Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria, celebrada o día 18 de xullo de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto nº 19 (bis) de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Vilagarcía de Arousa no predio do ouro para a súa inclusión como solo de sistemas xerais, redactado polo arquitecto municipal Eugenio Jiménez Passolas.

De conformidade co establecido no artigo 128, en relación co artigo 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e artigo 127 do Regulamento de planeamento urbanístico, o dito expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 3 de outubro de 1996.

O alcalde

Rubricado

7516