Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., subterránea dobre e C.T. en r/ Angela B. de Soto.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea, en dobre circuíto, de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 200 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Antonio Ríos II (expediente 26835) e final no C.T. que se vai instalar denominado Angela B. de Soto. Centro de transformación de tipo interior, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado Angela B. de Soto, A Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 26 de setembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9607269