Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente do convenio coelctivo de limpeza de edificios e locais que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-7-1996 suscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais e, da parte social, por CIG e CC.OO. o día 5-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 2a4 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carable Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de limpeza de edificios e locais

A Coruña

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

Este convenio regulará as relacións de traballo entre as empresas dedicadas á contratación da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña e os seus

traballadores/as, a relación laboral básica dos cales está establecida na ordenanza laboral de traballo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores/as que presten os seus servicios nas empresas descritas no ámbito funcional, ou que sexan contratados durante a súa vixencia, tanto por empresas establecidas como polas que se establezan no futuro.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Con independencia da súa publicación no BOP, este convenio terá unha vixencia de dous anos desde o 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1997.

Ámbalas partes someteranse á posible negociación do convenioo galego do sector.

Artigo 4º.-Denuncia.

O presente convenio deberá denunciarse, por calquera das partes antes dos tres meses últimos de 1997.

Artigo 5º.-Prórroga.

O presente convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano se ningunha das partes o denunciase ó se termo ou ó dalgunha das súas prórrogas.

No caso de prorrogarse por un nao, efectuarase un aumento salarial, equivalente ó incremento porcentual do IPC no seu conxunto estatal nos doce meses anteriores.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria constituirase no momento da sinatura do presente convenio. Esta comisión paritaria, constituída por cinco empresarios e cinco traballadores será o organismo que terá por función vixiar e interpreta-lo cumprimento de cada un dos pactos que interveñen e constitúen a normativa do vixente pacto colectivo. Así mesmo, terá dentro das súas funcións todo o concernente á formación profesional.

A comisión paritaria quedará compsota polas seguintes persoas:

-Parte empresarial:

* José Luis Fernández Gonzálkez.

* Ramón Salgado Fuentes.

* José Félix Valderrey de la Huerga.

* Arsenio Mezquiriz Andrade.

* Ubaldo Perez Rodríguez.

-Parte social:

* Luis Soto Sabio (CIG).

* Antonia Mosquera Otero (CIG).

* Jaime Figueroa Trigo (CIG).

* Victoria Pumar Carrón (CC.OO.).

* Mª Dolores Vázquez Veiga (CC.OO.).

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que con anterioridade á sinatura do convenio desfrutasen de mellores condicións, conside

radas en conxunto e cómputo anual, que as aquí pactadas, conservaranas.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

A xornada máxima será de 39 horas semanais de traballo efectivo, sendo distribuídas a elección de cada empresa; da súa distribución terá coñecemento o persoal. Esta distribución farase por traballador e a xeito de calendario, o cal deberá ser asinado polo traballador afectado e o seu representante. A xornada estará dividida en quenda de mañá, tarde e noite, sen que ningún traballador poida realizar máis de dúas quendas.

Establécese, a partir do 1-1-1998 o día de Sábado Santo como día festivo e non recuperable. A aqueles traballadores que por necesidades do servicio non puideran desfrutar este día daráselles outro día de descanso en compensación. Este día será sinalado pola emrpesa dependendo das necesidades do servicio.

Considerase como un mesmo centro de traballo as rutas e os comprendidos dentro dunha mesma zona comercial.

Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo terán preferencia para o incremento da xornada laboral, antes de novas contratacións, os traballadores que presten servicios no dito centro e non teñan a xornada completa. Caberán excepcións cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas. O plus de antigüidade correspondente á xornada de aumento comezará a computarse a partir da data na que se fixo efectivo o aumento de xornada.

Artigo 9º.-Descansos.

Todo traballador de xornada continuada terá dereito a un descanso de quince minutos obrigatorios, computable para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

Artigo 10º.-Período de proba.

O período de proba quedará establecido nas seguintes formas:

a) Persoal obreiro ou subalterno: 15 días.

b) Persoal técnico e administrativo: 2 meses.

c) Persoal titulado: 2 meses.

Artigo 11º.-Traballos de categoría superiro.

No caso de que por necesidade da empresa se fixasen traballos de categoría superior, percibiranse os salarios correspondentes a esta categoría.

Artigo 12º.-Vacacións.

Serán de trinta días naturais para tódolos traballadores e traballadoras afectados por este convenio, retribuídas de acordo co salario base, antigüidade e plus de asistencia, así como o 50% do plus de nocturnidade que se viñese percibindo.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, agás no caso de liquidación de contrato ou despedimento. As vacacións desfrutaranse por cada ano natural de servicio. No caso de que un traballador ou traballadora se empregue no transcurso do ano ou deixe

a empresa no transcurso del, desfrutará do tempo de vacaciuóns, segundo vínculo coa empresa.

