Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-7-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 4-7-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de xullo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Elnosa, ano 1996

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Interveñen.

Dunha parte, en representación do persoal, os membros do comité de empresa, dos que a idoneidade se xustifica no anexo I.

Doutra parte e en representación da empresa, Alberto González Rodríguez, de quen a representación aparece acreditada no anexo II.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre a empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa) e os seus traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores fixos pertencentes ó cadro de persoal da empresa.

O persoal con contratos de traballo especiais e individuais, nas condicións económicas seguirá sometido ás normas polas que actualmente se rexe e baixo este suposto, salvo naqueles apartados en que se especifique a súa inclusión.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1º de xaneiro de 1996, salvo nos puntos en que se fixe outra data e terá unha duración dun ano, é dicir, ata o 31 de decembro de 1996, calquera que sexa a data do seu rexistro pola autoridade laboral competente.

Artigo 5º.-Denuncia ou aviso.

De non existir denuncia ou aviso por algunha das partes cun mes de antelación á data de terminación do presente convenio, este considerarase tacitamente prorrogado por períodos anuais.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

En todo o establecido neste convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas ad personam existentes, sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas neste convenio.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

O conxunto de condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará en cómputo anual calquera mellora parcial que, no futuro, puidese establecerse xa sexa por disposición legal ou pactada ou por calquera orixe que fose.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe unha unidade indivisible polo que non poderá pretenderse a aplicación

dunha ou varias das súas normas, desbotando o resto, senón que sempre deberá ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Existirá unha comisión paritaria que estará composta por catro membros designados pola dirección da empresa e catro designados polo comité de empresa. A dita comisión paritaria será o órgano para interpretar, vixiar, conciliar e arbitra-lo disposto no presente convenio.

Os membros da comisión posúen os mesmo dereitos e obrigas e, en particular, a facultade de opinar en calquera asunto que sexa sometido a este órgano. Cada un deles terá dereito a un voto e os acordos serán por maioría entre os asistentes de cada unha das representacións.

As resolución tomadas pola comisión paritaria obrigan a ámbalas partes.

En caso de empate seguiranse os trámites legais correspondentes.

A comisión paritaria reunirase cando existan asuntos que reclamen atención ou cando o solicite calquera das partes, sendo este trámite de carácter previo, antes de acudir á autoridade ou xurisdicción competente.

A comisión paritaria elaborará a súa propia normativa.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo será competencia da dirección con suxeición á lexislación laboral vixente e, polo tanto, élle potestativo adoptar cantos sistemas de renovación, automatización, mecanización e modernización xulgue preciso, así como a reestructuración dos departamentos e seccións e, en xeral, canto poida conducir ó progreso técnico da empresa, sempre que non se opoña ó establecido nas disposicións vixentes na materia.

En todo iso a empresa poderá solicita-lo asesoramento do comité de empresa.

Artigo 11º.-Normas de mantemento do sistema de valoración de postos de traballo.

Con data 22-2-1989 realizouse o estudio técnico de actualización das valoracións de tódolos postos de traballo e o seu axuste horizontal que quedou recollido no acordo asinado entre os representantes da empresa e do comité de empresa.

A forma na que se levou a cabo a indicada actualización da valoración dos postos de traballo, as escalas que corresponden a cada un dos postos, as normas para a valoración de novos postos de traballo e da revisión da valoración daqueles dos que o contido variase substancialmente, así como a situación do persoal sobre clasificado, recóllense nunha norma asinada entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

Capítulo III

Condicións de traballo

Sección primeira

Xornada de traballo e horarios

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

1. A xornada de traballo para todo o persoal incluído no ámbito deste convenio será de 1.782 horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada ordinaria como en xornada continuada.

2. As horas de traballo efectivo computaranse de forma que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria cada traballador debe encontrarse no seu posto de traballo.

3. Para o persoal que traballe a tres quendas, incluídos os domingos e festivos, así como para o persoal que traballe a dúas quendas, as quendas seguirán como ata o momento, sen prexuízo de que entre a dirección e o comité de empresa poidan pactarse modalidades diferentes.

