Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.403

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Eulen, S.A. (limpeza no centro de traballo do Hospital Provincial de Pontevedra).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Eulen, S.A. (limpeza no centro de traballo do Hospital Provincial de Pontevedra), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 10-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de xullo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de limpeza do Hospital Provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afectará a todo o persoal do servicio de limpeza do Hospital Provincial de Ponteveda adscrito á empresa contratista do dito servicio, Eulen, S.A..

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración desde o 1 de xaneiro do 1995, ata o 31 de decembro de 1997. Os salarios establecidos no presente convenio serán os que correspondan ó persoal subalterno do Sergas, sendo, así mesmo, aplicable calquera aumento que se produza para o dito persoal.

Entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais, sempre que por calquera das partes non sexa denunciado con anterioridade o seu vecemento.

Artígo 3º.-Equiparación.

Os/as traballadores/as afectados/as por este convenio colectivo están equiparados/as ó persoal subalterno do Sergas, de tal xeito que, toda mellora que repercuta no persoal subalterno do Sergas, aplicarase de igual forma ós/ás traballadores/as afectados/as por este convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas por adxudicatarios anteriores que impliquen condicións máis beneficiosas para os/as traballadores/as con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles/as que os veñen desfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas

teña que computarse a mellora económica que supón o presente convenio.

Artigo 5º.-Salario.

As retribucións correspndentes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio fíxanse na táboa salarial (anexo I). Percibirán as mesmas retribucións que correspondan ó persoal subalterno do Sergas, incluído o plus de quendas.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os/as traballadores/as fixos/as comprendidos/as no ámbito de aplicación do presente convenio, desde o momento da equiparación, percibirán o mesmo complemento en concepto de antigüidade que o persoal do Sergas. (Anexo II).

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as mesmas gratificacións có persoal subalterno do Sergas segundo os niveis que correspondan con independencia de que o/a traballador/a estivese en situación de ILT durante o período de devengo das ditas gratifidacións.

Artigo 8º.-Plus de nocturnidade.

Percibirase por este concepto o dito plus nas mesmas condicións que o fai o personal subalterno do Sergas que realiza xornada nocturna (anexo III).

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será igual cá do persoal do Sergas, computándose dentro da dita xornada o descanso obrigatorio de 30 minutos do chamado tempo do bocadillo, que os/as traballadores/as veñen desfrutando.

Coa finalidade de axusta-la diferencia existente entre a xornada que actualmente vén realizando o persoal, con respecto ó que corresponde ós traballadores do Sergas, procedeuse a efectuar unha reducción do 50% da mencionada diferencia con efectos do 1-7-1996, reducíndose o 50% restante a partir do 1-1-71997, polo que na mencionada data deberá abordarse o necesario incremento de persoal.

Artigo 10º.-Traballo en domingos e festivos.

As condicións de traballo nos ditos días serán as mesmas en canto á súa forma, condicións económicas e organizativas que ten o persoal subalterno do Sergas (anexo IV).

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Con carácter xeral queda prohibida a práctica ou realización de horas extraordinarias, e no caso de emerxencia e/ou forza maior aboaranse estas de acordo co disposto na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Licencias.

Logo de solicitude dos/as traballadores/as afectados/as considérase licencia retribuída polo tempo e os casos seguintes:

a) Matrimonio do/a traballador/a: 17 días naturais.

b) Matrimonio de pais, fillo/a ou parentes que convivan co/a traballador/a: 2 días naturais.

c) Parto da esposa ou compañeira que en situación estable conviva co traballador: 5 días naturais.

d) Morte ou enfermidade grave:

-Do cónxuxe ou compañeiro/a, que en situación estable conviva co/a traballador/a: 5 días naturais.

-Do/a pai/nai, fillo/a: 3 días naturais.

-Se entre o/a traballador/a e os parentes que acabamos de referir houbese convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorrería se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da localidade.

-Irmáns e parentes ata o 2º de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

e) Morte dun/ha tío/a, 2 días naturais. Se houbese convivencia entre o/a traballador/a e o/a falecido/a, a licencia sería de 3 días naturais.

f) Traslado de domicilio: 2 días naturais.

g) Tódolos/as traballadores/as afectados/as por este convenio disporán de 9 días laborais para asuntos propios retribuídos pola empresa.