O desfrute das vacacións anuais será rotatorio e ningún traballador estará obrigado a desfruta-las vacacións no inverno durante dous anos consecutivos, entendendo como meses de inverno tódolos do ano agás os de xuño a setembro, ambos inclusive.

Aqueles traballadores que rpesten servicios para máis dunha empresa, estas deberán poñerse de acordo á hora de sinala-lo período de vacacións destes traballadores. No caso de falta de acordo establecerase como período vacacional aquel que se sinale na empresa para a que preste servicios con maior xornada.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

As empresas darán obrigatoriamente licencias retribuídas, como se de traballo efectivo se tratasen, a tódolos traballadores que o soliciten, polos seguintes motivos:

-Por matrimonio: vinte días.

-Por matrimonio de fillos ou irmáns: un día.

-Por enfermidade grave do cónxugue, pais, fillos, parto do cónxugue, morte do cónxugue, pais, irmáns, irmáns políticos, sogros, avós, fillos e xenros/noras: tres días naturais.

Se fose fóda da localidade: catro días.

-Cumprimento dun deber público ou para asistir ó médico: o tempo necesario.

-Cambio de enderezo: 1 día natura. Se fose fóra da localidade: dos días naturais.

-Por exames: o tempo necesario.

-Asistencia a xuízos: o tempo necesario.

-A muller traballadora ten dereito a dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables por parto múltiple, ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que polo menos seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso delas o pai o coidado do fillo.

Artigo 14º.-Licencias non retribuídas.

Durante o ano concederanse sete días de licencias non retribuídas, segundo as necesidades dos traballadores. Estas licencias non se poderán fraccionar en máis de dous períodos.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

As emrpesas darán desde o primeiro día de traballo pezas de roupa de protección, hixiene e traballo que fosen necesarias segundo o que prescribe a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo; ademais e obrigatoriamente entregaranse, como mínimo, dúas fundas ou pezas de traballo por ano de servicio.

Artigo 16º.-Vestiarios.

A empresa virá obrigada a solicitar de cada un dos seus clientes que se facilite un cuarto apropiado ás necesidades de persoal.

Artigo 17º.-Salarios.

Durante 1996 os traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio percibirán os salarios estipulados na táboa anexa que son o resultado de aplicar un incremento do 3,5% ós salarios de 1995.

Para o segundo ano de vixencia aplicarase unha suba equivalente ó IPC previsto dese ano, e despois de revisadas as táboas salariais, se procede.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Aboarase un compleemtno persoal de antigüidade fixado en trienios do 4 por 100 do salario base, cos límites establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Plus de aistencia.

Establécese para 1996 un plus de asistencia na contía de 6.911 pesetas mensuais para tódolos traballadores e traballaodras calquera que sexa a súa idade.

No caso de faltar ó traballo 1 día ou 2 medios sen xustificar descontarase a totalidade do plus. No caso de enfermidade descontarase a parte proporcional ós días faltados, coas excepcións que quedan recollidas no artigo 37º do convenio.

Artigo 20º.-Plus de transporte.

Establécese para 1996 un plus de transporte de 1.100 pesetas mensuais para cada un dos traballadores e categorías da táboa salarial anexa.

Para 1997, este plus aumentarase na contía resultante de aplica-lo 1% ó salario anual vixente.

Este plus percibirase nas doce mensualidades, e a pro rata da xornada realizada.

Artigo 21º.-Anticipos.

Os traballadores terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o cobramento dos salarios, anticipos a conta do traballo xa realizado, non podendo ser superior ó 90 por 100 do realmente traballado. Entenderase como salario o correspondente a unha mensualidade, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: si a súa realización.

b) Horas extraordinarias habituais: supresión.

c) Horas extraordinarias estructurais, que serán as necesarias por contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural ou técnico da propia natureza da actividade: mantemento, sempre que non quede a utilizaciónd as distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

d) En relación ó obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do E.T. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave.

As horas extraordinarias serán abonadas cun 25% de recargo por encima do valor da hora ordinaria. Ó persoal que viñera cobrando as horas extras nunha contía superior á aqui establecida, respectaráselle esa contía a nivel individual.

Artigo 23º.-Pagamento de salarios.

As retribucións mensuais serán abonadas polas empresas dentro dos catro primeiros días de cada mes. A empresa concederá unha hora para o cobramento cando se faga por talón ou transferencia bancaria.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá unha gratificación o día 15 de xullo e outra en Nadal, na contía de trinta días de salario base máis a antigüidade.

