Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra de modificación do proxecto da ponte internacional sobre o río Miño en Arbo. Clave: N/PO/91.11.

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 6 de xuño de 1996, o estudio informativo modificación do proxecto: ponte internacional sobre o río Miño en Arbo, clave: N/PO/91.11., sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, a fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante a Subdirección Xeral de Estradas, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia; sinalándose que o citado estudio informativo pódese examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficinas,

na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes e na Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra, ambas pertecentes á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publciación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995 de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de sometemento a declración de efectos ambientais de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra e no concello afectado.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

Guillermo Grandío Chao

Director xeral de Estradas

7287