Para dar cumprimento ó establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e urbanización urbana, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa do Bidueiro (Lonia), na comisión de goberno do 19 de setembro de 1996.
Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que considere oportuno.
Ourense, 25 de setembro de 1996.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
7403