O dito persoal deberá traballa-los días que lle corresponda polo calendario de quendas, con independencia do número de horas fixado con carácter xeral para todo o persoal. O exceso de horas que poida realizar este persoal sobre a xornada xeral, logo de acordo entre a empresa e o traballador, aboaránselle en días de descanso, horas extraordinarias ou outro sistema.

4. Non obstante o anterior, respectarase a xornada menor en calquera modalidade delas que se realice á entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 13º.-Modalidades de horario.

Para efectos de cómputo do número total de horas de traballo efectivo anual, os representantes do persoal e a dirección establecerán os horarios nos que se recolla a distribución do número total de horas anuais. Para iso terase en conta o seguinte:

a) En ningún caso se poderá realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo efectivo, salvo acordo entre a empresa e o comité respectando en todo caso o descanso entre xornadas.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

c) Semanalmente e acumulable por períodos de catorce días, existirá un descanso de día e medio ininterrompido, que como regra xeral comprenderá a tarde do sábado ou a mañá do luns e o día completo do domingo.

d) Nos traballos a quenda poderanse computar por períodos de ata catro semanas os descansos de 12 horas entre xornada e de día e medio semanal a que se refiren os apartados b) e c) anteriores.

e) Nos postos de traballo a tres quendas, nos que se traballen as 24 horas do día, incluídos os domingos e días santos, terase en conta a rotación deles e que ningún traballador estará de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.

Sección segunda

Horas extraordinarias

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

As horas extraordinarias considéranse divididas en tres grupos:

Habituais, necesarias (estructurais) e de forza maior

a) Horas extraordinarias habituais:

Son as realizadas cando se supera a xornada legal que non respondan ós supostos das horas extras de forza maior ou necesarias.

b) Horas extraordinarias necesarias (estructurais):

Son as que se realizan por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou por motivos de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate. Todo iso, sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

c) Horas extraordinarias de forza maior:

Son as que se efectúan para evitar avarías ou outros danos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas auxiliares, producción, etc., por causas alleas á vontade das partes. A súa realización será obrigatoria.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas e do carácter delas.

As horas extraordinarias sinaladas nos apartados b) e c) non se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do aboamento como horas extraordinarias. En canto ás cotizacións á Seguridade Social, aplicarase a lexislación vixente.

As horas extraordinarias regularanse pola norma de dirección aprobada para o efecto, de acordo co comité de empresa.

Sección terceira

Vacacións

Artigo 15º.-Vacacións.

1. A duración, para efectos só do desfrute, será de 30 días naturais. O persoal que cause alta ou baixa durante o ano terá dereito a un número de días en proporción ó tempo traballado. A forma de proceder ó seu cálculo indícase no vixente Regulamento de réxime interior (artigo 84).

2. A forma de programa-lo seu desfrute será a vixente na actualidade (artigo 85 do Regulamento de réxime interior).

3. A fin de compensa-lo persoal da regulación das vacacións, obrigada para unha mellor organización do

traballo ó longo de todo o ano, o que impón o desfrute delas, en época de desigual apetencia, aboarase unha bolsa de vacacións. O seu importe para tódalas persoas afectadas por este convenio colectivo será para o ano 1996 de 80.000 pesetas.

4. A percepción da bolsa de vacacións irá unida sempre ó desfrute real delas.

No caso de fraccionamento das vacacións pagarase no período de maior duración.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 16º.-Consideracións previas.

1. Porcentaxe de subidas e revisión salarial.

a) porcentaxe de subida.

A porcentaxe que se aplicará será dun 3% sobre tódolos conceptos fixos agás a antigüidade (situación persoal) que está conxelada.

b) Revisión salarial.

Non haberá revisión salarial.

2. Tódalas cantidades, calquera que sexa o seu concepto, que dimanen da aplicación do presente convenio, así como calquera outra percepción que puidese existir, considéranse necesariamente nos seus importes brutos e sometidos ó gravame que a cada cal corresponda, segundo as circunstancias persoais e familiares.

