto quinto da presente resolución.

Segundo.-Para os efectos do disposto na base I.1.8 da orde de convocatoria, establécese a seguinte distribución de prazas por especialidades do curso selectivo:

-Especialidade técnica inspección financeira e tributaria: 5 prazas.

-Especialidade técnica de xestión tributaria: 2 prazas.

-Especialidade técnica de contabilidade e intervención: 5 prazas.

-Total prazas curso selectivo: 12 prazas.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes relacionados no apartado primeiro da presente resolución ó acto público de elección de especialidade do curso selectivo que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, baixo en Santiago de Compostela, ás 13 horas do día 4 de novembro de 1996.

A elección de especialidade polos aspirantes efectuarase conforme a orde establecida polas bases I.1.8, VII.3 e VII.4 da convocatoria.

Cuarto.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido pola base III da orde de convocatoria.

Quinto.-Igualmente convócanse os aspirantes relacionados no apartado primeiro da presente resolución ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 17 horas do día 4 de novembro de 1996 no mesmo lugar indicado no apartado terceiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9607635