Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (84/1996-4).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia con data 2 de setembro de 1996, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 84/1996-4, por instancia de Ramón Folgar Pomar, para facer constar no rexistro da propiedade a continuación do tracto sucesivo interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Urbana: casa sinalada co número 1 da rúa Bonaval, desta cidade de Santiago de Compostela, de planta baixa e piso alto, que ocupa unha superficie de sesenta e tres metros e cinco decímetros cadrados, incluídos os grosos das paredes.

Linda, polo norte, ou de costas, calella sen entrada nin saída que a separa da muralla de sostemento do cemiterio da confradía do Rosario; sur, ou fronte, a rúa Bonaval; leste ou dereita, entrando, medianeira coa casa número 3 de Andrés Rivas Picallo, e oeste ou esquerda, entrando, convento de Santo Domingo.

Polo presente edicto cítanse os herdeiros de José Cardalda del Corral e Antonio Pérez Villarroel, Carmen Pérez Blanco, herdeiros de Manuel Folgar Fojo e Antonia Rivas Picallo e Laureano Folgar Rivas e cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que, no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto conveña ó seu dereito, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7326