3. Os impostos e cotizacións oficiais soportaraos a parte que legalmente lle corresponda e na proporción legalmente establecida en cada momento.

4. O total do percibido, en concepto de salario convenio (soldo base, complemento salarial e complemento social), situación persoal, paga de beneficios e pagas extraordinarias denominadas paga do padroeiro, paga de sinatura de convenio, paga de asiduidade e plus de presencia, correspóndese a 1.782 horas de traballo efectivo ó ano.

Artigo 17º.-Salario convenio.

1. O salario convenio devengarase por xornada e rendemento normais.

2. O dito salario convenio estableceuse no ano 1981, e é o resultado da globalización dos seguintes conceptos salariais existentes no ano 1980: soldo de valoración (composto de soldo base, plus de actividade e aumento voluntario), compensación lineal, compensación conxelada e o 25% da prima de producción devengada no ano 1980, incrementados no 15%, porcentaxe de incremento pactado para o ano 1981.

3. O salario convenio componse de: soldo base e complemento salarial de empresa. A partir do 1-1-1996 incorpórase ó salario convenio o concepto salarial denominado complemento social, cun importe de 158.710 ptas. para o ano 1996 e é o resultado de suma-las 105.010 ptas. (incrementadas no 3%), provenientes de reparto do fondo do plan social existente no ano 1994 máis o incremento habido no ano 1995, e o trasvase

de 50.550 ptas. da bolsa de vacacións a este novo concepto salarial.

Este complemento social non formará parte do salario dos novos traballadores que se incorporen ó cadro de persoal despois do 31-12-1996.

No anexo IV recóllense os valores do soldo base, complemento salarial de empresa e complemento social vixentes para 1996.

4. O salario base, o complemento salarial de empresa e o complemento social que figuran no anexo IV aparecen no seu importe anual. O importe mensual ou por día obtense dividindo o importe anual entre 14 ou entre 425, é dicir, polo número de meses ou días do ano máis o que corresponde ás pagas extraordinarias de xullo e Nadal.

5. As gratificacións extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal percibiranse mensualmente a doceava parte de cada unha delas.

O persoal que ingrese ou cause baixa durante o ano, o eventual e o interino, percibirá o seu importe proporcionalmente ó tempo de permanencia no cadro da empresa.

Artigo 18º.-Complemento de productividade.

1. O importe real mensual a percibir por cada traballador será o resultado de multiplica-la fracción Ce/1417 pola producción real de cloro do mes expresada en T. Ce representa o coeficiente de escala que figura no anexo V.

2. Devengarase mensualmente por día traballado.

3. Este procedemento terá vixencia mentres non se modifiquen os medios de producción. Calquera variación significativa destes levará aparellada a oportuna adaptación.

Artigo 19º.-Incentivo de calidade.

A partir de 1996 establécese un incentivo á mellora da calidade no seu sentido máis amplo: de producto, medioambiental, da seguridade industrial, etc., cun importe mensual que se calculará en función dos resultados obtidos no cumprimento dos obxectivos fixados.

Para o ano 1996 os obxectivos, os seus valores críticos e a fórmula de cálculo detállanse nun documento específico asinado pola dirección e o comité de empresa.

O importe deste incentivo de calidade será unha porcentaxe do complemento de productividade de cada persoa, da que o máximo é do 10%.

Artigo 20º.-Pagas extras.

1. Con rateo.

1.1. Paga de beneficios.

A cantidade que se percibirá por escala é a que figura no anexo VI.

1.2. Paga do padroeiro.

Distribuirase de forma lineal a todo o persoal valorado, sendo o seu importe de 126.717 ptas. por traballador.

1.3. Paga sinatura convenio.

O importe que se percibirá por escala é o que figura no anexo VII.

1.4. Paga de asiduidade.

O importe que se percibirá por escala é o que figura no anexo VIII.

