De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 de 27-11-1992), notifícaselle á sociedade Ricoy Mar, S.A., con último domicilio coñecido en Ribeira (A Coruña), A Graña, a apertura do expediente de caducidade instruído por incumprimento das normas que regulan o título da concesión administrativa e levar inactivo un tempo superior a dous anos, sendo isto causa de caducidade das establecidas nos artigos 56.3º e 72, apartado a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31-5-1993).
O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (r/ Ramón y Cajal nº 1-5ª Planta - Casa do Mar) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.
A Coruña, 24 de setembro de 1996.
Jesús Espada Martínez
Delegado Territorial da Coruña
7294