Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de setembro de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes incoados por infraccións da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expedientes LU-00835-O-96 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, facultado polo Decreto 147/1986, do 17 de abril (DOG do 28 de maio), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de multas e sancións número 13763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal principal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Lugo o 24 de setembro de 1996.

Antonio Lage González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

LU-00835-O-96

M-9505-LB

G.C. Tráfico

Cetasa

Eduardo Palacio, 8

Madrid

Realizar un transporte público de mercadorías (6 vehículos), non realizando o visado da tarxeta no prazo determinado pola Administración.

10-4-1996; 11.10; N-120; 512

Art. 142 n) LOTT

Art. 199 n) RGTO

Art. 143 Lei 16/198725.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

LU-00944-O-96

C-8657-BL

G.C. Tráfico

Madisal

Vilares-Iñas, s/n

Oleiros-A Coruña

Realizar un transporte de madalenas e pan de molde, carecendo da correspondente autorización de transporte.

23-4-1996; 17.50; A-6; 507

Art. 141 b) en Rel.

Art. 142 m) LOTT

Art. 143 Lei 16/198725.000

LU-00972-O-96

C-0323-AV

G.C. Tráfico

TSN, S.L.

San Vicente, 10

A Coruña

Realizar un transporte público de mercadorías, non facendo o visado da tarxeta no prazo determinado pola Administración.

29-3-1996; 16.50; N-634; 604

Art. 142 n) LOTT

ARt. 199 n) RGTO

Art. 143 Lei 16/198725.000

LU-00974-O-96

M-3878-MS

G.C. Tráfico

Transportes Vidal, S.A.

Paseo de la Chopera, 9

Madrid

Realizar un transporte público de mercadorías, non facendo o visado da tarxeta no prazo determinado pola Administración.

13-4-1996; 11.40; N-120; 512

Art. 142 n) LOTT

Art. 199 n) RGTO

Art. 143 Lei 16/198725.000

LU-01069-O-96

LU-3805-O

G.C. Tráfico

Cousas Lugo, S.L.

Río Sil, 7

Lugo

Circular transportando carga útil, cunha tarxeta Ttes. do ano 1993, non facendo o visado desta no prazo determinado pola Administración.

6-5-1996; 18.20; C-546; 34

Art. 142 n) LOTT

Art. 199 n) LOTT

Art. 143 Lei 16/198725.000

3768