Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/153-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha

Enderezo social: Tte. Gral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: automatismos e proteccións 3ª fase.

Situación: Laracha.

Características técnicas: sistema de protección e localización de avarías na súa 3ª fase, nos lugares de Xesta e Talladas, no concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7458