Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/63-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., subterránea e C.T. tipo superficie de 250 kVA na r/ Arcay.

Situación: Bembibre-Val do Dubra.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea, de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 550 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. campo da feira (expediente 51932) e final no C.T. que se vai instalar na rúa Arcay, Bembibre. Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, de 250 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV, con conxunto de celas compactas en SF6 (2 de liña e 1 de trafo). Val do Dubra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607268