As ditas retribucións serán da contía fixada na táboa anexa.

As pagas extras percibiranse na súa integridade, independentemente de que o traballador ou traballadora estivera en situación de IT por calquera causa.

Artigo 25º.-Gratificación en concepto de beneficios.

Consideraranse como tales e na contía de trinta días de salario base máis antigüidade, segundo a táboa anexa a cada categoría. Ó persoal que cese ou ingrese no transcurso do ano aboaráselle este complemento salarial a pro rata do tempo de servicio. A dita paga aboarase como data tope o 1 de outubro.

Ó igual que nas recollidas no artigo anterior, a paga de beneficios percibirase na súa integridade independentemente de que o traballdor ou traballadora estivera en situación de IT por calquera causa.

Artigo 26º.-Axudas de custo.

Establécese un importe mínimo para as axudas de custo establecidas no atigo 42 da ordenanza laboral de 5.143 pesetas cando se teña que comer e pernoctar fóra de casa, de 3.086 pesetas cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.736 pesetas cando se realice unha soa comida.

Artigo 27º.-Nocturnidade.

Fíxase un plus de traballo nocturno dun 30 por 100 do salario base da táboa anexa para tódolos traballaodres que presten os seus servicios entre as 22 e as 6 horas.

Todo o persoal que traballe máis do 80% da súa xornada en horas nocturnas cobrarán o plus de nocturnidade sobre o 100 por 100 do salario base mensual.

Artigo 28º.-Revisión salarial.

Sempre que o IPC correspondente ó ano 1996 supere o 4% realizarase unha actualizaciónd e táboas salariais con vixencia desde o 1-1-1997. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 1997.

Sempre que o IPC correspondente ó ano 1997 supere o IPC inicialmente previsto, utilizado para a confección das táboas salariais a principios de ano, realizarase unha actualización de táboas salariais con vixencia desde o 1-1-1998. Estas táboas actualizadas servirán de base para a confección das táboas salariais para o ano 1998.

Artigo 29º.-Cláusula de revisión salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria.

2. Representación dos traballadores.

3. AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica para a súa repercusión no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderán pactarse reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine, neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tiveran acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, sixilo profesional.

Artigo 30º.-Seguro de vida.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo a favor de todo o persoal por un capital de 2.000.000 de pesetas para as continxencias de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez derivadas calquera delas de accidente laboral, incluído o accidente in itinere.

Artigo 31º.-Embarazos.

Durante a época de embarazo por prescrición médica ou indicación do mesmo facultativo a traballadora ocupará un posto de menos esforzo.

Artigo 32º.-Servicio militar.

Durante o tempo en que o traballador preste o servicio militar voluntario ou obrigatorio, ou a prestación civil substitutoria, terá os seguintes dereitos:

a) Reserva do posto de traballo, que se estenderá a dous meses posteriores á licencia.

b) Cómputo deste tempo para a antigüidade.

Artigo 33º.-Xustificantes médicos.

Será obrigación da empresa proporcionarlle a cada centro de traballo os volantes de asistencia para uso dos traballadores no caso de enfermidade. O dito volante, selado e asinado polo médico e cuberto por el, deberá ser suficiente como xustificante do tempo de ausencia do traballador.

Artigo 34º.-Revisión médica.

A revisión médica anual e obrigatoria será por conta da empresa.

Artigo 35º.-Seguridade e hixiene.

Será de aplciación a vixente Lei de prevención dos riscos laborais.

As emrpesas recoñecen o dereito dos empregados a traballar nun medio exento de riscos de acoso sexual e comprométense a non permitir nin tolerar ningún comportamento desta natureza.

Acoso sexual: denomínase acoso sexual aquelas conductas verbais ou físicas de natureza sexual que son consideradas ofensivas e non desexables pola persoa que as sofre.

As persoas comprométense a tratar con discreción e prontitude as reclamacións que se presenten por este motivo tanto de xeito persoal ou a través dos comités de empresa ou delegados de persoal.

Tamén se comprometen a non exceder ningún tipo de represalias sobre as persoas que sufran ou denuncien actuacións deste tipo.

Artigo 36º.-Adscrición do persoal.

