Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., Carril II, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I-aéreo-desde o apoio n.1 (remate da L.M.T. subterránea que se proxecta) ata a L.M.T. Vila
garcía-Catoira. Tramo II-subterráneo-desde a subestación Carolinas ata a L.M.T. aérea que se proxecta Carril II, concello de Vilagarcía de Arousa.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 1,195 km de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 1,222 km de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 37.141.806 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 16 de setembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7266