Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co acordado pola corporación provincial, na sesión do 27 do actual, convócanse probas selectivas para a aprobación das prazas vacantes incluídas na oferta pública de emprego de 1996, con suxeición ás seguintes,

BASES:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira así como a selección do persoal fixo do cadro laboral, todas elas vacantes incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1996 que se especifican na base décimo terceira, segundo acordo da corporación provincial do 29 de marzo de 1996 e anuncio publicado no BOE do 20 de xuño do mesmo ano.

Segunda.-Lexislación aplicable.

As probas selectivas regularanse por estas bases, e no non previsto nelas polo establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Lei 30/1984, do 2 de agosto, coas modificación posteriores; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño e supletoriamente o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; e Real decreto lexislativo 1/1995, do 2 de marzo, polo que se apro

ba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Terceira.-Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, e conservarse, polo menos, ata a data de nomeamento.

a) Ser español. Para as prazas do cadro laboral de libre provisión, asimiladas ós grupos E e D, agás a de xefe de internado, poden formular solicitudes os cidadáns dos estados membros da UE, nos termos da Lei 7/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade determinada pola lexislación básica en materia de función pública. O exceso do devandito límite non afectará o persoal en propiedade da corporación que aspire a promoción interna, e será compensado cos servicios prestados nesta corporación con anterioridade, sempre que cotizasen á Mumpal ou Seguridade Social, no cadro de persoal ou cadro laboral fixo, respectivamente.

c) Estar en posesión do título que en cada caso se sinala, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, en cada caso. Cando se aleguen equivalencias de títulos, achegarase no seu día certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte. A opción ás prazas reservadas ó abeiro da disposición adicional décimo novena da Lei 30/1984, do 2 de agosto, para quen teña a condición legal de persoas con minusvalidez deberá formularse na solicitude de participación nas convocatorias, con declaración expresa dos interesados de reuni-la condición esixida ó respecto, que se acreditará se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma. Nestas probas selectivas estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización.

e) Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

f) Os requisitos especiais que se sinalen para cada praza nas normas específicas do correspondente anexo.

g) Para as prazas de promoción interna, tanto de funcionarios de carreira como de persoal laboral fixo desta deputación, os aspirantes deberán acreditar que son funcionarios en propiedade ou laborais

fixos, respectivamente, desta corporación, que posúen a titulación esixida ou os requisitos que a suplan, segundo as normas específicas de cada praza no anexo, e que teñen unha antigüidade, como mínimo, de 2 anos no grupo de procedencia, así como os demais requisitos que se sinalan, para cada grupo de prazas, nas referidas normas.

En todo caso, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria quedará obrigado a presta-los servicios na xornada de traballo única ou partida que acorde a deputación, así como os servicios ou cometidos similares ós das prazas que obteñan, sempre de acordo coas normas xerais que se adopten, sen discriminación, con carácter xeral ou para determinados cometidos e servicios.

Cuarta.-Presentación de solicitudes e admisión de aspirantes.

As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas dirixiránselle ó presidente e presentaranse no rexistro xeral da deputación, durante o prazo de vinte (20) días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas da deputación. Previamente publicaranse as bases íntegras no BOP e no DOG.

No mesmo prazo, e como anexos á solicitude, entregaranse os documentos ou xustificantes acreditativos dos requisitos especiais que se sinalan nas normas específicas para cada convocatoria.

Nas solicitudes farase constar expresamente que o aspirante reúne todas e cada unha das condicións esixidas, referidas á data de expiración do prazo de presentación.

Para as fases de concurso, os aspirantes presentarán coa solicitude relación circunstanciada dos méritos que aleguen para a devandita fase, unindo á referida relación os documentos acreditativos dos méritos alegados, en orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados en tódolos seus extremos, no momento de presentación da instancia, agás nos casos dos servicios prestados nesta deputación, que serán certificados por persoal desta, sempre que fosen alegados e cuantificados polos aspirantes nas solicitudes.

As solicitudes poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os dereitos de exame, na contía fixada para cada caso na base décimo cuarta, serán satisfeitos polos aspirantes ó presenta-la instancia. Non poderán ser devoltos máis que no caso de non ser admitidos a exame por falta dos requisitos esixidos para participar neste.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a presidencia aprobará, no prazo máximo dun mes, a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluí

dos, que será exposta, en todo caso, no taboleiro de anuncios da corporación, e polo que se refire ás prazas de funcionarios de carreira, será publicada ademais no BOP, concedéndose un prazo de dez días para os efectos de reclamacións e corrección de deficiencias, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública na mesma forma. Esta última data será determinante dos prazos para impugnacións ou recursos.

Quinta.-Tribunais cualificadores.

Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos serán designados a teor do R.D. 896/1991, para o cadro de persoal, e á lexislación xeral para o cadro laboral, e estarán compostos:

-Presidente: o da corporación ou membro da mesma en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Comunidade Autónoma, en probas selectivas do cadro de persoal.

-Un funcionario proposto pola xunta de persoal.

-O xefe do servicio correspondente ou funcionario en quen delegue.

-Unha persoa designada pola presidencia con adecuados coñecementos na materia.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Para as probas selectivas de funcionarios, tódolos vocais deben ser funcionarios de carreira, conforme o artigo 11 do R.D. 364/1995.

Cando na deputación non exista o persoal previsto nestas bases, a presidencia solicitará a súa designación a outras deputacións, corporacións ou entidades públicas galegas.

Nas probas selectivas do cadro laboral o representante da Comunidade Autónoma será substituído por un traballador do cadro laboral da deputación, ou funcionario dela, de igual ou superior categoría, proposto polo comité intercentros.

Os vocais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas. Respectarase o principio de especialidade, pero o tribunal non poderá estar formado maioritariamente por funcionarios da deputación pertencentes á mesma categoría e tipo de praza.

Non poderán formar parte do tribunal os funcionarios que realizasen tarefas de preparación de aspirantes a estas probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes, e será publicada no BOP, así como no taboleiro de anuncios

da corporación, cando se publique a relación provisional de admitidos.

Ningún tribunal se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, e en todo caso do presidente e secretario ou quen os substitúa.

O presidente dos tribunais poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas nas que así o considere necesario ou conveniente. Os ditos asesores colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas.

Os membros do tribunal deberán absterse cando concorran as circunstancias do artigo 28 da Lei 30/1992, sen prexuízo do dereito de recusación que poidan exerce-los aspirantes.

Sexta.-Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.

Quince días antes, como mínimo, do comezo dos exercicios, anunciarase no BOP e taboleiro de edictos da deputación o día, a hora e o lugar no que deberán ter lugar. Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de edictos da deputación e nos locais onde se celebrasen as probas anteriores.

Unha vez comezados os procesos selectivos, os sucesivos anuncios da celebración das restantes probas deberán facerse públicos nos locais onde se celebrase a proba anterior, con 12 horas polo menos de antelación do comezo deste, se se trata do mesmo exercicio, ou de 24 horas se se trata dun novo.

Desde a total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, a non ser que tódolos que teñan que realiza-la respectiva proba, acepten a reducción deste prazo.

Ata a iniciación do exercicio seguinte non poderán transcorrer máis de 45 días naturais.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, e sempre que non cause dificultades para a continuación das probas.

Para establece-la orde na que han de actuar naqueles exercicios que non se poidan celebrar conxuntamente, farase un sorteo único.

Sétima.-Valoración de méritos xerais.

Nos procedementos mediante concurso ou concurso oposición, o tribunal valorará os méritos que alegasen e xustificasen os aspirantes na solicitude e documentación anexa, na seguinte forma, agás cando se sinalen outros baremos nas normas específicas de cada praza:

a) Por cursos de galego:

-Iniciación: 0,25 puntos.

-Perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Curso básico de galego: 1 punto.

-Curso medio de galego: 1,5 puntos.

-Curso superior. Diploma de traductor de linguaxe administrativa galega: 2,5 puntos.

Só se puntuará o curso de maior titulación.

Só se lles concederá validez ós cursos ou titulacións expedidas ou homologadas polos organismos correspondentes da Xunta de Galicia.

b) Participación en cursos relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira:

-Por cada curso de 30 ou máis horas de duración: 1 punto.

-Por cada curso de máis de 20 horas e menos de 30 horas: 0,75 puntos.

-Por cada curso de máis de 10 horas e menos de 20 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso ata 10 horas de duración: 0,25 puntos.

A puntuación máxima deste apartado será de 3 puntos.

A asistencia ós cursos deberá acreditarse mediante orixinal ou copia debidamente autentificada do diploma ou certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas del.

c) Por cada mes de servicio remunerado prestado nesta corporación, en posto de traballo igual ou similar ó que se aspira, 0,20 puntos, con máximo de 5 puntos. Agás para administrativos de promoción interna sen título, xa que para estes se computarán os servicios na forma prevista nas normas específicas das prazas.

d) Por cada mes de servicio remunerado noutras corporacións ou administracións públicas, ou en empresas privadas, en postos de traballo iguais ou similares ó que se aspira, 0,05 puntos, con máximo de 2 puntos.

Os servicios deste último apartado d) non se computarán para as probas de promoción interna previstas nestas bases.

Os servicios previstos nas letras c) e d) anteriores computaranse ata a data de publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Oitava.-Desenvolvemento das probas e sistemas de cualificación dos exercicios.

Para a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirir, en calquera momento, ós concorrentes respectivos para que acrediten a súa identidade. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo, chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, excluiráselle dela, logo de audiencia do interesado. O tribunal cando exclúa

un aspirante comunicarallo o mesmo día á autoridade que convocase o proceso selectivo.

As probas selectivas serán as que se sinalen para cada convocatoria específica, e coas seguintes regras xerais, sen prexuízo do previsto nas referidas convocatorias específicas:

a) Exercicios de tipo test; estes referiranse ás materias propias de cada praza, segundo os programas ou cuestionarios anexos. Valoraranse con máximo de 10 puntos, quedando eliminados os que non obteñan 5 puntos. Os test cualificaranse de forma matemática asignándose puntuación positiva ós acertos e negativa ós erros, e non se computarán as deixadas en branco. As preguntas serán como mínimo as seguintes:

-Grupo A:100.

-Grupo C: 60.

-Grupo D: 40.

-Grupo E: 30.

