Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización parcial da rúa da Fonte, no predio Eiroás.

Polo presente anuncio ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización parcial da rúa da Fonte, no predio Eiroás, a pedimento de José Luis López Escaño, debendo constituír garantía por importe dun millón dúascentas trinta mil pesetas (1.230.000 ptas.), para responder da correcta execución das obras, e,

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, anunciando esta no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

De conformidade co artigo 117 do T.R.L.S., sométese a exposición pública durante 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poida ser examinado e presentadas as alegacións procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de setembro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

9607197