Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Internacional Expreso, S.A., sita na rúa Valdoncel, 20 baixo, de Betanzos.

Visto o expediente instruído por instancia de Lorena María Alonso Real, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Internacional Expreso, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Valdoncel, 20 baixo de Betanzos (A Coruña), da axencia de viaxes Viajes Internacional Expreso,S.A., maiorista-retallista, co código identificativo C.I.C. MA nº 19, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa San Bernardo, 5 e 7.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora

da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Internacional Expreso, S.A., sita en Madrid, na rúa San Bernadardo, 5 e 7, da que é titular a entidade mercantil Viajes Internacional Expreso,S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Valdoncel, 20 baixo, en Betanzos (A Coruña), que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Victor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

7233