Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.361

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal o día 26-6-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial

Quinto convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriais, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo é o que regulará as relacións laborais entre a empresa Cuarzos Industriales, S.A. e os seus traballadores do centro de traballo da mina Sonia, no Barqueiro.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 3º.-Prelación de normas.

O articulado do presente convenio colectivo respecta a Lei 8/1980, do 10 de ma do Estatuto dos traballadores e normas que o desenvolven.

Este convenio aplicarase con prioridade ó Estatuto do mineiro do 21 de decembro de 1983.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

En caso de non mediar denuncia de calquera das partes afectadas cunha anticipación inferior a dous meses ó final da súa vixencia, o convenio quedará prorrogado por períodos dun ano, sen máis modificacións cás que resulten de actualiza-la táboa salarial pactada para 1997.

Denuncia formalizarase por escrito e remitiráselle á representación legal da outra parte.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións pactadas neste convenio compensarán e absorberán calquera outra que exista á súa entrada en vigor, sexa cal for a súa natureza ou a orixe da súa existencia, así como as que se poidan establecer por normas publicadas durante a súa vixencia, a non ser que estas formen un conxunto máis beneficioso para o traballador consideradas en cómputo anual, caso no que substituirán integramente este convenio.

Artigo 6º.-Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio ou que se pacten durante a súa vixencia a título persoal, sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, superen as establecidas neste convenio, debido á condición que ten de normas mínimas de relación tanto no que se refire ó social como ó económico.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forma un todo orgánico e indivisible para efectos da súa correcta aplicación práctica, con vinculación á totalidade e consideradas globalmente.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do convenio.

Esta comisión estará formada por dous representantes, un designado polo persoal e o outro pola empresa.

A comisión entenderá das seguintes cuestións:

a) A interpretación do convenio.

b) A arbitraxe nas cuestións que as partes sometan á súa consideración.

c) As demais que se lle atribúen no convenio.

As accións individuais ante calquera organismo ou tribunal deben ir precedidas dunha actuación da dita comisión.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Facultade organizativa.

A organización do traballo, respectando as normas e lexislación vixente, é facultade exclusiva da dirección da empresa, por tanto esta poderá adoptar libremente cantas medidas crea necesarias para alcanzar unha maior eficacia e rendemento.

A empresa adoptará un sistema de distribución do traballo que facilite a formación profesional e técnica dos traballadores, coa obriga por parte destes de completar e perfecciona-los ditos coñecementos fóra do horario laboral.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións e permisos

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores afectados por este convenio.

Enténdese por puntualidade a presencia do persoal ás horas de comezo da xornada no seu posto de traballo e coa roupa de traballo posta, así como non abandona-lo posto de traballo antes das horas de terminación.

Artigo 11º.-Tempo de bocadillo do persoal de quenda.

O persoal de quenda disporá de 20 mintuos para toma-lo bocadillo e considerarase tempo efectivo de traballo. Co fin de non prexudica-la producción, este tempo desfrutarase de forma gradual.

Artigo 12º.-Vacacións.

A duración das vacacións establécese para todo o persoal en 30 días naturais, percibindo durante elas o salario base, antigüidade, prima variable e o plus de asistencia correspondente ós días que, de estar traballando, tería percibido o traballador.

O persoal de novo ingreso desfrutará da parte proporcional ó tempo traballado durante o primeiro ano.

Procurarase non interrompe-las vacacións dos traba-, ladores unha vez iniciadas.

Cando non exista prexuízo para a organización dos traballos, intentarase que tódolos traballadores que o

desexen poidan desfrutar de 15 días de vacacións durante o período de maio a setembro, ambos inclusive.

O cadro de vacacións confeccionarase durante o mes de xaneiro de cada ano, téndose en conta a táboa de substitucións nos postos de traballo e establecéndose rotación anual no dereito de elección, dentro dos cinco meses arriba indicados.

