Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.408

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Talleres Caeiro, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-1996 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 28-5-1996 de conformidad co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Glaicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ACTA:

En Santiago de Compostela, o día 28 de maio de 1996 ás 19.15 horas reúnense os señores que abaixo se relacionan, representantes dos traballadores e parte económica da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Ámbalas partes se recoñecen mutuamente a capacidade necesaria para negociar.

Iniciada a sesion, fíxose unha lectura detida do texto do convenio colectivo en vigor, e adoptarónse os seguintes acordos:

1. Prorrogar en todas e cada unha das súas partes o convenio en vigor ata o 31 de decembro de 1996.

2. Substituí-la táboa salarial pola que se achega como anexo a esta acta.

3. A aplicación da dita táboa salarial entrará en vigor o 1 de maio de 1996.

4. Remitir esta acta e anexo á Delegación de Traballo para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, as 21 horas do día arriba indicado.

Representación laboral.

33.143.143. Vicente Puente Vigo.

33.271.118. Olegario Bernárdez Varela.

33.243.985. Víctor J. Parente Mariño.

33.229.342. José A. Núñez Boquete.

Representación ecónomica

33.024.095. Manuel Caeiro Varela.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Efectos económicos do 1º de maio de 1996

Salario baseCómputo anual

Titulado superior144.371 2.086.533
Titulado medio139.292 2.015.435
Xefe de vendas135.551 1.963.050
Xefe de post-venda135.551 1.963.050
Xefe de almacén135.551 1.963.050
Xefe administrativo de 1ª135.551 1.963.050
Xefe de taller116.393 1.694.846
Xefe de recepción116.393 1.694.846
Xefe administrativo de 2ª116.393 1.694.846
Maestro de taller109.844 1.603.150
Técnico de organización (encargado)109.844 1.603.150
Contable109.844 1.603.150
Contramestre108.327 1.581.914
Mestre de 2ª108.327 1.581.914
Dependente de 1ª105.169 1.537.705
Vendedor de 1ª105.169 1.537.705
Administrativo de 1ª105.169 1.537.705
Dependente de 2ª103.776 1.518.206
Vendedor de 2ª103.776 1.518.206
Oficial obreiro de 1ª103.776 1.518.206
Recepcionista103.776 1.518.206
Probador103.776 1.518.206
Chofer de camión103.776 1.518.206
Administrativo de 2ª100.147 1.467.394
Chofer de turismo100.147 1.467.394
Vendedor de 3ª100.147 1.467.394
Oficial obreiro de 2ª100.147 1.467.394
Administrativo de 3ª95.591 1.403.611
Dependente de 3ª95.591 1.403.611
Oficial obreiro de 3ª95.591 1.403.611
Axudante de planing91.854 1.351.300
Axudante de dependente de 1ª91.854 1.351.300
Mozo especializado91.854 1.351.300
Auxiliar administrativo91.854 1.351.300
Telefonista91.854 1.351.300
Axudante de dependente de 2ª90.450 1.331.637
Mozo de peón90.450 1.331.637
Lavador e engraxador90.450 1.331.637
Limpadora90.450 1.331.637

Salario baseCómputo anual

Plus de transporte
Salario mínimo interprofesional
Trab. en prácticas e maiores de 18 anos64.920
Traballadores de 17 anos50.220

Plus de transporte2.970
Antigüidade por quinquenio2.700

7575