Cando nos cuestionarios figuren temas de operacións aritméticas e cultura xeral, as preguntas que se formulen serán de resposta directa para os aspirantes, ampliándose o tempo concedido para o test, na forma que considere o tribunal.

b) Tódolos exercicios teóricos (orais ou escritos) serán obrigatorios e eliminatorios, valorados de 0 a 10 puntos cada un, sendo necesario obter 5 puntos para superalos.

c) Os exercicios prácticos, tamén obrigatorios e eliminatorios, consistirán na realización ou resolución de cantas cuestións ou casos prácticos sinale o tribunal, no tempo e forma que decida, e que se referirán ás tarefas ou coñecementos esixibles a cada posto de traballo. Valoración máxima de 20 puntos, quedando eliminados os que non acaden 10 puntos. Este sistema de valoración afectará só as probas prácticas de persoal de oficios, ou asimilados a este no cadro laboral, agás auxiliares de oficina por promoción interna. Nestas prazas de auxiliares de oficina por promoción interna e nas restantes diferentes das de persoal de oficios ou asimiladas, a valoración máxima será de 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para supera-lo exercicio, quedando eliminados os que non obteñan ese límite.

d) Nas probas selectivas mediante concurso oposición, agás administrativos de Admón. xeral por promoción interna e auxiliares de oficina, celebrarase unha entrevista que será obrigatoria pero non eliminatoria e realizaraa o tribunal con cada aspirante para poder aprecia-lo currículum, a adecuación deste ó posto de traballo, a súa idea ou desenvolvemento do cometido, motivacións, sentido de organización, e cantos datos considere o tribunal. Nos casos de promoción interna, cando proceda, terase en conta tamén o cometido e os postos desempeñados polos aspirantes, así como o nivel de for

mación. Na mesma entrevista, o tribunal poderá realiza-las preguntas que coide pertinentes en relación co cometido das prazas, e deberá facer preguntas ou manter unha conversación no idioma galego cos aspirantes para aprecia-lo nivel de coñecemento deste idioma, cando non se esixa unha proba específica nesta materia segundo as bases de cada praza. Esta entrevista valorarase de 0 a 3 puntos, en tódolos casos, e non é por si eliminatoria, pero computarase para a puntuación final.

e) Os exercicios voluntarios que figuren nas normas específicas de cada praza non serán eliminatorios, pero a puntuación compútase para o resultado final.

f) A fase de concurso, previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin se poderá ter en conta para supera-las probas da fase de oposición.

g) As puntuacións en cada exercicio obteranse calculando a media aritmética das outorgadas por cada membro do tribunal.

h) A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados estarán determinadas pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios da oposición, e na fase de concurso.

i) As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de anuncios e no lugar de celebración destes, o mesmo día no que se faga a cualificación.

Novena.-Publicación de resultados finais e presentación de documentos.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación final, con especificación desta, e elevaralle a devandita relación ó órgano correspondente para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento. Na proposta non se poderán declarar superado no proceso selectivo a un número de aspirantes superior ó de prazas que se vaian prover.

A resolución das probas selectivas e os correspondentes nomeamentos deberá efectualos o presidente da corporación de acordo coa proposta do tribunal, que terá carácter vinculante, sen que, en ningún caso, se poida aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior ó das prazas que se vaian prover.

Os aspirantes propostos presentarán na secretaría provincial, dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir da publicación do resultado final das probas no taboleiro de edictos e locais da última proba, os seguintes documentos:

1. Fotocopia (que se deberá presentar co orixinal para compulsar) do seu DNI.

2. Copia autentificada ou fotocopia (que deberá presentar co seu orixinal para compulsar) do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición deste. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data de terminación

do prazo de presentación de solicitudes, deberá xustificarse a data na que se remataron os correspondentes estudios.

3. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o normal exercicio das funcións correspondentes á praza á que optou. No suposto de minusválidos, observarase tamén o que establece o apartado d) da base terceira desta convocatoria.

4. Declaración xurada de non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

5. Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

6. Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

7. Certificado negativo do Rexistro Central de Penados e Rebeldes, expedido na data de terminación das probas selectivas.

Para o suposto de que tivese a condición de funcionario público, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentarse certificación do organismo do que dependa, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servicios.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior, os aspirantes propostos non presentasen a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados para as prazas, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade na solicitude para tomar parte no proceso selectivo.

Os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento, quedando na situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

Para o persoal laboral procederase á formalización dos correspondentes contratos, dispoñendo o outorgamento destes e a incorporación dos seleccionados. En cada un dos contratos especificarase o período de proba a que se somete o contratado, que se axustará ó establecido no Estatuto dos traballadores como máximo esixible, transcorrido o cal o persoal que o supere terá a consideración individual de persoal laboral fixo.

Mentres non se inicie a prestación dos servicios, os aspirantes non terán dereito a ningunha percepción económica.

Décimo primeira.-Variación do númro de prazas.

As prazas que non se cubran en promoción interna incrementarán as libres da mesma natureza, nos casos nos que existan estas probas, polo que, tendo en conta o resultado da promoción interna, o número de prazas para cubrir nas probas libres poderá ser ampliado pola presidencia en resolución motivada antes da resolución das respectivas probas selectivas.

Se quedan vacantes de auxiliares de Admón. xeral na sección II (traducción de galego), incrementarán as prazas para cubrir na sección I (aux. de Admón. xeral).

Décimo segunda.

O tribunal quedará autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde das probas en todo o non previsto nestas bases.

Décimo terceira.-Prazas que se convocan. Sistema de selección e títulos esixidos.

A) Cadro de persoal:

-Catro (4) de técnico de Admón. xeral, grupo A. Oposición libre. Licenciado en dereito, ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario.

-Oito(8) prazas de administrativo de Admón. xeral, grupo C. Para a súa provisión na seguinte forma:

a) Unha (1) por oposición libre. Bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

b) Sete (7) mediante concurso oposición para promoción interna. Delas destínanse 3 para aux. de Admón. xeral e funcionarios dos corpos ou escalas do grupo D da área de actividade ou funcional correspondente e cometidos similares que realicen, con título esixido para o grupo C. E as 4 restantes para promoción interna de aux. de Admón. xeral con 10 anos de servicio como mínimo, e que carezan do título esixido para o grupo C. Todo isto conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994, do 30 de decembro e artigo 73 e concordantes do R.D. 364/1995.

-Cinco (5) prazas de auxiliar Admón. xeral, grupo D. Oposición, 4 libres e 1 promoción interna para funcionarios de grupo E con título esixido. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Sección I.

-Cinco (5) prazas de auxiliar de Admón. xeral e traducción de galego, grupo D, oposición libre. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Sección II.

-Unha (1) praza encargado capataz camiños, grupo D, persoal de oficios, oficial, Admón. especial. Concurso-oposición, por promoción interna para funcionarios do grupo E con título esixido. Gra

duado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

B) Cadro laboral:

-Unha (1) praza oficial relacións públicas, asimilada ó grupo C técnico auxiliar de Admón. especial. Concurso-oposición libre. Bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

-Unha (1) praza de operario pazo provincial, asimilada ó grupo E, Admón. especial, persoal de oficios, operario. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade ou equivalente.

-Cinco (5) prazas especialista maquinaria, asimiladas ó grupo D, Admón. especial, persoal de oficios, oficial. Concurso-oposición, delas 3 para promoción interna e 2 libres. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Permiso de circulación clase D. A promoción interna e para persoal laboral fixo asimilado ó grupo E, con título esixido.

-Unha (1) praza de chapista, asimilada ó grupo D, Admón. especial, persoal de oficios, oficial. Concurso-oposición libre. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente. Permiso de circulación clase D.

-Unha (1) praza de mecánico, asimilada ó grupo D, Admón. especial, persoal de oficios, oficial. Concurso-oposición libre. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

-Once (11) prazas legoeiros, asimiladas ó grupo E, Admón. especial, persoal de oficios, operario. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade ou equivalente.

-Unha (1) praza xefe internado, asimilada ó grupo D, Admón. especial, persoal de oficios, oficial. Concurso-oposición libre. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

-Catro (4) prazas peón agrícola, asimiladas ó grupo E, Admón. especial, persoal de oficios, operario. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade ou equivalente.

-Unha (1) praza técnico política cultural, información e publicacións, asimilada ó grupo A, admón especial, técnico superior. Concurso-oposición libre. Licenciado en Xeografía e Historia. Rama Historia da Arte. Especialidade Arte Moderna e Contemporánea.

-Dúas (2) prazas oficiais Pazo dos Deportes, asimiladas ó grupo D, Admón. especial, persoal de oficios, oficial. Concurso-oposición libre. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

-Unha (1) praza operario Pazo dos Deportes, asimilada ó grupo E, Admón. especial, persoal de oficios, operario. Concurso-oposición libre. Certificado de escolaridade ou equivalente.

-Unha (1) praza de técnico gabinete de galego, asimilada ó grupo A, Admón. especial, técnico superior. Concurso-oposición libre. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa.

-Tres (3) prazas de aux. de oficina, asimiladas ó grupo D, Admón. especial, persoal de oficios, oficial. Concurso-oposición por promoción interna para persoal laboral fixo asimilado ó grupo E con título esixido. Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

Décimo cuarta.-Dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

-Para as prazas do grupo A: 3.000 ptas.

-Para as prazas do grupo C: 1.000 ptas.

-Para as prazas do grupo D: 750 ptas.

-Para as prazas do grupo E: 500 ptas.

Décimo quinta.-Normas específicas para cada praza. Exercicios. Cuestionarios.

I) Catro (4) prazas técnicos de Admón. xeral. Oposición libre.

Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: unha hora e media.

2º) Práctico.-Escrito: informe e proposta de resolución sobre dous supostos propios do cometido determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Tempo de desenvolvemento: dúas horas e media. Pódese utilizar lexislación, sen comentarios, xurisprudencia ou doutrina científica. Valorarase a profundidade de coñecementos xurídicos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A valoración será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non obteñan 5 puntos.

3º) Teórico.-Oral: contestar a un tema de cada unha das partes do cuestionario, elixidos polo aspirante de entre dous extraídos ó chou, en cada parte. Tempo: trinta minutos. Valorarase a claridade de exposición e os coñecementos sobre a materia.

4º) Escrito: traducción ó galego dun texto castelán. Tempo: trinta minutos. Valorarase a exactitude e adecuación á normativa lingüística. Este exercicio puntuarase de 0 a 6 puntos, sendo obrigatorio e non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

Cuestionarios.

