Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Bazar (Castro de Rei-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Real decreto 2271/1980, do 26 de setembro (BOE nº 256, do 24 de outubro de 1980), o seguinte:
Primeiro.-Con data do 12 de xullo de l996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Bazar, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Castro de Rei e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvento Rural (Ronda da Muralla, 197, 1º, Lugo), nas oficinas centrais da
consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia de 14 de agosto de 1985).
Lugo, 18 de setembro de 1996.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural
7225