Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 12 de setembro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da concentración parcelaria da zona de Maroxo-Lema (Arzúa-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Maroxo-Lema (Arzúa-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes mais do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, resolveu dar posesión provisoria dos novos predios. A mencionada toma de posesión e obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artígo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 15008-A Coruña) xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artígo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios, e que non fosen obxecto de clasificación, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de aportación dentro dos seis meses seguintes á publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura do Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 12 de setembro 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

Vº e prace:

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

7297