O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación de arxila denominada Frades nº 6705.3ª, situada en terreos dos concellos de Mesía e Frades, provincia da Coruña, e solicitado por Epifanio Campo Fernández.
Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
6481