Artigo 13º.-Permisos retribuídos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Nacemento de fillos: 5 días naturais.

c) Enfermidade grave, hospitalización, falecemento do cónxuxe, pais ou fillos: 5 días naturais.

d) Enfermidade grave, hospitalización, falecemento doutros parentes ata o segundo grao: 2 días naturais.

e) Traslado de domicilio: 2 días naturais.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 14º.-Réxime de retribucións.

O incremento salarial para o ano 1996 aquí pactado é do 4%, calculándose este sobre as táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1995, excepto pola antigüidade.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se unen como anexo I ó presente convenio.

En caso de que o IPC correspondente a 1996 supere o 4%, a diferencia en porcentaxe aplicarase sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-1995 e acumularase ós importes das táboas do anexo I confeccionando unha táboa revisada que servirá de base para calcula-los soldos correspondentes ó ano 1997.

Artigo 15º.-Salario base.

Devengarase por día natural e a súa contía mínima para cada categoría figura no anexo I.

Artigo 16º.-Prima variable.

Devengarase por día natural e a súa contía mínima para cada categoría figura no anexo I.

Artigo 17º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Devengarase por día de traballo efectivo. Para ter dereito a este plus cómpre comparecer puntualmente ó traballo.

Cada falta de puntualidade levará consigo a perda do cincuenta por cento do plus de asistencia e puntualidade de 10 días.

Cada falta de asistencia non xustificada levará consigo a perda do plus de asistencia do mes.

Artigo 18º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistente no aboamento dos bienios ó 4% e quin

quenios ó 7%, servindo como módulo para o cálculo da antigüidade o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento. No anexo II figura a táboa correspondente ó ano 1996, en base mensual e diaria.

Artigo 19º.-Plus por traballo a quendas.

O persoal que traballe a 2 quendas con xornada de 6 a 14 e de 14 a 22 percibirá un plus de 350 ptas. por día que traballe en réxime de quenda.

Artigo 20º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 23 ptas. por cada km efectivamente percorrido de ida e volta e por cada xornada laboral sen exclusión.

Este plus só se lles pagará ós traballadores que vivan nun radio superior a 5 km da mina.

Este plus non se pagará naqueles casos en que a empresa poña medios propios de transporte para o traslado dos traballadores desde as paradas que se establezan ata o centrdo de traballo.

O cambio de domicilio a outro máis afastado non xerará o dereito a percibir ou incrementar este plus.

Artigo 21º.-Paga de minería.

A súa contía estará en función das vendas do mineral de granulometría Standard 30-150 mm. Establécese un tramo fixo ata as 100.000 tm anuais, ó que lle corresponde un importe de 65.000 ptas. lineais, que se aboará sexa cal for o nivel de vendas. Se se superan as 100.000 tm, esta papeg incrementarase a razón de 1 pta. por cada tm de mineral Standar 30-150 mm vendido, por encima do dito tramo fixo.

O aboamento desta paga realizarase como segue:

Entre os días 15 e 20 de marzo o tramo fixo de 65.000 ptas.

Coa nómina correspondente ó mes de setembro de cada ano aboarase o tramo variable.

Entre os días 15 e 20 de marzo o tramo fixo dºe65.000 ptas.

Coa nómina correspondente ó mes de setembro de cada ano aboarase o tramo variable.

No ano 1996, o tramo variable abranguerá o período de xaneiro a agosto de 1996; para o ano 1997 o cómputo farase sobre as tm vendidas no período de setembro de 1996 a agosto de 1997.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

Ademais da paga da minería, os traballadores percibirán dúas pagas extraordinarias entre os días 15 e 20 dos meses de xullo a decembro; o importe de cada unha delas estará formado por salario base e antigüidade, correspondentes a un mes de 30 días. Ó persoal en situación de ILT consideraráselle ese tempo como de permanencia para efectos da percepción destas pagas.

Os traballadores que ingresen ou cesen na empresa no transcurso do ano percibirán estas pagas proporcionalmente ó tempo de permanencia. Para efectos de cálculo considéranse devengadas as de xullo polo perío

do xaneiro-xuño e a de decembro polo de xullo-decembro.

Artigo 23º.-Festividade de Santa Bárbara.

