A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado F do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites
administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.
Obxeto: centro de saúde de Viveiro, Ramón Canosa s/n; 2.000m.
Orzamento: máximo autorizado de catro millóns catrocentas mil pesetas (4.400.000 ptas.), IVE incluído.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.
Prazo de execución do contrato: o comprendido entre as sinaturas do contrato, trala adxudicación e o 31-12-1996, sempre que comezase ou se manteña a realización da actividade no dito centro de saúde, tamén se podrá preve-la súa modificación e prórroga por mutuo acordo das partes antes de finalizar aquel.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, Praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono (982) 29 62 29 e 29 62 19; fax (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional equivalente ó dous por cento do orzamento que se licita en calquera das formas que establece o artigo 36.1º da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.
Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracions públicas.
Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos de las administracions públicas.
Criterios de adxudicación.
Prezo: ata 7 puntos.
Caracteristicas funcionais: ata 3 puntos.
Clasificación: non se precisa.
Presentación de proposicions: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia
de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Lugo, 19 de setembro de 1996.
Ascensión Yeguas Sánchez
Directora gerente de Atención Primaria
7479