2. Dereito á percepción.

As ditas pagas percibiraas o persoal que estea de alta na empresa no momento do seu pagamento. O que ingresase durante o ano percibiraas en proporción ó tempo que leve de alta na empresa.

3. Data da súa percepción.

O mesmo día en que se liquide a nómina mensual e por doceavas partes de cada unha das citadas pagas.

4. Sen rateo.

4.1. Plus de presencia.

Co fin de mante-lo interese xeral respecto a que o absentismo en fábrica diminúa o máis posible e co fin de mellora-la productividade e dada a negativa incidencia daquel sobre esta, percibirase un plus de presencia na contía que se indica no anexo IX.

Descontaranse os tres primeiros días de baixa por enfermidade ou accidente, a non ser que a dita baixa sexa superior a quince días; nese caso o dito desconto non se producirá. Aboarase en dúas pagas coas nóminas de xuño e novembro, respectivamente.

Artigo 21º.-Nocturnidade e quendas.

1. Nocturnidade.

1.1. Entenderase por traballo nocturno o realizado entre as vintedúas horas e as seis horas. O plus de nocturnidade percibirase por día efectivamente traballado de noite e non se fará efectivo, por tanto, nas ausencias do traballador, aínda que estas teñan o carácter de retribuídas.

1.2. O persoal que realice horas extraordinarias durante o tempo comprendido entre as 22 e as 6 horas non percibirá neste concepto retributivo, xa que é base para o cálculo das horas extraordinarias.

1.3. A súa contía é a que figura no anexo X. Os ditos valores corresponden a unha xornada de oito horas.

2. Quendas.

O seu importe queda fixado como se indica na táboa anexa X.

3. Non stop.

O persoal en réxime continuado ou non stop (artigo 22), por estar incluídos estes conceptos retributivos na globalización a que se alude no dito artigo, non ten que percibir ningunha cantidade por estes conceptos (nocturnidade e quendas).

Artigo 22º.-Complemento retributivo por traballar en réxime continuado ou non stop.

1. Definición do réxime non stop.

1.1. Enténdese como réxime continuado non stop o sistema de producción dos traballadores que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido destas.

1.2. Este réxime de traballo aplícase ó persoal que traballa en tres quendas rotativas de oito horas (mañá, tarde e noite), incluíndose domingos e festivos que desfruta dos descansos compensatorios establecidos na lexislación vixente.

2. Xornada de traballo e sistema de relevos.

2.1. A xornada laboral para este réxime de traballo será a normal establecida no presente convenio.

2.2. Ante a necesidade de mante-lo proceso continuado de fabricación e cando se dea unha falta ou ausencia imprevista de calquera ocupante dun posto de traballo, rexerá o previsto no artigo 14º b) do presente convenio colectivo.

2.3. Establécese a mobilidade funcional, en especial de correquendas, de forma que respectando o seu nivel profesional e propiciando a súa preparación en postos diferentes do propio, poida cubrir baixas de forma xeral e preferentemente na súa sección ou departamento, tendo en conta o disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

3. Contía e forma de percepción.

3.1. No anexo X indícanse os importes que se percibirán mensualmente por cada escala de cualificación (12 mensualidades) e correspondentes a unha xornada diaria de oito horas de traballo para os dous tipos de non stop:

A. postos de traballo con 5 homes.

B. postos de traballo con 4 homes.

3.2. O dito importe é o resultado da globalización anual do que o persoal viña percibindo no ano 1983 por nocturnidade (traballo de 22 a 6 horas), quendas ou compensación por xornada continuada e horas de festivo, é dicir, os conceptos que diferencian o persoal que traballa en réxime continuado do que traballa en réxime de xornada partida ou normal.

3.3. Calquera cantidade que a lexislación vixente en cada momento poida adscribir a este persoal para diferencialo do de xornada normal por calquera concepto considerarase absorbida nos valores da táboa acordada ata os valores absolutos dos conceptos diferenciados, considerados no seu conxunto e en cómputo anual non superen os da táboa.