O persoal que por necesidades de producción, mantemento ou embarques traballe o día de Santa Bárbara, ademais do salario que lle corresponda, percibirá unha gratificación de 6.500 ptas.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

Co fin de favorece-la creación de emprego, e de acordo co estipulado no artigo 9 do Real decreto 3255/1983, Estatuto do mineiro, ámbalas partes acordan reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, que se realizarán obrigatoriamente por petición da empresa nos seguintes casos:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos urxentes, así como no caso de risco grave de perda ou deterioración de materias primas. Nestes casos, de acordo co artigo 35.3º do Estatuto dos traballadores, non se terán en conta para efectos da duración da xornada, nin para o cómputo das horas extraordinarias autorizadas.

b) Horas extraordinarias por períodos punta de producción, embarques de mineral, ausencias imprevistas, apertura e saneamento de frontes de explotación, cambios de quenda, pedidos non programados, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal.

A empresa informará mensualmente o delegado dos traballadores sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando a súa causa e distribución.

A compensación económica realizarase polos importes sinalados no anexo I, e poderá ser substituída, sempre que exista acordo entre as partes, polo desfrute de tempo de descanso a razón dunha hora e corenta e cinco minutos por cada hora realizada.

Artigo 25º.-Desprazamentos.

Para os casos de desprazamento dos traballadores por necesidades da empresa, establécese unha axuda de custos para desprazamento de 1.500 ptas. por cada día que o traballador deba penoctar fóra do seu domicilio.

Esta axuda de custos é complementaria do aboamento por parte da empresa dos gastos de locomoción, aloxamento e comidas.

Cando a empresa teña que desprazar persoal, avisará con 36 horas de anticipación, sempre que isto sexa posible, e adiantará o diñeiro necesario para facer fronte ós gastos de estadía e viaxes.

O tempo investido extra nos desprazamentos considerarase tempo efectivo de traballo.

Artigo 26º.-Condicións económicas para o segundo ano.

Para 1997 tódolos conceptos retributivos e demais percepcións incrementaranse nun 4% con excepción da antigüidade, que se rexerá polo artigo 18º deste convenio.

Artigo 27º.-Pagamento de haberes.

O pagamento de salario efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ó de devengo. O pagamento efectuarase por transferencia bancaria.

Capítulo V

Outros dereitos profesionais

Artigo 28º.-Complemento de accidente de traballo.

En caso de accidente de traballo, producido no posto de traballo, a empresacomplementará a prestación de accidente ata alcanza-lo 100% do salario base, antigüidade, plus de asistencia e prima variable.

Artigo 29º.-Seguro colectivo de accidente.

Cuarzos industriais, S.A. subscribirá unha póliza de grupo de accidentes persoais para tódolos seus traballadores, que cubrirá as seguintes continxencias:

a) Por morte do traballador derivada de accidente, o capital asegurado ascende a 4.500.000 ptas.

b) Por incapacidade permanente absoluta, o capital asegurado ascende a 4.500.000 ptas.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Non obstante o exposto anteriormente, a indemnización sexa percibida con cargo ó contrato do seguro de accidentes que voluntariamente se contén neste convenio considerarase como entregada a conta da indemnización que, se é o caso, puideran declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, compensándose ata onde alcance.

Artigo 30º.-Medicina de empresa.

Será realizado obrigatoriamente un recoñecemento médico anual, como mínimo, a todo o persoal da empresa polos médicos da mutua FREMAP.

Ademais realizaráselle con carácter obrigatorio un recoñecemento médico a tódolos traballadores con anterioridade ó seu ingreso na empresa e voluntariamente cando o solicite o traballador.

De acordo co artigo 2 do Estatuto do mineiro, realizarase unha revisión médica ó extinguirse a relación laboral.

Artigo 31º.-Seguridade e hixiene.

Comité de seguridade e hixiene. Son membros deste comité o director facultativo da mina e o delegado de prevención.

Este comité reunirase obrigatoriamente con carácter trimestral.

