Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.411

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (123/1996).

Por medio do presente edicto, como se acordou librar en autos de xuízo executivo número 123/1996, seguidos por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, contra Manuel Alcalde Gontán, sobre reclamación de 7.799.625 ptas. por principal, xuros e custas, fáiselle saber a Carmen González Grille, esposa do expresado demandado, que nos referidos autos se trabou embargo sobre bens gananciais do expresado matrimonio, consistentes en vivenda sita na planta 3ª, letra A da casa número

75 da Avda. de Rosalía de Castro, en Ames, e vivenda unifamiliar, sita no lugar de Insua nº 3 de Val do Dubra. Notificación que se lle fai para os fins que prevé o artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Dado en Santiago de Compostela o nove de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3009