3.4. Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

Acórdase que a retribución das horas extraordinarias se faga en función da escala que ocupa cada traballador e non de forma personalizada.

As retribucións para cada escala indícanse no anexo XI.

Os traballadores que tivesen unha retribución de horas extraordinarias superior á que corresponda á súa escala manteraa a título individual mentres sexa superior ó valor da táboa do anexo XI (véxase anexo XII Retribucón personalizada).

Artigo 24º.-Antigüidade.

As cantidades que corresponden a cada traballador figurarán no recibo de salarios co título de situación persoal, e non poden sufrir incremento ningún por ningún concepto, polo que se considera conxelado o seu importe e a título persoal.

O persoal de novo ingreso non percibirá ningunha cantidade por este concepto.

Artigo 25º.-Paga extraordinaria segundo cash-flow.

1. Xeral.

En función do cash-flow xerado no exercicio 1996 establécese unha paga extraordinaria de aplicación a tódolos traballadores fixos do cadro de persoal, incluídos os de contrato individual, nas seguintes condicións:

Para efectos desta paga o concepto de cash-flow enténdese como a suma alxebraica do resultado despois de impostos máis a dotación para a amortización do inmobilizado e a dotación ó fondo de reversión.

O salario fixo sobre o que se calcula a dita paga é a retribución bruta anual fixa realmente obtida por cada traballador. Forman parte da retribución bruta fixa os seguintes conceptos:

-Salario convenio.

-Pagas extras.

-Complemento non stop.

-Paga de situación persoal.

-Bolsa de vacacións.

A contía que corresponde por esta paga establécese coma unha porcentaxe do salario fixo e de forma proporcional ó cash-flow obtido, de acordo cunha liña quebrada con catro tramos que a continuación se definen mediante as seguintes ecuacións nas que X representa o valor do cash-flow en millóns de pesetas e Y a porcentaxe de salario fixo.

-Primeiro tramo: está comprendido para un cash-flow entre 0 e 70 Mptas.

Fórmula: Y = 1/70 x X.

-Segundo tramo: está comprendido para un cash-flow entre 70 e 200 Mptas.

Fórmula: Y = 7/130 x X - 36/13.

-Terceiro tramo: está comprendido para un cash-flow entre 200 e 500 Mpts.

Fórmula: Y = 1/150 x X + 100/15.

-Cuarto tramo: para un cash-flow superior a 500 Mpts. a porcentaxe de salario fixo a distribuír mantense constante nun 10%.

A dita paga percibirase no mes de marzo, tan pronto como sexa coñecido o resultado da empresa. En caso

de causar baixa na empresa, durante o ano, non se devengará importe ningún por este concepto.

Esta paga ten o carácter de non consolidable e poderá ser modificada por dúas causas, a primeira, o seu imprescindible axuste en función da deflación da moeda e a segunda, a súa completa modificación necesaria en caso de cambia-la estructura do negocio.

2. Aplicación práctica ó ano 1996.

A paga de cash-flow correspondente ó ano 96 será a suma das cantidades resultantes de aplica-las seguintes porcentaxes:

a) 90% da porcentaxe que resulte da aplicación da fórmula de cash-flow prevista no convenio de Elnosa.

b) 10% da porcentaxe que resulte da aplicación da fórmula base = 0 do cash-flow prevista no convenio de ENCE-PO.

Artigo 26º.-Gratificacións Nadal e fin de ano.

Ós traballadores a quendas que lles corresponda traballa-las noites dos días 24 e 31 de decembro e as mañás dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro corresponderalles unha gratificación de acordo coa táboa do anexo XIII.

Capítulo V

Beneficios sociais

Artigo 27º.-Seguros de vida e accidentes.

A empresa manterá con Musini os seguros de vida colectivos a favor dos seus traballadores nas seguintes condicións xerais:

a) Seguro de vida póliza nº 41.053.220.

