Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expedientes sancionadores de epizootias LU-287/1996 e LU-302/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa

defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-287/1996

Denunciado: Hilario Sánchez Rodríguez.

DNI: 34.137.971

Último enderezo coñecido: Outeiro-Noceda-O Incio.

Feitos imputados: transporta-lo día 14-8-1996 tres animais bovinos sen identificar invidualmente.

Precepto infrinxido: artigos 5º e 6º do R.D. 205/1996, 7º do Decreto 355/1994, e 26.1º da Orde do 23 de agosto de 1995.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-302/1996.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 202-1º D, A Rúa (Ourense).

Feito denunciado: transporta-lo día 3-9-1996, cen aves con destino á feira de Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: do 20 ó 30 por 100 do valor da res.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Lugo, 24 de setembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

7339