Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios consistente na realización de diverso material promocional da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito do comercio.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 10/1996.

Obxecto do contrato: realización de diverso material promocional da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito do comercio.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo máximo para a entrega e execución do obxecto do servicio será o 30 de decembro de 1996, e desenvolverase en dúas fases:

1ª fase: consistente na entrega das maquetas de vídeo e do folleto divulgativo á Dirección Xeral de Comercio e Consumo, rematando o seu prazo o 30 de novembro de 1996.

2ª fase: consistente na entrega do vídeo e do folleto divulgativo e rematará o seu prazo o 30 de decembro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 pesetas).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (196.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade:Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentaciónd e ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación a presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, adiarase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

7338