O capital asegurado a cada traballador é de 890.000 pts. en caso falecemento por enfermidade ou incapacidade permanente absoluta e de 1.780.000 se o falecemento é por accidente.

A partir do 1-7-1995 este seguro cobre tamén a invalidez permanente en grao total. O custo da prima adicional á asumido ó 50% pola empresa e os traballadores. O primeiro recibo anual desta prima adicional será pagado na súa totalidade pola empresa.

O reparto dos custos das primas deta póliza é o seguinte:

-87,5% da empresa.

-12,5% dos traballadores.

b) Seguros de vida e accidente, 50% con cargo á empresa e 50% ós traballadores

O capital asegurado a cada traballador é o que figura na póliza nº 41.053.176 e liquidarase en caso de morte natural e invalidez permanente absoluta.

A partir da data 13-6-1995 tamén se liquida por invalidez permanente en grao de total, segundo as condicións fixadas no correspondente suplemento da dita póliza.

Se a causa é por accidente, o capital é o dobre do que figura na dita póliza.

A relación do persoal, cos seus capitais individualizados, está en poder do comité de empresa, así como unha copia das pólizas.

A póliza de accidentes é a nº 31.000.347.

O 50% da prima correspondente a esta póliza é a cargo da empresa, sendo a cargo dos traballadores o outro 50%.

A prima específica de cada traballador é o valor proporcional, referido ó 50% a cargo dos traballadores, segundo o que representa o capital individual sobre o conxunto do capital total.

A idade límite será ó termo da anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

Artigo 28º.-Plan social.

a) Prestacións.

a.1. Sempre e cando os resultados o permitan, a empresa seguirá atendendo os diversos actos sociais que se celebran con motivo das festas de Nadal e día do padroeiro.

a.2. Con respecto ó comedor a empresa seguirá facéndose cargo da diferencia entre o aportado polo traballador e o custo total.

Dado o seu reducido custo, tratarase de que o persoal de fábrica o utilice cando teña que vir realizar traballos.

b) Medicina asistencial.

Comprende este capítulo a axuda que a empresa pode prestar ós traballadores naquelas circunstancias económicas polas que atravesen, debido a causas de enfermidade e outras. Estas axudas fixaranse en cada caso atendendo as especiais circunstancias do solicitante e as posibilidades da empresa.

c) Complementos de enfermidade ou accidente.

Nas situacións de baixa por enfermidade ou accidente a empresa complementará as prestacións de seguridade social ata o 100% nos seguintes conceptos salariais:

-Soldo base.

-Complemento salarial.

-Complemento social.

-Prorata de pagas extras.

Para obter este beneficio será condición indispensable o cumprimento das seguintes condicións:

1. Notifica-la ausencia coa máxima antelación posible e presenta-la baixa dentro do prazo das vintecatro horas seguintes.

2. O enfermo ou accidentado pasará polo servicio médico do complexo unha vez por semana e, en caso de que a enfermidade ou accidente lle impida o desprazamento, notificarallo á empresa para efectos da posible visita do médico ou auxiliar ó seu domicilio.

Este apartado entrará en vigor o día 1-6-1996.

Artigo 29º.-Indemnización por xubilación anticipada.

A cantidade que se percibirá como indemnización por xubilación anticipada será negociada directamente

pola empresa con cada interesado, se ben se establecen como cantidades mínimas de indemnización de xubilación anticipada as seguintes:

Anos de idade Pesetas

60 2.833.876

61 2.479.642

62 1.889.251

63 1.535.016

64 1.180.782

Capítulo VI

Actuación sindical na empresa

Artigo 30º.-Actuación sindical na empresa.

1. A actuación sindical na empresa rexerase polas disposicións vixentes en cada momento.

2. A empresa facilitará o labor que teñan que desenvolve-los representantes do persoal, pondo ó seu dispor os medios necesarios.

3. No anexo III indícanse as funcións e garantías do comité de empresa e os dereitos sindicais dos traballadores.

Capítulo VII

Disposicións adicionais

Primeira.-Reducción do absentismo.

