Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de outubro de 1996 pola que se clasifica como mixta a Fundación Celta de Vigo.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Celta de Vigo, con domicilio en Vigo.

Supostos de feito.

1. Camilo Prado Freire, na súa calidade de representante legal da fundación, en escrito de 22 de xullo de 1996, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, o día 17 de xullo de 1996 ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña José María Rueda Pérez co número mil seiscentos trinta e un do seu protocolo, por Horacio Gómez Araújo, Francisco Javier Alonso Fernández, Manuel Barros Rial, Roberto Prieto Baena, Fernando Mosquera Herrero,

Fidel Álvarez Fernández, Alfredo Rodríguez Millares, Camilo Prado Freire e José Antonio Rodríguez González no seu propio nome e dereito facéndoo ademais Francisco Javier Alonso Fernández en nome e representación de Francisco Hernández Vallejo, complementada por outra outorgada en Vigo o día 4 de outubro de 1996 ante o mesmo notario co número dous mil douscentos setenta e un do seu protocolo.

3. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos o obxecto e finalidade da fundación é, entre outros, fomenta-lo desenvolvemento do deporte en tódolos seus ámbitos.

4. O padroado da fundación estará constituído por Horacio Gómez Araújo como presidente, Francisco Javier Alonso Fernández como vicepresidente, Roberto Prieto Baena como secretario e Manuel Barros Rial, Fernando Mosquera Herrero, Fidel Álvarez Fernández, Camilo Prado Freire, Alfredo Rodríguez Millares, Francisco Hernández Vallejo e José Antonio Rodríguez González como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación Celta de Vigo, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 14 de outubro de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Celta de Vigo e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9605782