-Parte I: Dereito constitucional, organización do Estado, Dereito administrativo e outros.

Tema 1.-O concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. Liñas fundamentais do constitucionalismo español. Os principios constitucionais. O Estado español como estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional.

Tema 2.-Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

Tema 3.-O modelo económico da Constitución española. Principios informadores e obxectivos específicos.

Tema 4.-A Coroa. Atribucións segundo a Constitución española.

Tema 5.-As Cortes Xerais. Congreso dos Deputados e Senado. Composición e funcións. Aspectos básicos do procedemento de elaboración e aprobación de leis. A función parlamentaria de control do Goberno en España: distintas modalidades. Órganos dependentes das Cortes Xerais: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo.

Tema 6.-O Tribunal Constitucional. Organización. Orzamentos materiais e procedementos dos recursos ante o tribunal. A regulación constitucional da xustiza. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de xustiza. O Ministerio Fiscal.

Tema 7.-O Goberno. O presidente do Goberno. Funcións, réxime e potestades no sistema constitucional español. Composición do Goberno. Administración e constitución: principios constitucionais informadores.

Tema 8.-A administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais: regulación e situación actual. Órganos consultivos da administración do Estado: o Consello de Estado e outros órganos consultivos.

Tema 9.-As fontes do dereito administrativo. A primacía das fontes escritas no dereito administrativo. O valor do costume e dos principios xerais.

Tema 10.-A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos.

Tema 11.-O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

Tema 12.-A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da relación xurídico-administrativa: as administracións públicas. O administrado. Situacións xurídicas dos administrados.

Tema 13.-O principio de legalidade na Administración. Atribucións de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. Relacións entre administración e xustiza. O poder de autotutela da administración.

Tema 14.-O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma.

Tema 15.-A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

Tema 16.-O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

Tema 17.-Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

Tema 18.-Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso ordinario e de revisión.

Tema 19.-A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo: partes, actos impugnables, procedemento. Recursos contra sentencias. Execución de sentencias.

Tema 20.-A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Contido. O procedemento expropiatorio en xeral. Garantías xurisdiccionais.

Tema 21.-A responsabilidade patrimonial da administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

Tema 22.-A actividade administrativa: a clasificación tradicional das formas de acción administrativa. O fomento: manifestacións máis importantes da acción administrativa de fomento.

Tema 23.-A actividade administrativa de policía no estado de dereito. Os poderes de policía nas distintas administracións públicas. Manifestacións máis importantes da acción de policía.

Tema 24.-A potestade sancionadora da administración. Procedemento sancionador. Principios xerais. Sancións administrativas.

Tema 25.-Selección dos funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario. Formación e perfeccionamento. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Plans de emprego. Situacións administrativas.

Tema 26.-Os dereitos dos funcionarios públicos. Os dereitos de sindicación e folga. A Seguridade Social. Deberes. Réxime de incompatibilidades. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

Tema 27.-A distribución territorial do poder do Estado: análise histórica e evolución. Os diversos modelos existentes. O estado das autonomías. Pre

cedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución.

Tema 28.-A autonomía galega: orixe e evolución. O estatuto de autonomía en Galicia: estructura e contido.

Tema 29.-Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a administración pública como garantía deles. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais.

Tema 30.-Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

Tema 31.-As comunidades europeas: orixe e evolución. Organización e competencias.

Tema 32.-Lexislación aplicable en materia de facendas locais. Competencias das entidades locais en materia tributaria. A Lei de facendas locais. Dereito transitorio. A coordinación das facendas estatal, autonómica e local.

Tema 33.-Imposición e ordenación dos tributos locais. As ordenanzas fiscais: concepto e procedemento de elaboración. Reclamacións en materia tributaria.

Tema 34.-Ingresos locais non impositivos. Ingresos de dereito privado. Subvencións e outros ingresos de dereito público. As tarifas dos servicios públicos. Taxas e contribucións especiais. Prezos públicos. Taxas e prezos públicos na facenda provincial.

Tema 35.-Os impostos locais. O imposto sobre bens inmobles. O imposto sobre activades económicas. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Tema 36.-O crédito local. Operacións de crédito. O Banco de Crédito Local de España. Operacións de crédito coa banca oficial, privada e caixas de aforro. Outras fontes de financiamento extraordinario.

Tema 37.-Orzamentos das entidades locais: principios, integración e documentos de que constan. Proceso de aprobación de orzamento local. Execución e liquidación do orzamento.

Tema 38.-Principios xerais de execución do orzamento. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Transferencias de crédito. Liquidación do orzamento.

Tema 39.-Autorización de gastos e ordenación de pagamentos. Programas de investimentos. Réxime orzamentario das empresas dependentes dos entes locais.

Tema 40.-Control e intervención das entidades locais. Contas. Suxeición ó réxime de contabilidade pública. Peche do exercicio económico. Censura de contas. A xestión recadatoria das corporacións locais.

Tema 41.-O dereito do traballo: especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. Os convenios colectivos. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

Tema 42.-Modalidades do contrato de traballo. O traballo directivo. Contratos formativos: contrato de traballo en prácticas e contrato de traballo de aprendizaxe. Contrato de traballo a tempo parcial e de relevo.

Tema 43.-Contratos para realización de obra ou servicio determinado, para atender circunstancias de mercado ou acumulación de tarefas, para substituír a traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, e por lanzamento de nova actividade.

Tema 44.-Condicións de traballo: xornadas, descanso e réxime retributivo. Réxime de representación de persoal.

Tema 45.-Suspensión e extinción do contrato de traballo. Réxime disciplinario laboral. Xurisdicción social e administración laboral.

Tema 46.-A Seguridade Social. Réxime xeral. Afiliación e cotización. Acción protectora: continxencias e prestacións.

Tema 47.-Delictos contra a Administración pública.

Tema 48.-Réxime do solo e ordenación urbana. Principios xerais. Réxime urbanístico da propiedade do solo.

Tema 49.-Valoracións urbanísticas. Planeamento do territorio. Elaboración e aprobación dos plans.

Tema 50.-A execución do planeamento. Sistemas. Actuacións asistemáticas.

Tema 51.-Expropiación e réxime de venda forzosa. Supostos de indemnización.

Tema 52.-Intervención administrativa na edificación e uso do solo. Especial estudio das licencias. Réxime xurídico na Lei do solo.

-Parte II: dereito local.

Tema 53.-A Administración local na Constitución de 1978. O principio de autonomía: o seu significado e alcance. Garantía institucional da autonomía local. A doutrina do Tribunal Constitucional.

Tema 54.-Fontes do ordenamento local. Lexislación estatal sobre réxime local: o seu fundamento constitucional e natureza. Lexislación autonómica sobre réxime local: as súas relacións coa estatal. Problemática da aplicación ás entidades locais das leis estatais e autonómicas de carácter sectorial.

Tema 55.-A potestade regulamentaria das entidades locais. Órganos titulares. Regulamento orgánico e ordenanzas: distinción, procedemento de elaboración e aprobación. A publicación das normas locais.

Tema 56.-Límites da potestade regulamentaria local. Impugnación ante os tribunais. Os bandos: natureza, publicación, límites e impugnación.

Tema 57.-A organización das entidades locais. Principios de uniformidade e variedade. Denominación e capitalidade. Uso de bandeiras, escudos e emblemas.

Tema 58.-As eleccións locais. Os partidos políticos na representación local. O distrito electoral. Electores e elixibles. A administración e o procedemento electoral. Proclamación de membros electos das corporacións locais. Réxime de recursos. Perda da condición de membro da corporación. Destitución de presidentes de corporacións locais.

Tema 59.-O municipio. Concepto. O territorio municipal. Creación e supresión de municipios. Alteración de termos municipais. Organización territorial de municipios: desconcentración e descentralización, distritos e barrios. Entidades inframunicipais.

Tema 60.-A poboación municipal: clasificación. O empadroamento. Dereitos dos veciños. A participación veciñal na administración local. Dereitos dos estranxeiros.

Tema 61.-A organización municipal: principios fundamentais. Os órganos básicos: alcalde, tenentes de alcalde, pleno e comisión de goberno. Os órganos complementarios. O estatuto dos membros das entidades locais.

Tema 62.-O alcalde: evolución histórica. Competencias. Os tenentes de alcalde. Outros órganos unipersoais na xestión desconcentrada do municipio: a súa relación co alcalde. Réxime xurídico da actividade do alcalde, recursos e responsabilidade.

Tema 63.-O concello pleno: composición e competencias. A comisión de goberno: composición, nomeamento e competencias. As comisións informativas. As xuntas de distritos e outros órganos de xestión desconcentrados.

Tema 64.-Os réximes municipais especiais. O réxime de concello aberto. Os réximes de creación autonómica. Os municipios con estatuto xurídico especial. As entidades locais territoriais de ámbito inferior ó municipal. As comarcas no dereito español: réximes autonómicos. As entidades asociativas con referencia especial ás mancomunidades e comunidades de vila e terra. As áreas metropolitanas: réxime actual.

Tema 65.-O proceso histórico de formación da provincia como entidade local. A persistencia da súa dobre condición de entidade local e circunscrición para a prestación de servicios estatais. O

papel da provincia na configuración do estado das autonomías.

Tema 66.-Órganos de goberno e administración da provincia: órganos básicos e complementarios. O pleno: composición e elección. O presidente, os vicepresidentes e a comisión de goberno. Atribucións dos distintos órganos de goberno.

Tema 67.-Autonomía local e competencia. A evolución dos sistemas de determinación das competencias locais: capacidade e competencia; cláusula xeral e obrigas mínimas. A autonomía como participación: técnicas de atribución de competencias locais.

Tema 68.-As competencias de municipios e provincias. A coordinación. As competencias delegadas: réxime da delegación. A xestión ordinaria provincial de competencias autonómicas.

Tema 69.-Réxime de sesións e acordos das corporacións locais. Normas reguladoras. As sesións. As súas clases, requisitos e procedementos de constitución e celebración.

Tema 70.-Os acordos das corporacións locais: clases e formas de acordos. Sistemas de votación e cómputo de maiorías. Informes do secretario e do interventor. Actas e certificacións. As resolucións do presidente da corporación.

Tema 71.-Especialidades de publicación e notificación dos actos e acordos na Administración local. Peculiaridades do procedemento local; en especial, o uso do castelán e outras linguas oficiais.

