Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52866).

Visto o expediente incoado pola empresa Enagás, S.A., co enderezo na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

-Liña de media tensión aero-subterránea a 15/20 kV, que parte da subestación de Santa Mariña, en forma subterránea con conductor AL tipo R.H.V. de 150 mm nunha lonxitude de 2.915 m e pasa-la aérea en Serantes cunha lonxitude de 9.166 m en conductor LA-110, con remate na planta de gasificación de Cabo Prioriño. Termo municipal de Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de abril de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegaod provincial da Coruña

7106