Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Lantañón número 2702, da provincia de Pontevedra.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación de arxila denominada Lantañón nº 2702, situada en terreos situados nos lugares de Pena de Lantañón, lugar de Lantañón e outros parroquias de Lantañón, Casal e outras, concellos de Meis, Portas e Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra, e solicitado por Hormigones Luz, S.L. (Horpasa).

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9607167