Tema 72.-As relacións entre a Administración local e as outras administracións públicas. Principios xerais. Fórmulas de cooperación, colaboración e coordinación. Técnicas de control. A disolución das entidades locais.

Tema 73.-Réxime da impugnación e suspensión dos actos e acordos locais no caso de conflicto coa administración do Estado e a das comunidades autónomas. A impugnación polas corporacións locais das disposicións e actos doutras administracións públicas que lesionen a súa autonomía.

Tema 74.-A contratación local. A Lei 13/1995. Réxime xeral. Requisitos para contratar coa Administración.

Tema 75.-A contratación local: actuacións relativas á contratación. Revisión de prezos. Extinción dos contratos. Cesión e subcontratación.

Tema 76.-Contratación local: réxime do contrato de obras. Réxime do contrato de xestión de servicios públicos.

Tema 77.-Contratación local: réxime do contrato de subministración. Contratos de consultoría e asistencia, de servicios e de traballos específicos e contratos non habituais. Contido das disposicións adicionais, transitorias e final da Lei 13/1995.

Tema 78.-Clases de bens locais. Os bens de dominio público. Peculiaridades do seu réxime xurídico no ámbito local. Medios de protección do dominio público local. Problemática dos bens comunais. Os montes veciñais en man común.

Tema 79.-Bens patrimoniais das entidades locais. Adquisición e alleamento dos bens propios. Administración, uso e aproveitamento dos bens patrimoniais.

Tema 80.-Obras municipais e provinciais. Regulación actual. Clasificación das obras. Execución do proxecto. A responsabilidade derivada das obras.

Tema 81.-Intervención dos entes locais na actividade privada; principios e límites. Medios de intervención. Réxime xurídico das licencias.

Tema 82.-O servicio público na esfera local. Municipalización e provincialización dos servicios locais. Significado e valoración histórica. Orzamentos, requisitos e procedementos para a municipalización e provincialización.

Tema 83.-Modos de xestión dos servicios públicos locais. A xestión directa e a xestión indirecta.

Tema 84.-Fórmulas de cooperación en la prestación de servicios. En especial os consorcios. A acción de fomento na esfera local.

Tema 85.-A función pública local: clases de funcionarios. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional: categorías e atribucións. Selección e formación: dependencia orgánica e funcional. Peculiaridades do seu réxime xurídico.

Tema 86.-Os funcionarios propios das corporacións locais. Peculiaridades do seu réxime xurídico. Liberdades políticas e sindicais na función pública local. Persoal non funcionario das corporacións locais: clases e réxime xurídico.

Tema 87.-A responsabilidade administrativa dos funcionarios locais. Réxime disciplinario. Responsabilidade civil e penal das autoridades e funcionarios locais.

Tema 88.-Estradas. Réxime xurídico. Réxime das travesías. As autoestradas.

Tema 89.-Competencias das entidades locais na subministración de auga potable, saneamento, recollida e tratamento de residuos sólidos, vertido e contaminación de auga. A defensa do medio ambiente.

Tema 90.-Competencias provinciais en vías de comunicación e servicios de asistencia e asesoramento ós concellos. Outras competencias.

Tema 91.-Fórmulas específicas de cooperación das administracións do Estado e das comunidades autónomas á xestión dos servicios das entidades locais. Asistencia e cooperación das deputacións provinciais nos municipios, en especial en materia de obras e servicios.

Tema 92.-Os plans provinciais. Lexislación reguladora. Concepto e clases. Elaboración, tramitación, aprobación e execución.

II) Oito (8) prazas de administrativos de Admón xeral.

A) Unha (1) praza oposición libre.

Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: unha hora.

2º) Práctico.-Escrito: informe e proposta de resolución sobre dous supostos propios do cometido, determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Tempo de desenvolvemento: dúas horas. Pódese utilizar lexislación, sen comentarios nin xurisprudencia ou doutrina científica. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A puntuación será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden 5 puntos.

3º) Teórico.-Oral: contestar a dous temas extraídos ó chou, un de cada parte do cuestionario. Tempo: vintecinco minutos. Valorarase a claridade de exposición e os coñecementos sobre a materia.

4º) Escrito: traducción ó galego dun texto castelán. Tempo: trinta minutos. Valorarase a exactitude e adecuación á normativa lingüística. Este exercicio puntuarase de 0 a 6 puntos, sendo obrigatorio e non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

B) Sete (7) prazas de promoción interna. Concurso oposición:

B.1. Tres (3) prazas para auxiliares de Admón. xeral e funcionarios de corpos ou escalas do grupo D, desta corporación, da área de actividades ou funcional correspondente e cometidos similares que realicen, con título esixido para o grupo C:

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: unha hora.

2º) Práctico.-Escrito: informe e proposta de resolución sobre dous supostos propios do cometido, determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Tempo de desenvolvemento: dúas horas. Pódese utilizar lexislación, sen comentarios nin xurisprudencia ou doutrina científica. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A puntuación será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden 5 puntos.

3º) Escrito: traducción ó galego dun texto castelán. Tempo: trinta minutos. Valorarase a exactitude e adecuación á normativa lingüística. Este

exercicio puntuarase de 0 a 6 puntos, sendo obrigatorio e non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

B.2. Catro (4) prazas para promoción interna de auxiliares de Admón. xeral con 10 anos de servicios como mínimo nesta corporación, e que carezan do título esixido para o grupo C:

Fase de concurso:

-Por cada ano de servicios nesta corporación, 0,50 puntos, cun máximo de 10 puntos.

-Os méritos que correspondan segundo as letras a) e b) da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: unha hora.

2º) Práctico.-Escrito: informe e proposta de resolución sobre un suposto propio do cometido, determinado polo tribunal inmediatamente antes da proba. Tempo de desenvolvemento: unha hora. Pódese utilizar lexislación, sen comentarios nin xurisprudencia ou doutrina científica. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A puntuación será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden 5 puntos.

3º) Escrito: traducción ó galego dun texto castelán. Tempo: trinta minutos. Valorarase a exactitude e adecuación á normativa lingüística. Este exercicio puntuarase de 0 a 6 puntos, sendo obrigatorio e non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

Cuestionario:

-Parte I:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 3.-A organización territorial do Estado na Constitución.

Tema 4.-A Coroa. Funcións constitucionais de El Rei. Sucesión e rexencia.

Tema 5.-As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento.

Tema 6.-O poder xudicial na Constitución. A organización xudicial española.

Tema 7.-A Administración central do Estado. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. A Administración periférica do Estado.

Tema 8.-As comunidades autónomas. Constitución e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 9.-A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. A Administración autonómica: organización e estructura básica.

Tema 10.-As fontes de dereito administrativo. Sometemento da administración á lei e dereito. A lei: clases.

Tema 11.-O regulamento: clases. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 12.-O procedemento administrativo. Principios xerais. Dimensión temporal: días e horas hábiles, cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 13.-Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo. Os actos presuntos.

Tema 14.-O acto administrativo. Concepto, clases e elementos.

Tema 15.-A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 16.-Os recursos administrativos. Clases. Recursos ordinarios e de revisión. As reclamacións económico-administrativas.

Tema 17.-O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. O principio de audiencia ó interesado.

Tema 18.-As formas de actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 19.-A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

-Parte II:

Tema 20.-O réxime local español. Principios constitucionais e regulación actual. A autonomía local.

Tema 21.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 22.-O municipio. O termo municipal. Empadroamento municipal.

Tema 23.-A organización municipal. O concello: o alcalde, o pleno, a comisión de goberno e comisións informativas. Competencias.

Tema 24.-A organización provincial. O presidente. O pleno. A comisión de goberno. As comisións informativas. Competencias.

Tema 25.-Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de concellos. A comarca.

Tema 26.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesións e acordos.

Tema 27.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedementos de elaboración e aprobación. Os bandos.

Tema 28.-O procedemento administrativo na esfera local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 29.-As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Réxime xurídico das licencias.

Tema 30.-Os bens das entidades locais. Regulación. Concepto e clasificación. O dominio público local.

Tema 31.-O patrimonio das entidades locais. Conservación e tutela dos bens.

Tema 32.-O servicios públicos. Os modos de xestión.

Tema 33.-A contratación administrativa na esfera local.

Tema 34.-A función pública local. Cadros de persoal e relación de postos de traballo. A oferta de emprego público. A selección dos funcionarios da corporación.

Tema 35.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime económico. A seguridade social dos funcionarios locais. Referencia ó persoal laboral.

Tema 36.-A facenda local. Ordenanzas fiscais. Clasificación de ingresos.

Tema 37.-Os orzamentos locais. Conceptos e estructura. Formación e aprobación. As modificacións orzamentarias.

Tema 38.-Réxime xurídico do gasto público local. Ordenación de gastos e orde de pagamentos, órganos competentes. Documentos contables.

Tema 39.-Control e fiscalización da xestión económica. Control interno e control externo. A conta xeral: estados e anexos que a forman. Aprobación.

Tema 40.-O planeamento urbanístico. Clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 41.-Intervención na edificación e uso do solo. A licencia urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas.

III) Prazas de auxiliares de Admón xeral. Oposición libre.

Sección I): cinco (5) prazas: delas catro libres e unha para promoción interna entre funcionarios do grupo E, con título esixido para o grupo D.

Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta e cinco minutos.

2º) Escrito.-Práctico: copia a máquina, durante 10 minutos, dun texto que facilitará o tribunal a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto en máquina normal ou de 300 pulsacións por minuto en máquina eléctrica. As máquinas traeranas os interesados. Valorarase a velocidade desenvolvida, limpeza, corrección e presentación do escrito.

3º) Práctico.-Escrito: elaboración de documentos, comunicacións, notificacións, certificacións ou outros, que sinale o tribunal, no tempo dunha hora. Valorarase o contido, coñecementos da materia e presentación. A valoración será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden 5 puntos.

4º) Teórico.-Escrito: traducción ó galego dun texto castelán facilitado polo tribunal. Tempo: trinta minutos. Valorarase a exactitude e adecuación á normativa lingüística. Este exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo obrigatorio e non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

5º) Voluntario.-Práctico: elaboración dun escrito en tratamento de textos, no material informático da deputación. Tempo: o que sinale o tribunal. Cualificarase a velocidade, exactitude e presentación. Valoración de 0 a 6 puntos, non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

Sección II): cinco (5) prazas de aux. de Admón xeral, traducción galego: oposición libre. Se quedan vacantes nesta sección incrementaranse as prazas na sección anterior.

Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta e cinco minutos.

2º) Proba de taquigrafía. Consistirá na toma taquigráfica dun dictado, a unha velocidade de 60 a 80 palabras por minutos, durante cinco minutos, e traducción á man en tempo máximo de trinta minutos.

3º) Práctico.-Escrito:

Primeira parte: transcripción en galego dun texto castelán en máquina eléctrica.

Segunda parte: transcripción en galego dun texto castelán en tratamento de textos, utilizando o material informático da deputación.

O tempo sinalarao o tribunal e valorarase a limpeza, exactitude, presentación, composición e tempo empregado. A valoración será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acaden 5 puntos.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3.-A Coroa. O poder lexislativo: as Cortes Xerais, a súa composición, atribucións e funcionamento

Tema 4.-O poder executivo: O Goberno e administración do Estado.

Tema 5.-O poder xudicial.

Tema 6.-A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 7.-O acceso de Galicia á autonomía: estatuto. Institucións autonómicas galegas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 8.-Lexislación sobre o uso da lingua galega.

Tema 9.-O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Procedemento administrativo: o seu significado.

Tema 10.-Fases do procedemento administrativo xeral; iniciación, ordenación, instrucción, terminación e execución.

Tema 11.-O administrado: concepto e clases. A capacidade do administrado e as súas causas modificativas. Actos xurídicos do administrado. Peticións e solicitudes. Colaboración e participación dos cidadáns na administración.

Tema 12.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias. O presidente da deputación provincial. Os vicepresidentes. O Pleno da deputación. A comisión de goberno. Comisións informativas. Eleccións provinciais.

Tema 13.-O municipio: o termo municipal. A poboación. O empadroamento. Organización municipal. Competencias. O alcalde: elección, deberes e atribucións. O Pleno do concello. A comisión de goberno.

Tema 14.-Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais de ámbito territorial interior ó do municipio.

Tema 15.-Os regulamentos e ordenanzas locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 16.-Os órganos colexiados locais: réxime de funcionamento. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos que adopten.

Tema 17.-O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 18.-Os bens das entidades locais. O dominio público. Os bens patrimoniais.

Tema 19.-Os contratos administrativos. Concepto, regulación e réxime xurídico. Procedementos e formas de contratación.

Tema 20.-A intervención administrativa local na actividade privada: concepto, principios e límites. medios de intervención. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 21.-A función pública local: organización. Dereitos e deberes dos funcionarios locais: sindicación, incompatibilidades. Réxime disciplinario. A Seguridade Social dos funcionarios da Administración local.

Tema 22.-Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 23.-Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 24.-O orzamento xeral municipal: definición, estructura a caracteres.

Tema 25.-As modificacións orzamentarias: réxime xurídico e clases. A súa incidencia na contabilidade municipal.

IV) Unha praza encargado capataz camiños. Concurso oposición promoción interna, para funcionarios desta corporación, do grupo E, con título esixido para o grupo D.

Fase de concurso: ss normas xerais da base sétima.

Fase de oposición.-Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 4.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Acordos e actas.

Tema 5.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da deputación de Ourense.

Tema 7.-Membros que compoñen as brigadas de conservación de vías e obras e funcións deles.

Tema 8.-Ferramentas e maquinaria máis utilizados nos diferentes tipos de traballos: descrición e tipos de traballos para os que serven.

Tema 9.-A organización funcional da brigada.

Tema 10.-Materiais utilizados na conservación e construcción de estradas, tipos.

Tema 11.-Dotacións de materiais necesarios nos diferentes traballos de conservación: regos superficiais, de selado e arranxo de fochas.

Tema 12.-Defectos máis frecuentes nas obras de tratamentos superficiais nas estradas e formas de reparalos e prevelos.

Tema 13.-Rendementos da maquinaria e das brigadas de persoal nos diferentes tipos de traballos.

Tema 14.-Composición do formigón e masa e coidados na forma de utilizalo.

Tema 15.-Construcción de bueiros e de pequenas obras de paso de augas.

Tema 16.-Cimentación de muros e de obras de fábrica: formas de executalas, materiais que hai que empregar.

Tema 17.-Dimensións de muros en función da altura e do tipo de terreo: largos e noiros.

Tema 18.-Formigón armado: tipos de formigón e de aceiro. Forma de executalo.

Tema 19.-Normas de seguridade e hixiene no traballo.

Tema 20.-Normas de tráfico de máis aplicación nos traballos nas estradas.

Tema 21.-Policía de estradas: normas de construcción de edificacións e cerramentos nas beiras das estradas. Control e tramitación administrativa.

Tema 22.-Operacións con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas sobre cultura xeral.

V) Unha praza oficial relacións públicas. Concurso-oposición libre:

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: exercicio tipo test sobre as materias da parte I (temas 1 ó 11) do cuestionario, en tempo dunha hora.

2º) Teórico.-Escrito: desenvolvemento de dous temas sinalados polo tribunal, da parte II (temas 12 ó 42) do cuestionario en tempo de tres horas. Valorarase a claridade e rigor na exposición e a profundidade dos coñecementos.

3º) Práctico.-Escrito: desenvolvemento de dous supostos no tempo e forma que sinale o tribunal. A valoración será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non obteñan 5 puntos.

4º) Entrevista: conforme á cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

-Parte I (temas 1 ó 11):

Tema 1.-A Corporación Provincial de Ourense. Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 2.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da deputación de Ourense.

Tema 3.-A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. Garantía e suspensión. O Tribunal constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 4.-A Coroa. Funcións constitucionais de El Rei. As Cortes Xerais: Composición, atribucións e funcionamento.

Tema 5.-O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. A organización xudicial española.

Tema 6.-O Goberno e a Administración. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

Tema 7.-A organización territorial do Estado na Constitución. Comunidades autónomas. A administración local: principios constitucionais.

Tema 8.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 9.-O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 10.-Organización municipal. Competencias.

Tema 11.-Réxime xeral das eleccións locais.

-Parte II (temas 12 ó 42):

Tema 12.-Tratamentos honoríficos.

Tema 13.-Banquetes. Desenvolvemento e estructuras.

Tema 14.-Precedencias.

Tema 15.-Homenaxes.

Tema 16.-Recepción na Casa Real.

Tema 17.-Tomas de posesión.

Tema 18.-Honores militares.

Tema 19.-Conferencias de prensa. Imaxe e marketing.

Tema 20.-Procesións.

Tema 21.-Funerais.

Tema 22.-Vodas civís. Vodas en corporacións locais. Protocolo en ceremonias relixiosas.

Tema 23.-Preparación dun desfile militar na túa cidade.

Tema 24.-Inauguración de túneles e pontes.

Tema 25.-Colocación de primeira pedra.

Tema 26.-Descubrimento dunha placa.

Tema 27.-Chegada dunha alta personalidade á nosa poboación.

Tema 28.-Audiencias particulares coa S.M. El Rei de España.

Tema 29.-Deseño e principios da caravana de vehículos.

Tema 30.-O discurso. Os seus tipos e regras.

Tema 31.-Congresos. Desenvolvemento do acto.

Tema 32.-Etiqueta.

Tema 33.-Recepcións - cócteles.

Tema 34.-Botadura dun barco.

Tema 35.-A bandeira. O seu uso e regulación.

Tema 36.-Presentación de cartas credenciais en España.

Tema 37.-Entrega dun premio.

Tema 38.-A arte de agasallar na política e nos negocios.

Tema 39.-Imaxe e medios audiovisuais. Regras de ouro e técnicas dunha campaña electoral.

Tema 40.-Principais normas de urbanidade e bos modais.

Tema 41.-Protocolo. Usos e costumes.

Tema 42.-Presentacións e saúdos.

VI) Unha praza operario pazo provincial (secretaría). Concurso oposición libre:

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición.-Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: trinta e cinco minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal, conforme o cuestionario que se achega.

3º) Exercicio voluntario. copia en máquina eléctrica ou en tratamento de textos dun escrito facilitado polo tribunal, no tempo e forma que sinale. Valorarase de 0 a 5 puntos, non sendo eliminatorio pero computará na puntuación final.

4º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Corporación Provincial de Ourense. Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 2.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 3.-Organización e funcionamento dos servicios asistencias e agropecuarios da Deputación de Ourense.

Tema 4.-Organización e funcionamento dos servicios culturais e deportivos da Deputación de Ourense.

Tema 5.-Organización e funcionamento dos servicios de vías e obras.

Tema 6.-Organización administrativa estatal na provincia de Ourense.

Tema 7.-Organización administrativa da Comunidade Autónoma na provincia de Ourense.

Tema 8.-Organismos autónomos dependentes da Deputación Provincial.

Tema 9.-A Constitución española de 1978: estructura e detalle do seu contido.

Tema 10.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 11.-Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 12.-Operacións aritméticas con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral.

VII) Cinco prazas de especialista de maquinaria. Concurso oposición. Delas tres para promoción interna de persoal fixo do cadro laboral, asiminadas ó grupo E, con título esixido para o grupo D, e dúas libres:

Fase de concurso: as normas xerais da cláusula sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, no tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 4.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Acordos e actas.

Tema 5.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 7.-Código de circulación: normas e medidas de precaución de aplicación na conducción de máquinas de obras públicas e camións.

Tema 8.-Principios xerais de mantemento e conservación de maquinaria.

Tema 9.-Labores periódicos de conservación da maquinaria.

Tema 10.-O traballo das máquinas na conservación das estradas provinciais: descrición del para cada tipo de máquina. Forma de obte-lo rendemento óptimo en cada unha delas.

Tema 11.-Normas de seguridade e hixiene de aplicación no traballo en vías públicas e en brigadas de conservación.

Tema 12.-Pequenas avarías máis frecuentes nas máquinas e forma de prevelas e reparalas.

Tema 13.-Motores diesel: descrición.

Tema 14.-Motores a gasolina: descrición.

Tema 15.-Sistema eléctrico: principios xerais.

Tema 16.-Sistema hidráulico das pas e motoniveladoras.

Tema 17.-Tipos de freos das máquinas de obras públicas.

Tema 18.-Sistemas de refrixeración dos motores empregados en camións e máquinas de obras públicas.

Tema 19.-Tipos e características dos aparellos das motoniveladoras.

