Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se mencionan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Consultoría e asistencia para a realización dun estudio de mercado sobre a posición do mexillón no mercado español en xeral, e sobre o producto galego de calidade «mexillón de Galicia» en particular.

Adxudicatario: Konso Ibérica, S.L.

Importe: 17.969.000 ptas.

-Consultoría e asistencia para a realización dun programa de control de calidade do producto galego de calidade «mexillón de Galicia».

Adxudicatario: Consello Regulador da Denominación Producto Galego de Calidade Mexillón de Galicia.

Importe: 17.500.000 ptas.

-Consultoría e asistencia para a realización dunha campaña publicitaria promocional de apoio á presentación e comercialización do producto galego de calidade «mexillón de Galicia».

Adxudicatario: J & J del Río, S.L.

Importe: 115.420.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativo do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 3/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Víctor Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7293