-As traballadoras, por lactancia dun/ha fillo/a menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral normal nunha hora coa mesma finalidade.

-Igualmente, o traballador/a, solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispor de ata cinco días de licencia e unha vez ó ano, non retribuídos pola empresa.

Artigo 13º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a fixo cunha antigüidade, cado, menos, de dous anos na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non maior de cinco anos.

O/a traballador/a excedente cando a súa categoría estea entre as pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terán dereito á reserva do seu postos de traballo durante o período máximo de dous anos.

A reincorporación á empresa terá que ser solicitada con aviso previo de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o/a traballador/a terá dereito a reintegrarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, disposto o empresario dese mesmo prazo dos 6 meses para proceder á súa reincorporación.

En todo caso, o/a traballador/a deberalle comunicar ó empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima dun mes. Pasados os seis primeiros meses do exercicio da excedencia sen que o/a traballador/a fixese uso de seu dereito xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período total da excedencia solicitada.

Artigo 14º.-Cambio de posto de traballo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a que se lle cambie o posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando obrigadas en caso ningún a desempeña-las súas funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración de 16 semanas, cos efectos e as condicións previstas segundo a nova redacción da Lei 3/1989, do BOE do 8 de marzo.

Artigo 15º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a unha revisión médica a cargo da empresa cada seis meses, que se realizará na cidade de Pontevedra.

Durante a vixencia do presente convenio a empresa comprométese a vacinar da Hepatite B, a todo o persoal afectado polo convenio.

Artigo 16º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos/as traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que ir ó médico de familia. Cando o médico de familia que lle corresponde ó/á traballador/a tivese o seu consultorio en localidade distinta a aquela en que presten os seus servicios, este disporá do tempo necesario.

O traballador/a que teña que ir ó consultorio médico estará obrigado/a a avisar con anteriormente á empresa, debendo xustificar que foi atendido polo médico de familia. Para a súa asistencia á consulta do especialista, os/as traballadores/as terán dereito a todo o tempo necesario, logo da presentación do volante do médico de familia.

Así mesmo, terán dereito a tres horas retribuídas para asistir a consultorio médico cos/as fillosYas menores de doce anos ou fillo/a minusválido/a, calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral

sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario de traballo do seu conxuxe.

Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito regulado anteriormente.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

Proverase a tódolos/as traballadores/as de roupa de traballo axeitada para traballo en lugares radiactivos e infecciosos. Concederase a todo o persoal roupa de traballo axeitada e regulamentaria, fundas para o persoal masculino e chaquetas e pantalóns (pixamas), para o feminino, cada seis meses, luvas (guantes), cada dez días, zapatillas cada 3 meses ou ben zocos cada 6 meses.

Ós cristaleiros proveráselles de roupa de auga.

Artigo 18º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa estará obrigada a pagar a tódolos/as traballadores/as afectados/as por este convenio, cando se encontren en situación de ILT o 100% do salario e tódolos complementos, nas mesmas condicións en que veña percibíndoos o persoal do Sergas, cando estean nas ditas circunstancias.

Artigo 19º.-Xubilación.

Os/as traballadores/as que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto, e Real decreto 1194/1985, no que as empresas se obrigan a contratar simultaneamente no canto do/a xubilado/a a outro/a traballador/a que sexa titular de dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou xove demandante de primeiro emprego tal e como dispoñen as normas citadas.

Establécese un premio por xubilación anticipada coas seguintes escalas:

-Ós 60 anos: 6 mensualidades de salario real.

-Ós 61 anos: 4 mensualidades de salario real.

-Ós 62 anos: 2 mensualidades de salario real.

-De 63 a 65 anos: 1 mensualidade de salario real.

Artigo 20º.-Adscrición de persoal.

Ó remate da concesión da contrata de limpeza os traballadores/as da empresa contratista que prestou servicios no Hospital Provincial de Pontevedra pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataria verbo dos traballadores/as, calquera que sexa a situación na que se encontran e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles/as traballadores/as que foran incorporados/as dentro dos últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe á ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Artigo 21º.-Alta na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entregarller ós/ás traballadores/as fotocopias da alta dela na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Igualmente a empresa estará obrigada a colocar fotocopias dos boletíns de cotización nunha táboa de anuncios na súa oficina e no centro de traballo.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute ininterrompido dun mes de vacacións retribuídas que se desfrutarán entre os meses de xuño e setembro. A empresa, de acordo co comité, elaborará as quendas correspondentes seguindo cada ano unha orde rotatoria de preferencia. Os/as traballadores/as que no momento de desfruta-las vacacións estean en situación de ILT por enfermidade ou accidente, terán dereito ó desfrute destas inmediatamente ou ó mes seguinte da súa incorporación ó traballo.

O aboamento das vacacións será de acordo coas retribucións que por este concepto teña o persoal subalterno do Sergas.

Artigo 23º.-Póliza seguro de accidentes.

Todo persoal afectado por este convenio disporá dunha póliza de seguro de accidentes que cubrirá as seguintes contías:

-Morte ou invalidez total: 1.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de ptas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral, incluído o accidente in itinere, e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes de calquera outra que lle poida corresponder pola lexislación vixente ou póliza particular para o efecto a modo individual.

Artigo 24º.-Garantías e cargos sindicais.

a) En todo o relacionado con este tema haberá que aterse ó disposto no artigo 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinándose que, cando un/ha representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación, deberá comunicalo á dita empresa o día anterior, salvo situación excepcionais que xustificará posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou a central sindical correspondente.

b) As horas sindicais poderanse acumular nun ou en varios dos distintos membros do comité de empresa.

c) O sindicato que teña a maioría dos membros do comité de empresa terá dereito á constitución dunha sección sindical de empresa, e polo tanto á designación dun/na delegado/a de sección sin

dical, que terá os mesmos dereitos e garantías cós membros do comité de empresa.

Artigo 25º.-Asembleas.

Os/as traballadores/as da empresa terán dereito a reunirse en asemblea unha vez ó mes, e por un tempo máximo de dúas horas, durante a xornada, debendo comunicar á empresa a súa celebración cunha antelación de 48 horas, salvo situación excepcionais de conflicto ou folga, nas que bastará con avisar con 24 horas de antelación.

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión paritaria interpretativa de todo o contido deste convenio que se reunirá trimestralmente. A resolución desta comisión será vinculante para as partes.

Artigo 27º.-Comisión de vixilancia.

O control sobre os cumprimentos das cláusulas deste convenio, e, en xeral, de cantas cuestións se deriven da súa aplicación del, serán exercidas polo comité de empresa, asesorado neste labor polos demais asinantes sinalados no artigo seguinte.

Artigo 28º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son:

*Pola parte empresarial, os representantes da empresa Eulen, S.A.

-José Félix Valderrey de la Huerga.

-Alonso Rodríguez Galego.

*Pola parte social, os representantes da central sindical CIG.

-Ana Penedo González.

-Mercedes Amoedo Tabares.

-Rosa Fandiño Arcos.

*Asesor da parte social:

Manuel Currás Meira pola CIG.

Disposición adicional

Ambalas dúas partes, recoñecendo a cooficialidade da lingua galega, redactan o presente convenio en galego, solicitando a súa publicación no dito idioma, en cumprimento do disposto na Lei de normalización lingüística.

ANEXO I

Salarios

CategoríaS. baseC. destinoC. específicoC. Pro. Fi.CPRDTotal

Encarg. xeral (NDO3)78.65146.63017.02006.0032.030.210
Encarg. edificio (ND17)78.65138.673013.7216.3311.883.160
Oficial Crist. (NE06)71.80230.714022.5045.4581.770.768
Limpador/a (NE10)71.80230.714011.7465.4581.641.672

ANEXO II

Antigüidade

CategoríaTrienio

Encarg. xeralG.D.2.340
Encarg. edificioG.D.2.340
Oficial Crist.G.E.1.755
Limpador/aG.E.1.755

ANEXO III

Nocturnidade: grupo D-E; semana 1ª e 2ª: 10.278

Todos; semana 3ª e 4ª: 8.510

Importe mensual: 40.384

ANEXO IV

Domingos e festivos: tódalas categorías: 2.838

ANEXO V

Plus de quenda

Grupo CategoríaQuenda fixaQuenda/Rot.

simple

DEncarg. xeral3.1055.693
DEncarg. edificio3.1055.693
EOf. Crist.2.5884.658
ELimpador/a2.5884.658

5878