Tema 20.-Normas que hai que aplicar na compactación das terras.

Tema 21.-Normas que hai que ter en conta nos traballos con bulldozers.

Tema 22.-Operacións aritméticas con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral.

VIII) Unha praza de chapista. Concurso oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, no tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 4.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Acordos e actas.

Tema 5.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 7.-Ferramentas de taller: tipos e utilidades.

Tema 8.-Máquinas de taller: tipos, descrición e utilidades.

Tema 9.-Ferramenta do soldador: descrición.

Tema 10.-Tipos de soldadura e aplicacións.

Tema 11.-Reparacións en chapa de vehículos e maquinaria: técnica e ferramentas.

Tema 12.-Pintado de carrocerías: procedemento, clases de pintura e forma de aplicación.

Tema 13.-Reparacións de chapa con poliéster.

Tema 14.-Descrición das partes dun camión.

Tema 15.-Descrición das partes dunha apisoadora.

Tema 16.-Partes que compoñen un motor diésel: principios de funcionamento.

Tema 17.-Partes que compoñen un motor a gasolina: principios de funcionamento.

Tema 18.-Partes que compoñen o sistema eléctrico de camións: descrición.

Tema 19.-Normas que hai que ter en conta antes do pintado dos vehículos.

Tema 20.-Código de circulación: normas que hai que ter en conta nas reparacións na vía pública.

Tema 21.-Normas de seguridade e hixiene no traballo.

Tema 22.-Operacións aritméticas con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas sobre cultura xeral.

IX) Unha praza de mecánico. Concurso oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 4.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Acordos e actas.

Tema 5.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 7.-Ferramentas de taller, tipos e utilidade.

Tema 8.-Partes das que se compón un motor diésel. Principios de funcionamento.

Tema 9.-Partes que compoñen un motor de gasolina. Principios de funcionamento.

Tema 10.-Compresores. Partes que os compoñen e principios de funcionamento.

Tema 11.-Pas escavadoras e cargadoras. Características das principais partes que as compoñen: motor, transmisión, brazos, cazos, rodas, etc. e forma de funcionamento.

Tema 12.-Motoniveladoras: características das principais partes que as compoñen: motor, chasis, coitelo, ripper, etc.

Tema 13.-Apisoadoras: tipos, características das partes que as compoñen.

Tema 14.-Rozadoras mecánicas: tipos e características das partes que as compoñen.

Tema 15.-Camións cisterna: características, funcionamento.

Tema 16.-Operacións de conservación periódicas para facer nas pas, motoniveladoras, apisoadoras e rozadoras.

Tema 17.-Avarías máis frecuentes nelas e forma de prevelas e de reparalas.

Tema 18.-Máquinas de taller: tipos, descrición e utilidades.

Tema 19.-Tipos de transmisión máis usuais nas diferentes máquinas de obras públicas.

Tema 20.-Partes que compoñen o sistema eléctrico de camións e máquinas de obras públicas: funcionamento, avarías máis frecuentes e prevención delas.

Tema 21.-Código de circulación: normas aplicables á maquinaria de obras públicas e medidas de precaución nos traballos nas estradas.

Tema 22.-Operacións aritméticas con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral.

X) Once prazas legoeiros. Concurso oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: trinta e cinco minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 4.-Organización e funcionamento dos servicios de vías e obras.

Tema 5.-Autorizacións e licencias de obras que afecten a estradas.

Tema 6.-Partes das que se compoñen as estradas en función delas.

Tema 7.-Ferramentas de traballo dos membros dunha brigada de vías e obras.

Tema 8.-Normas sobre estradas e tráfico.

Tema 9.-Tipos de traballos máis usuais na conservación das estradas.

Tema 10.-Materiais máis utilizados na conservación das estradas.

Tema 11.-Forma de emprego dos materiais.

Tema 12.-Defectos máis usuais nas obras de firme novo e de tratamentos superficiais e formas de evitalos.

Tema 13.-Operacións aritméticas con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral.

XI) Unha praza xefe de internado. Concurso oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta e cinco minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978: Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 4.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de Goberno. Comisións informativas.

Tema 5.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios de agricultura da Deputación de Ourense.

Tema 7.-Normas de convivencia e disciplina dos alumnos da escola de capacitación agraria.

Tema 8.-Orde interna, vixilancia e réxime de disciplina do internado.

Tema 9.-A atención da saúde dos alumnos.

Tema 10.-Organización dos servicios de enfermería da escola.

Tema 11.-As drogas e o alcohol entre a xuventude.

Tema 12.-A alimentación dos alumnos. Clases de alimentos e as súas propiedades e características.

Tema 13.-Compras e formación de menús para o internado.

Tema 14.-Autorización e control de gastos do internado. Requisitos e trámites das facturas.

Tema 15.-Organización e desenvolvemento de actividades culturais e deportivas propias dos alumnos.

Tema 16.-Descrición e coñecemento dos locais e instalacións da escola e campos de prácticas.

Tema 17.-Conservación e mantemento de locais e instalacións do internado. Actuación en traballos e coidados do xefe de internado. Actuación en traballos por conta de persoal especializado propio ou alleo.

Tema 18.-Organización e fins das escolas de capataces. Trámite de admisión de alumnos.

Tema 19.-Programas e materias de estudios teóricos e prácticos da escola.

Tema 20.-Títulos que se expiden e a súa valoración académica. Destinos profesionais.

XII) Catro prazas peón agrícola. Concurso oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: trinta e cinco minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 4.-Organización el funcionamento dos servicios agropecuarios da Deputación de Ourense.

Tema 5.-Maquinaria agrícola: arado de vertedoiro. Fresadora. Segadoras. Empacadoras. Coidados xerais para todo tipo de maquinaria.

Tema 6.-Tractores e motores agrícolas: partes do motor. Sistemas de alimentación. Sistemas de refrixeración. Sistemas de engraxe. Sistemas de transmisión. Coidados e controis para o bo funcionamento do tractor.

Tema 7.-Viticultura: variedades autóctonas máis importantes. Factores naturais que limitan a producción. Poda: sistemas. Enfermidades da vide.

Tema 8.-Horticultura: invernadoiros: manexos.- O tomate: enfermidades. O pemento: enfermidades. A leituga: enfermidades.

Tema 9.-Praticultura: preparación do terreo e semente dunha pradería artificial. Coidados e fertilizados de mantemento dunha pradería. Fenificado. Ensilado.

Tema 10.-Gando vacún: razas. Rubia galega.- Alimentación do gando. Sistemas de estabulación. Muxidura mecánica. Enfermidades máis comúns.

Tema 11.-Cunicultura: razas. O coello de monte. Alimentación. Manexo: cubricións, palpacións, destetes, etc. Enfermidades máis comúns.

Tema 12.-Fitopatoloxía: herbicidas. Funxicidas. Insecticidas. Cálculo de dose. Maquinaria para aplicación de fitosanitarios.

Tema 13.-Operacións aritméticas con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral.

XIII) Unha praza de técnico política cultural, información e publicacións. Concurso oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: exercicio tipo test sobre as materias da área I (temas 1 ó 35) do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: unha hora e media.

2º) Teórico.-Escrito: desenvolvemento de dous temas, un de cada unha das áreas II (temas 36 ó 70) e III (temas 71 ó 90) do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: tres horas. Valorarase a cla

ridade e rigor na exposición e a profundidade dos coñecementos.

3º) Práctico.-Escrito: desenvolvemento de dous supostos no tempo e forma que sinale o tribunal. A valoración será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non obteñan 5 puntos.

4º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

-Área I.-Constitucional. Administración pública.

Tema 1.-Concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. Os principios constitucionais. A reforma constitucional.

Tema 2.-Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela.

Tema 3.-A Coroa: atribucións segundo a Constitución española.

Tema 4.-As Cortes Xerais: Congreso dos Deputados e Senado. Composición e funcións.

Tema 5.-O procedemento lexislativo. Órganos dependentes das Cortes Xerais: Tribunal de Contas e Defensor do Pobo.

Tema 6.-O Goberno. O presidente. Composición. Funcións, réxime e potestades no sistema constitucional español.

Tema 7.-Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Organismos autónomos e sociedades estatais.

Tema 8.-A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-lei e decretos-lexislativos. O regulamento e a potestade regulamentaria.

Tema 9.-A Lei 30/1992 (I). Ámbito de aplicación e principios xerais. As administracións públicas e as súas relacións. Os órganos das administracións públicas. Os interesados.

Tema 10.-A Lei 30/1992 (II). Actividade das administracións públicas. Disposicións e actos administrativos. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos. Revisión dos actos na vía administrativa. Reclamacións previas ó exercicio de accións civís e laborais. A responsabilidade das administracións públicas e das súas autoridades e demais persoal ó seu servicio.

Tema 11.-Os contratos administrativos: características e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Adxudicación dos contratos. Referencia especial á contratación con empresas consultoras ou de servicios.

Tema 12.-A actividade administrativa. O fomento.

Tema 13.-Actividade administrativa de policía. Principios xerais do procedemento sancionador. Sancións administrativas.

Tema 14.-Actividade administrativa de servicio público. Formas de xestión. Autorizacións e concesións.

Tema 15.-Propiedades administrativas. Clases. Bens patrimoniais da administración. O dominio público: concepto, elementos, réxime xurídico.

Tema 16.-Función pública. Selección dos funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario. A carreira administrativa. Situacións administrativas.

Tema 17.-Función pública local. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

Tema 18.-Persoal laboral. Acceso á condición de persoal laboral. Incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

Tema 19.-Distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Orixe e evolución da autonomía galega.

Tema 20.-O Estatuto de autonomía de Galicia: elaboración, estructura, contido e reforma.

Tema 21.-Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas.

Tema 22.-O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 23.-Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia. O Parlamento de Galicia.

Tema 24.-O goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 25.-Administración pública galega. As consellerías: organización, configuración e estructura.

Tema 26.-A Consellería de cultura e comunicación social. Competencias. Estructura.

Tema 27.-O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). O Centro Galego da Arte Contemporánea (CGAC).

Tema 28.-Outras institucións culturais: o Consello da Cultura Galega. A Real Academia Galega. O Instituto da Lingua Galega.

Tema 29.-A Deputación Provincial de Ourense. Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 30.-Os bens inmobles da deputación de Ourense. Situación, descrición e réxime xurídico.

