Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/60-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., subterránea e C.T. en caseta de 630 kVA.

Situación: A Choupana-Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V., 15/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 305 m de lonxitude, con orixe na liña Perillo-Lamastelle (expediente 29878) e final no C.T. que se vai instalar denominado Vista Alegre caseta na urbanización A Chopana. C.T. en edificio prefabricado de formigón, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV equipado con conxunto de celas compactas en SF (2 de liña e 1 de trafo). Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607271