Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial da modificación do estudio de detalle da unidade de actuación da zona 1 do SU-6.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle da unidade de actuación zona 1 do SU-6, incoado a pedimento de Carmen González Rivera.

Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no DOG, no BOP así como nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Pola presente resolución anúnciase a exposición pública do dito proxecto polo prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para que as persoas ou entidades interesadas presenten, no mencionado prazo, aquelas alegacións que consideren pertinentes. Todo iso de conformidade co artigo 117 do T.R.L.S.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 20 de setembro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado