Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se menciona.

O secretario xeral actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

-Subministración de material inventariable de laboratorio para o Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Adxudicatario: Waters Cromatografía, S.A.

Importe: 7.400.000 ptas. (lote nº 1) e 1.750.000 ptas. (lote nº 2).

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde

o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7296