Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-158/1995 e LU-EC-15/1996, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de

Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Expediente LU-158/1995 conta nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

Expediente LU-EC-15/1996 conta nº 311-152-115/8-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-158/1995

Denunciado: José Vázquez Fernández.

DNI: 34.424.178

Último enderezo coñecido: rúa Lepanto, 29-2º, Ourense.

Feitos imputados: transportar animais no vehículo OR-9533-E, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria, do xustificante de limpeza e desinfección do vehículo e do documento de te-lo vehículo autorizado pola delegación provincial de Agricultura para transportar gando.

Precepto infrinxido: artigos 1, 7 e 12 do Decreto 355/1994 e 52 do Regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigos 212 e 215 do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 25.000

Expediente: LU-EC-15/1996

Denunciado: José Cabado Castiñeira.

DNI: 76.553.263

Último enderezo coñecido: Ousá (Friol).

Feitos imputados: non dispoñe-lo seu gando para a realización das probas correspondentes á campaña de saneamento gandeiro de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 113 do Regulamento da lei de epizootias e a Orde do 27 de abril de 1994.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 100.000

Lugo, 24 de setembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado Provincial de Lugo

7480