Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a prestación do servicio de limpeza de diversos centros de saúde de Lugo (C.P. 1/1996).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado F do artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxeto.

Centro de saúde de San Roque, Carril do Xuício s/n-Lugo; 921 m.

Centro de saúde de Islas Canarias, r/ Islas Canarias s/n-Lugo; 1.900 m.

Orzamento: máximo autorizado de seis millóns duascentas sesenta e dúas mil seiscentas vinte pesetas (6.262.620 ptas.), I.V.E incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: o comprendido entre as sinaturas do contrato, trala adxudicación e o 31-12-1996, sempre que comezase ou se manteña a realización da actividade no dito centro de saúde, tamén se podrá prevela súa modificación e prórroga por mutuo acordo das partes antes de finalizar aquel.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, Praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono (982) 29 62 29 e 29 62 19; fax (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional equivalente ó dous por cento do orzamento que se licita en calquera das formas que establece o artigo 36.1º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracions públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación.

Prezo: ata 7 puntos.

Caracteristicas funcionais: ata 3 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicions: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 10 de setembro de 1996.

Ascensión Yeguas Sánchez

Directora xerente de Atención Primaria

7481