1. O termo da concesión dunha contrata de limpeza os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a ser adscritos á nova titular da contrata quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores en activo que presten servicios no dito centro cunha antigüidade mínima de seis meses, sexa cal fose a modalidade do seu contrato.

b) Traballadores que no momento do cambio de titularidade da contrata se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou en situación análoga, sempre e cando prestasen os seus servicios no centro de traballo de subrogación con anterioridade á suspensión do contrato de traballo, e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartasdo a).

c) Traballadores que con contrato de interinidade substitúan a algúns dos traballadores mentados no apartado anterior.

d) Traballadores de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporan ó centro do traballo como consecuencia de ampliaciónd da contrata, dentro dos últimos seis meses.

e) O persoal incorporado polo anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses seguirá pertencendo á dita empresa e non se producirá a subro

gación citada agás que se acredite a súa nova incorporación ó centro e á empresa.

2. Tódolos supostos anteirormente citados deberán acreditarse, de maneira que faga fe, e documentalmente pola empresa saínte no prazo de cinco días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contará desde o momento no que a empresa entrante comunique de maneira que faga fe á saínte e á Asociación Provincial de Empresariso de Limpeza da Coruña, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir este requisito, a empresa entrante, automaticamente, e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento que se produza a subrogación do mesmo á nova adxudicataria.

3. Non caberá a subrogación no caso dun contatista que realice a primeira limpeza e non suscribise contrato de mantemento.

4. Se a subrogación dunha nova titular da contrata, implicase que un traballador realizase a súa xornada en dous centros distintos afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares das mesmas xestións o pluriemprego legal do traballador, así como o desfrute conxunto de período vacacional, aboándose pola empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará o finiquito, se se segue traballando para a empresa.

5. A aplciación deste artifgo será de obrigado cumprimento ás partes que vincula: empresa censante, nova adxudicataria e traballador.

Non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo no caso de que a emrpesa adxudicataria do servicio o suspendese por un período inferior a dous meses o dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que lle terá que facilita-la empresa saínte á entrante:

-Documento de adscrición (anexo II).

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente do pagamento da Seguridade Social.

Fotocopias das 4 últimas nóminas do persoal afectado.

-Fotocopias dos TC1 e TC2 de cotización á Seguridade Social dos 4 últimos meses.

-Copia do último contrato de traballo e as súas prórrogas, no caso de existir.

-Relación do persoal na que se especifique nome e apelidos, enderezo, nº de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das súas vacacións, copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento

da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar no poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio como nova titular.

Artigo 37º.-Contratos de aprendizaxe.

Os contratos de aprendizaxe regulados pola normativa vixente non serán de aplicación ás categorías laborais de peóns e limpadores.

A remuneración do persoal aprendiz será a correspondente a aplica-lo tanto por cento que establece a lei citada sobre o salario establecido para cada categoría no presente convenio.

Artigo 38º.-Contratos eventuais por circunstancias do mercado.

De conformidade co establecido no artigo 15.1.b) do Estatuto dos traballadores, o contrato por circunstancias do mercado, a que se refire o dito artigo, poderá celebrarse por períodos que, individualmente ou en conxunto, non superen os doce meses dentro dun período de 15 meses.

No suposto de non producirse a extinción á terminación da vixencia máxima del, se o traballador segue prestando servicios á empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato só sera de aplicación para o persoal que preste servicios directamente para as empresas do sector, nunca ós de empresas de traballo temporal.

Artigo 39º.-Incapacidade laboral transitoria.

Os traballadores afectados polo presente convenio que causen baixa por accidente laboral percibirán o 100 por 100 do salario convenio desde o primeiro día de baixa.

Así mesmo, percibirán o 100 por 100 do salario convenio desde o primeiro día de baixa ata un máximo de catro meses, os traballadores que causen baixa de IT con hospitalización ou por intervención cirúrxica, independentemente de que parte do dito período estivese hospitalizado e parte de convalecencia domiciliaria.

O plus de asistencia, as pagas extras e a paga de beneficios non se verán afectadas no seu importe habitual polas situacións de IT derivadas de accidente de traballo. Tampouco se verán afectados no seu importe polas baixas de IT recollidas no parágrafo anterior durante o período e nas condicións sinaladas nel. Con respecto á IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral terase en conta o disposto nos artigos 24 e 25 do presente convenio, en relación co aboamento das pagas extraordinarias e gratificación de beneficios.

Artigo 40º.-Xubilación especial ós 64 anos.

No caso de que os traballadores, acolléndose ó Real decreto lei 14/1981, do 4 de agosto, opten á modalidade especial de pensión por xubilación ós 64 anos de idade ás empresas afectadas por este convenioo, obríganse a substituír simultaneamente ó traballador xubilado por outro que sexa titular do dereito a calquera das prestacións por desemprego ou mozo demandante do primeiro emprego.