Tema 31.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 32.-Organización e funcionamento dos servicios asistenciais e agropecuarios da Deputación de Ourense.

Tema 33.-Organización e funcionamento dos servicios culturais e deportivos da Deputación de Ourense.

Tema 34.-Organización e funcionamento dos servicios de vías e obras.

Tema 35.-As relacións interadministrativas. Organismos de cooperación coa Administración local.

-Área II.-Pnorámica xeral da arte galega. Arte moderna e contemporánea: Galicia.

Tema 36.-Panorámica xeral da historia da arte galega. As distintas manifestacións artísticas: arquitectura, escultura e pintura galegas.

Tema 37.-As orixes: o paleolítico e o megalitismo. A idade de bronce.

Tema 38.-A cultura castrexa. Da prehistoria á romanización.

Tema 39.-Manifestacións artísticas na Galicia romana. O mundo paleocristián en Galicia.

Tema 40.-Da antigüidade cristiá á restauración poboadora.

Tema 41.-Galicia e a idade media: aproximación histórica. A escultura medieval.

Tema 42.-Arte prerrománica. A dominación sueva. Arte hispanovisigoda en Galicia. Arte prerrománica asturiana. O século X.

Tema 43.-Arte románica. Arquitectura e pintura. Outras manifestacións artísticas.

Tema 44.-O gótico en Galicia.

Tema 45.-Introducción xeral á arte renacentista. Teoría e historia.

Tema 46.-Arquitectura e cidade. O escenario do renacemento.

Tema 47.-O renacemento: as artes figurativas.

Tema 48.-Galicia no século XVI: introducción do renacentista na arquitectura. O clasicismo.

Tema 49.-A pintura renacentista: Galicia.

Tema 50.-O renacemento en Galicia: escultura. A ourivería.

Tema 51.-Introducción xeral á arte barroca: teoría e historia.

Tema 52.-Arquitectura barroca.

Tema 53.-O barroco: as artes figurativas.

Tema 54.-Santiago, cidade barroca. A expansión dos ideais barrocos na arquitectura galega.

Tema 55.-A pintura barroca en Galicia.

Tema 56.-O barroco en Galicia: escultura. A ourivería.

Tema 57.-O neoclasicismo: cronoloxía, características e marco histórico-artístico.

Tema 58.-Arquitectura neoclásica.

Tema 59.-O neoclásico: as artes figurativas.

Tema 60.-Arquitectura neoclásica en Galicia.

Tema 61.-Escultura neoclásica en Galicia.

Tema 62.-Pintura neoclásica en Galicia.

Tema 63.-O panorama artístico europeo a finais do século XIX. As artes plásticas.

Tema 64.-O século XX. As primeiras vangardas.

Tema 65.-Manifestacións artísticas da etapa de entreguerras.

Tema 66.-O período posterior á segunda guerra mundial.

Tema 67.-A década dos oitenta: eclosión da arte europea.

Tema 68.-Arquitectura galega no século XX.

Tema 69.-A escultura galega no século XX.

Tema 70.-A pintura galega no século XX.

-Área III.-Área de infraestructura, conservación e promoción cultura.

Tema 71.-Arquivos. O sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

Tema 72.-Museos. Sistema público de museos da Comunidade Autónoma galega.

Tema 73.-Bibliotecas. Funcionamento do depósito legal en Galicia. Órganos do sistema bibliotecario de Galicia.

Tema 74.-Cine e vídeo. O rexistro de empresas cinematográficas de Galicia. O rexistro oficial de cineclubs de Galicia.

Tema 75.-O patrimonio histórico. A conservación do patrimonio. O inventario. Normativa urbanística de protección do patrimonio.

Tema 76.-Actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia. A comisión técnica da arqueoloxía. O patrimonio natural.

Tema 77.-Os bens de interese cultural (BIC). Concepto. Tramitación do expediente.

Tema 78.-A colaboración institucional para a defensa, conservación e protección do patrimonio artístico e documental dos entes eclesiásticos.

Tema 79.-A etnografía. A comisión técnica de etnografía.

Tema 80.-Libro e lectura. O rexistro de librerías de Galicia. As feiras do libro en Galicia.

Tema 81.-A propiedade intelectual.

Tema 82.-Os premios culturais. O censo de asociacións e entidades culturais.

Tema 83.-O medio periodístico. A canalización da información. Os gabinetes de prensa.

Tema 84.-Utilización dos espacios culturais: os teatros. O Teatro Principal: xestión e organización.

Tema 85.-As casas de cultura. Auditorios. Os espacios multiusos. Salas de conferencias. Albergues.

Tema 86.-Os centros de información cultural. Exposición, organización, funcionamento e finalidades.

Tema 87.-As publicacións institucionais. Selección de textos. Reunións científicas. A publicidade.

Tema 88.-O cidadán como eixe da armazón cultural. A participación. A palabra e a imaxe. Campañas da sensibilización cultural. O asociacionismo cultural.

Tema 89.-Acordos e convenios de colaboración para promover iniciativas culturais: obxecto e suxeitos.

Tema 90.-Exposicións artísticas: organización, dirección e promoción das mesmas. Os circuítos culturais.

XIV) Dúas prazas oficiais pazo dos deportes. Concurso-oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta e cinco minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978: Estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 4.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 5.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios culturais e deportivos da Deputación de Ourense.

Tema 7.-As etapas iniciais da estructuración do deporte en España. (Da posguerra ós anos setenta).

Tema 8.-O deporte os anos da democracia (balance dun período 1975-1995).

Tema 9.-Lexislación básica sobre o papel e competencias das corporacións locais no deporte.

Tema 10.-Análise específica das competencias das deputacións provinciais en materia deportiva.

Tema 11.-Competencias deportivas do Estado. A Lei do deporte, do 15 de outubro de 1990.

Tema 12.-Competencias deportivas da Comunidade Autónoma galega. Lexislación deportiva fundamental.

Tema 13.-Titulacións deportivas en España. (Presente e futuro. Regulación).

Tema 14.-Xestión pública dos servicios deportivos. (Modalidades e réxime xurídico).

Tema 15.-Análise do custo dun servicio ou actividade deportiva. (Custos directos e indirectos)

Tema 16.-Programas de actuación deportiva do servicio de deportes da deputación de Ourense (organigrama funcional).

Tema 17.-O Pazo dos Deportes Paco Paz. Instalacións e servicios que comprende.

Tema 18.-Regulamento de uso do Pazo dos Deportes.

Tema 19.-A ordenanza reguladora dos prezos públicos no Pazo dos Deportes.

Tema 20.-Proceso de organización e planificación dunha actividade en espacios deportivos non convencionais.

Tema 21.-Sistemas de utilización e admisión do público ós servicios e centros deportivos.

Tema 22.-O asociacionismo deportivo como instrumento dinamizador do deporte municipal.

XV) Unha praza operario pazo dos deportes. Concurso-oposición libre.

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: trinta e cinco minutos.

2º) Práctico: desenvolvemento de probas prácticas sobre os cometidos que teñen asignados as prazas, en tempo e forma que sinale o tribunal.

3º) Entrevista: conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978: estructura e detalle do seu contido.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-A Corporación Provincial de Ourense: Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 4.-O Pazo dos Deportes Paco Paz. Instalacións e servicios que comprende.

Tema 5.-Regulamento de uso do Pazo dos Deportes.

Tema 6.-Programas de actuación deportiva do Servicio de Deportes da Deputación de Ourense (organigrama funcional).

Tema 7.-Ordenanza reguladora dos prezos públicos no Pazo dos Deportes.

Tema 8.-O servicio de limpeza: modalidades e técnicas que hai que empregar.

Tema 9.-Nocións elementais de carpintería, electricidade, albanelería e fontanería.

Tema 10.-Accesos e contorno do pazo. Nocións elementais de xardinería.

Tema 11.-O equipamento deportivo. A súa utilización e mantemento.

Tema 12.-Operacións con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral.

XVI) Unha praza de técnico gabinete de galego. Concurso-oposición libre.

Fase de concurso:

A) Traballo desenvolvido-experiencia. Máximo 4 puntos:

1.-Por cada ano de servicio docente en centros de ensino oficiais impartindo lingua galega, 0,50 puntos, cun máximo de 2,50 puntos.

2.-Por cada ano por cargos de dirección ou xefaturas en centros oficiais ou outros postos da administración, 0,25 puntos, cun máximo de 1,50 puntos.

3.-Experiencia en gabinetes de normalización lingüística como asesor-director-coordinador destes, 0,25 puntos por cada ano, cun máximo de 1,50 puntos.

4.-Por cada ano como traductor en gabinetes de normalización da administración, 0,25 puntos, cun máximo de 1,50 puntos.

B) Cursos de formación. Máximo 3 puntos:

1.-Cursos recibidos en relación coa lingua galega, 0,10 puntos por cada 10 horas, cun máximo de 1,50 puntos.

2.-Cursos de lingua galega impartidos, 0,10 puntos por cada 10 horas, cun máximo de 1,50 puntos.

C) Méritos académicos. Máximo 3 puntos.

1.-Título de licenciado en Filoloxía Hispánica, 1,50 puntos.

2.-Grao de doutor en Filoloxía Galega, 0,75 puntos.

3.-Outras titulacións superiores-letras, 0,40 puntos cada unha.

4.-Diplomaturas-letras, 0,30 puntos cada unha.

5.-Publicacións, ata un máximo de 0,50 puntos. Xustificar cos exemplares-ISBN.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: constará de dúas partes:

a) Un test de 25 cuestións sobre os 18 primeiros temas do cuestionario.

b) Un tema que escollerán os aspirantes de entre catro sorteados dos 72 temas da segunda parte (temas 19 ó 90), do cuestionario.

O tempo máximo de desenvolvemento das dúas partes deste exercicio será de 1 hora e 30 minutos. Puntuaranse as dúas partes en conxunto de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para supera-lo exercicio. A puntuación máxima da parte a) será de 2,50 puntos e da parte b) de 7,50 puntos.

2º) Práctico.-Escrito: constará de tres partes:

a) Test de 50 a 80 cuestións sobre aspectos prácticos da lingua.

b) Traducción de castelán para galego ou texto para corrixir de galego vulgar.

c) Proposta de funcionamento e normalización dun gabinete de galego para a Deputación e concellos de Ourense.