Son funcións deste comité:

a) Estudia-las condicións de seguridade e protección da saúde en todo o relacionado coa orde, limpeza, ambiente, máquinas, ferramentas e procesos laborais, informando a dirección da empresa dos defectos, riscos e perigos que advirtan e propondo, se é o caso, a adopción de medidas preventivas.

b) Informa-los traballadores sobre o contido das normas de seguridade vixentes en cada momento.

c) Promove-la observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos laborais.

Artigo 32º.-Acción sindical e representación.

No referente a esta materia faise remisión expresa ó contido da lexislación en vigor: Estatuto dos traballadores, Estatuto do mineiro e lexislación concordante.

O delegado de persoal exercerá ante a empresa a representación para a que foi elixido, intervindo en 3 cuestións se susciten en relación coas condicións de traballo do persoal que representa e formulando reclamacións ante a empresa, a autoridade ral ou as entidades xestoras da Seguridade Social, segundo proceda, sobre o cumprimento das normas relativas á saúde e seguridade no traballo e Seguridade Social.

Artigo 33º.-Roupa de traballo e equipos de protección.

Tódolos traballadores da empresa teñen dereito a que esta os provexa da roupa de traballo, equipos de protección e calzado de traballo adecuados e necesarios para as condicións do traballo que realizan, de acordo coa lexislación vixente.

Os traballadores quedan obrigados á boa utilización, coidado e limpeza da ditpa e equipos.

Artigo 34º.-Réxime disciplinario.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia e efectos, en leve, grave e moi grave.

1. Constitúen faltas leves:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade (máis de 15 minutos de retraso), cometidas no período dun mes.

b) Non cursar no período oportuno a baixa médica cando se falte ó traballo por este motivo.

c) Abandona-lo posto de traballo, aínda por breve tempo, sen causa xustificada.

d) Faltar ó traballo un día ó mes, a non ser que se xustifique debidamente.

2. Constitúen faltas graves:

a) Máis de tres faltas de puntualidade cometidas nun período dun mes.

b) Faltar dous días ó traballo sen causa que o xustifique.

c) Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a marcha do servicio.

d) A desobediencia ó superiores en calquera materia relacionada co servicio propio na categoría e funcións que correspondan ó traballador.

e) A imprudencia en acto de servicio. Se implicase incumprimento das normas de seguridade e hixiene, risco de accidente para o traballador ou os seus com

pañeiros, ou perigo de avaría ou dano ás instalacións, podería cualificarse como moi grave.

f) A reincidencia en falta leve.

3. Constitúen faltas moi graves:

a) A fraude ou deslealdade nas xeóns encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa como ós compañeiros.

b) Facer desaparecer ou causar desperfectos en materias primas, ferramentas, maquinaria ou instalacións e bens da empresa.

c) Malos tratos de obra o falta de respecto e consideración a xefes, compañeiros ou subordinados.

d) Causar accidentes por neglixencia ou imprudencia.

e) Abandona-lo posto de traballo en postos de responsabilidade.

f) A diminución voluntaria continuada e demostrada no rendemento normal do seu labor.

g) A reincidencia en falta grave.

4. Sancións:

As sancións que se lle spoderán impor ós traballadores que incorran en faltas laborais serán as seguintes:

a) Faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo dun a quince días.

c) Faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a noventa días.

-Despedimento.

ANEXO I

Táboa salarial con efectos do 1 de xaneiro de 1996

CategoríaSalario

base diario

Plus

Asistencia

diario

Prima

variable

diaria

Valor hora

extra

Titulado medio3.4963201.463
Encargado3.112320860
Oficial 1ª-A2.9803205741.145
Oficial 1ª2.7673205181.124
Oficial 2ª,

Aux. Admtvo.

2.6643204581.088
Oficial 3ª2.5703204031-059
Peón Esp.2.5303203501.006

ANEXO II

Táboa de antigüidade para o ano 1996

2

anos

4

anos

9

anos

14

anos

19

anos

24

anos

31

anos

Porcentaxe4%8%15%22%29%36%43%
Base mensual25975194973814283188272337127916
Base diaria87173325476628779931

Salario mínimo interprofesional para o ano 1996: 64.920

5719