Artigo 41º.-Dereitos sindicais.

As empresas incluídas no ámbito funcional deste convenio, descontarán na nómina mensual dos traballadores, a petición destes, o importe da cota sindical correspondente. Para o cal, os traballadores interesados remitiranlle á dirección da empresa un escrito no que expresarán con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato á que pertencen, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta de aforros do banco ou caixa de aforros para poder ser transferida a citada cantidade.

Os traballadores que ostentando a condición de representantes sindicais realicen a súa xornada laboral en horas nocturnas poderán desfruta-las horas sindicais que puideran corresponderlles na xornada laboral anterior ou posterior de común acordo coa dirección da empresa e seguindo en todo caso criterios organizativos.

Seccións sindicais: amplíase ás empresas de 50 ou máis traballadores tódolos dereitos sobre seccións sindicais da emrpesa os estipulados na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Quen obteña cargos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas organizacións sindicais terán dereito á excedencia forzosa, con reserva do posto de traballo e reingreso automático. Así mesmo terán dereito á asistencia e ó acceso ós centros de traballo para participar en actividades propias do seu sindicato ou do conxunto dos traballadores, logo de comunicación ó emnpresario e sen que o exercicio deste dereito poida interrompe-lo desenvolvemento normal do proceso productivo.

As empresas facilitarán na medida das súas posibilidades a realización de asembleas cando fose necesario, naqueles centros que reúnan condicións para iso e nos demais centros facilitaranlles ós traballadores a asistencia ás ditas asembleas cando se realicen noutro lugar. O exercicio deste dereito non afectará á xornada laboral polo que será recuperable o tempo de traballo que se vexa afectado pola realización das mentadas asembleas.

Polo demais, as competencias e garantías da representación dos traballadores será a establecida nos artigos 64 e 68 do E.T. e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 42º.-Normas supletorias.

Considéranse como normas supletorias as de carácter xeral e a ordenanza laboral.

No caso de que na vixencia deste convenio se producise a derrogación da ordenanza laboral sen ser subscrito un convenio marco ou norma equivalente, as partes comprométense a manter vixentes os textos da actual ordenanza laboral ata que sexa substituída.

Artigo 43º.-Salario mínimo de convenio.

Para 1996, as partes asinantes do presente convenio colectivo consideran copmo salario mínimo de convenio para os traballadores e traballadoras de xornada completa, maiores de 18 anos e en activo, o correspondente á categoría laboral de peón, que queda establecido en

1.356.933 pesetas brutas anuais distribuidas en soldo base, plus de asistencia, plus de transporte e pagas extras.

Artigo 44º.-Solución de conflictos.

As partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del, acordan someterse ás disposición contidas no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), nos propios termos en que están formuladas.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Todo o establecido neste convenio estará vixente e de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado polas partes. Non obstante, para favorece-lo interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á de vixencia normal do convenio.

Segunda.-As partes negociadoras deste convenio comprométense ó remate da negociación, a establece-los mecanismos necesarios para negociar un convenio do sector de ámbito galego.

Terceira.-As partes asinantes deste convenio comprométense a crear unha comisión técnica composta por tres representantes da parte empresarial e tres da parte social, co fin de estudia-lo contido do artigo 18 do presente convenio.

ANEXO I

Táboa salarial 1996

Administrativos:
Xefe de primeira125.0241.971.488
Xefe de segunda120.3531.901.423
Caixeiro117.5331.859.123
Oficial de primeira113.3011.795.643
Oficial de segunda101.1971.614.083
Auxiliar92.7341.487.138
Telefonista90.1361.448.168
Cobrador90.1361.448.168

Mandos intermedios:
Encargado xeral116.3671.841.633
Encargado de zona108.2181.719.398
Encargado de sector103.8391.653.713

Subalternos:
Ordenanza84.2771.360.283
Almaceneiro82.7361.337.168
Mozo de recados66.9421.100.258

Persoal de limpeza:
Encargado2.9541.440.198
Responsable de equipo2.8141.376.498
Especialista3.1901.547.578
Conductor-limpador3.3391.615.373
Peón especialista2.8401.388.328
Peón2.7711.356.933
Limpador2.7711.356.933

ANEXO II

Documento de adscrición

EmpresaNº Seg.Soc.

EnderezoCIF

Centro de traballo

TraballadoraNº Seg.Soc.

DomicilioDNI

Data de antigüedadeCategoría laboral

Xornada diariahoras

Minutos xornada semanalhorasminutos

Horario de traballo: dea

dea

Observacións

Pola empresa O traballador/a

5836