O tempo máximo total para desenvolvemento das tres partes deste exercicio é de 1 hora e 30 minutos. Valoraranse en conxunto de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para supera-lo exercicio.

3º) Entrevista conforme a cláusula d) da base oitava.

Cuestionario:

-Parte I:

Tema 1.-A Constitución española de 1978: Estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. Garantía e suspensión. O tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 2.-A Coroa. Funcións constitucionais de El Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

Tema 3.-O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. A organización xudicial española.

Tema 4.-O Goberno e a Administración. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

Tema 5.-A organización territorial do Estado na Constitución. Comunidades autónomas. A administración local: principios constitucionais.

Tema 6.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 7.-Organización e funcionamento dos servicios culturais da Deputación de Ourense.

Tema 8.-Organización administrativa estatal na provincia de Ourense.

Tema 9.-A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. As competencias da comunidade. O Parlamento.

Tema 10.-A Xunta de Galicia. Presidente. Conselleiros e servicios centrais.

Tema 11.-Organización administrativa da Comunidade Autónoma na provincia de Ourense.

Tema 12.-Organismos autónomos dependentes da deputación provincial.

Tema 13.-A provincia no réxime local. Organización provincial.

Tema 14.-Competencias da deputación de Ourense.

Tema 15.-O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 16.-Organización municipal. Competencias.

Tema 17.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 18.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

-Parte II:

Tema 19.-A comunicación e as súas variedades. A comunicación humana. A linguaxe e as súas funcións. A lingua e o signo lingüístico.

Tema 20.-Variedades e rexistros da lingua.

Tema 21.-Variedades xeográficas ou dialectais do galego: bloques e áreas.

Tema 22.-Orixe do galego. A romanización: fases. Influencias prerromanas. Voces patrimonios, cultas e semicultas.

Tema 23.-Influencias de superestrato. Os préstamos.

Tema 24.-A lingua na idade media. Primeiros textos. Caracterización da lingua medieval.

Tema 25.-A lingua no século XVI ó XVIII. A ilustración.

Tema 26.-Rexurdimento lingüístico e caracterizacións. O século XIX.

Tema 27.-Etapas no proceso normativizador. A lingua no XX ata os anos 67. Das Irmandades á Xeración Nós e postguerra.

Tema 28.-A lingua dos anos 67 a hoxe. Estandarización e normativización.

Tema 29.-O proceso normalizador. Etapas, situación. Actuacións internas e externas.

Tema 30.-A situación lingüística antes da Constitución do 78. A lingua na Constitución e no Estatuto de autonomía.

Tema 31.-A Lei de normalización lingüística. Desenvolvemento. Do 83 a hoxe.

Tema 32.-A lexislación referida ó ensino e á Administración local, de xustiza e outras.

Tema 33.-A situación lingüística do resto do Estado. Linguas oficiais e patrimoniais.

Tema 34.-A carta europea. Situación lingüística de Europa.

Tema 35.-Lingua e sociedade: situación lingüística de Galicia. Bilingüismo e diglosia.

Tema 36.-Linguas en contacto. A asimilación. Interferencias lingüísticas (portugués e castelán).

Tema 37.-Castelanismos no galego: fonéticos, morfosintácticos, léxicos.

Tema 38.-Fonemática: as vocais. Orixe e evolución (etimoloxía) do sistema.

Tema 39.-O sistema vocálico actual do galego. Rendemento das abertas e pechadas. Ditongos e tritongos.

Tema 40.-O sistema consonántico. Orixe e evolución (etimoloxía).

Tema 41.-O sistema consonántico actual do galego. Fenómenos dialectais que afectan ó consonantismo.

Tema 42.-A sílaba. Clases. Combinacións. O acento na palabra. Encontros ...

Tema 43.-Ortografía e acentuación do galego (regras). O acento diacrítico.

Tema 44.-A palabra. Constituíntes. Formación de palabras, xeral.

Tema 45.-A derivación: prefixación, sufixación e parasíntese.

Tema 46.-O significado. Denotación e connotación. O campo semántico; campos peculiares. Sinonimia e antonimia, polisemia, eufemismo.

Tema 47.-O substantivo. Xénero e número.

Tema 48.-A formación do feminino e do plural. Novas adaptacións.

Tema 49.-O adxectivo. Clases, xénero, número...

Tema 50.-Graos do adxectivo.

Tema 51.-O pronome persoal. Orixe, evolución. As formas tónicas.

Tema 52.-O pronome persoal: átonos. A colocación do pronome persoal átono respecto ó verbo na frase.

Tema 53.-O pronome demostrativo. Orixe. Situación medieval. Sistema actual.

Tema 54.-O pronome posesivo. Evolución. Formas. Usos.

Tema 55.-Os indefinidos, relativos, interrogativos...

Tema 56.-Os numerais: cardinais, ordinais, partitivos ..

Tema 57.-O artigo. Orixe-evolución. Formas e usos.

Tema 58.-O adverbio. Clases, formas.

Tema 59.-A preposición, conxunción, interxección.

Tema 60.-O verbo. Estructura. A raíz: regulares e irregulares. Alternancias vocálicas e consonánticas. A vocal temática. Conxugacións.

Tema 61.-Os tempos do sistema galego. Modo, voz, tempo, persoa ...

Tema 62.-Verbos regulares. Conxugacións singulares.

Tema 63.-Verbos irregulares. Conxugacións singulares. (Os máis salientables).

Tema 64.-As formas non finitas. Participios dobres. O infinitivo conxugado.

Tema 65.-As perífrases verbais. Estructura. Tipos.

Tema 66.-A afirmación e negación en galego. A interrogación.

Tema 67.-A oración. Clases oracións segundo o predicado.

Tema 68.-Partes da oración. O suxeito. Complementos.

Tema 69.-A oración composta. Coordinadas. Subordinadas, etc.

Tema 70.-O texto e as súas partes. Tipos. Administrativos. Caracterizacións. Tipoloxía. A linguaxe administrativa.

Tema 71.-Os diccionarios. Partes. Clases. Usos. Características dos galegos e na Administración.

Tema 72.-Gramáticas e estudios sobre o galego.

Tema 73.-A literatura medieval galega: a lírica profana.

Tema 74.-Os xéneros poéticos menores e as Cantigas de Santa María.

Tema 75.-A prosa medieval.

Tema 76.-Decadencia da lingua e literatura. Escolas e manifestacións dos séculos XVI, XVII e XVIII.

Tema 77.-O século XIX. Preprecursores e rexurdimento. Lingua e literatura. Contexto sociopolítico e sociocultural.

Tema 78.-Rosalía. Obra. Caracterización lingüística.

Tema 79.-Pondal e Curros. A. Noriega Varela. A lingua.

Tema 80.-So século XIX ó século XX. Das Irmandades da Fala á Xeración Nós e S. Estudos Galegos. Lingua e literatura.

Tema 81.-As vangardas e os-ismos. (+neotrobadorismo). Dieste e outros. Situación política pre-36 e consecuencias da guerra civil no lingüístico, cultural ..

Tema 82.-A cultura-literatura no exilio e a Galicia despois do 50. Galaxia e a recuperación.

Tema 83.-Álvaro Cunqueiro, A. Fole e outros narradores e dramaturgos. Caracterización da lingua. Os poetas da postguerra: Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño.

Tema 84.-Tendencias poéticas da época: Primeiras dos 50. Festas Minervais, Grupo B. Pinto. Autores. Celso Emilio Ferreiro; e outros (A. Tovar ....)

Tema 85.-A renovación da prosa e da lingua. Colectivos. Cultivadores. Obras. As últimas décadas. A lingua na Universidade.

Tema 86.-O teatro: da postguerra a hoxe. Situación. Perspectivas. Incidencia no proceso normalizador.

Tema 87.-O ensaio. O xornalismo e a literatura galega na prensa escrita ... Situacións e perspectivas. Importancia no proceso lingüístico.

Tema 88.-A TV, a radio e as novas tecnoloxías: incidencia no proceso normalizador. Situación, perspectivas.

Tema 89.-Cine, música, teatro, pintura, arquitectura, relixión ..., actividades: a súa incidencia no proceso normalizador. Actuacións desde unha deputación.

Tema 90.-A organización e funcións dun gabinete de normalización lingüística. Medios, recursos, medidas. O factor humano e político.

XVII) Tres prazas de auxiliares de oficina. Concurso oposición por promociónm interna, para persoal laboral fixo da corporación, asimilado ó grupo E, con título esixido para o grupo D:

Fase de concurso: as normas xerais da base sétima.

Fase de oposición. Exercicios:

1º) Teórico.-Escrito: test sobre as materias do cuestionario. Tempo de desenvolvemento: corenta e cinco minutos.

2º) Práctico.-Escrito: elaboración de documentos, comunicacións, notificacións, certificacións ou outros, que sinale o tribunal, a máquina eléctrica ou tratamento de textos. Valorarase contido, coñecementos da materia, presentación e tempo empregado. A valoración será de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non obteñan 5 puntos.

3º) Escrito: traducción ó galego dun texto en castelán facilitado polo tribunal. Valorarase de 0 a 10 puntos, sendo obrigatorio e non eliminatorio, pero computará para a puntuación final.

Cuestionario:

Tema 1.-A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamen

tais. Garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 2.-A Coroa. Funcións constitucionais de El Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

Tema 3.-O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. A organización xudicial española.

Tema 4.-O Goberno e a Administración. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

Tema 5.-A organización territorial do Estado na Constitución. Comunidades autónomas. A Administración local: principios constitucionais.

Tema 6.-A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. As competencias da Comunidade. O Parlamento.

Tema 7.-Principios xerais e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 8.-A intervención administrativa na propiedade privada. Expropiación forzosa.

Tema 9.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 10.-O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 11.-Organización municipal. Competencias.

Tema 12.-Réxime xeral das eleccións locais.

Tema 13.-Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. Comarca.

Tema 14.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 15.-A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes.

Tema 16.-Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 17.-Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 18.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Acordos e actas.

Tema 19.-A Corporación Provincial de Ourense. Presidente. Vicepresidente. Deputados. Pleno. Comisión de Goberno. Comisións informativas.

Tema 20.-Organización e funcionamento dos servicios administrativos da Deputación de Ourense.

Tema 21.-Operacións con números enteiros, decimais e quebrados e preguntas de cultura xeral a nivel de graduado escolar.

Ourense, 30 de setembro de 1996.

O presidente

Rubricado