As partes asinantes do convenio comprométense a continuar, de común acordo, os estudios necesarios, co fin de reduci-lo absentismo.

Segunda.-Productividade.

As partes asinantes comprométense a realizar conxuntamente os estudios que procedan, co fin de mellorar en todo o posible os valores actuais de productividade.

Terceira.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional é a consecuencia da facultade da dirección para organiza-lo traballo co fin de logra-la plena ocupación e o pleno emprego de todos e cada un dos traballadores, así como a consecuencia dunha mellor e máis racional explotación da fábrica.

A empresa e os representantes dos traballadores son conscientes da necesidade de mellora-la calidade dos productos e os custos da empresa.

Os traslados que sexan necesarios realizaranse informando o comité de empresa sobre as causas que os producen.

O dito comité de empresa, ademais de coñece-las causas anteditas, coñecerá e será oído en relación cos plans de formación que se programen para adapta-los traballadores ós seus novos cometidos, se estes plans fosen necesarios, ademais de recibir información sobre o aproveitamento e os resultados dos ditos cursos.

1. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores por período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclamar ante a dirección da empresa que se proceda á cobertura da vacante

correspondente ás funcións por el realizadas conforme o disposto en materia de ascensos.

2. O prazo indicado no apartado anterior non será de aplicación en casos de substitución, por servicio militar, incapacidade laboral transitoria, invalidez provisional, vacacións, licencias e excedencias, dos que a concesión sexa obrigatoria para a empresa. Nestes últimos supostos, a substitución comprenderá todo o tempo en que duren as circunstancias que a motivasen sen que outorguen dereito á consolidación do posto; pero si á percepción da diferencia económica durante a substitución se esta existise.

3. Se o cambio do posto de traballo tivese orixe por petición do traballador, asignaránselle as percepcións que corresponden ó novo posto.

4. Non se considerarán traballos de nivel inferior os realizados polo traballador para a conservación e limpeza da zona de traballo, maquinaria, instalacións e utensilios que utilice, por considerarse este labor propio das súas funcións.

Cuarta.-Seguridade e hixiene.

En cantas materias afecten á seguridade e hixiene no traballo serán de aplicación as disposicións contidas na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, aprobada por orde ministerial do 9 de marzo de 1971 e normativa concordante así como na Lei de prevención de riscos laborais. Para estes efectos, ámbalas partes acordan aborda-la aplicación do parágrafo anterior en consonancia cos criterios e declaracións xerais do convenio xeral para as industrias químicas.

Quinta.-Medio ambiente.

As partes asinantes deste convenio consideran necesario que a empresa actúe de forma responsable e respectuosa co medio ambiente e prestando gran atención á súa defensa e protección de acordo cos intereses e preocupacións da sociedade.

Para estes efectos, a empresa debe adoptar unha actitude permanente, responsable e visible en materia de medio ambiente e ó mesmo tempo conseguir que o esforzo que estea desenvolvendo a industria neste campo, e o que se realice no futuro, así como os seus resultados, sexan coñecidos adecuadamente valorados pola sociedade e as administracións competentes.

Considérase fundamental para estes fins a realización de actividades tendentes a consegui-los seguintes obxectivos:

-Promover e conseguir unha actuación responsable en materia de medio ambiente, concretando as medidas que hai que adoptar.

-Establecer uns obxectivos cualitativos e cuantitativos de mellora co fin de facer visible, respecto a eles, o progreso que se consiga.

-Demostrarlle á sociedade o comportamento responsable da empresa, mediante o emprego de técnicas de boa xestión medioambiental e a comunicación dos resultados obtidos.

-Mellora-la credibilidade da empresa e aumenta-la confianza da sociedade e das administracións públicas mediante demostracións e feitos concretos.

Todo iso debe ser obxecto de permanente e compartida preocupación, tanto da dirección da empresa como dos representantes dos traballadores.

Capítulo VIII

Disposicións derradeiras

Primeira.

En todo o non previsto e regulado no presente convenio será de aplicación o disposto no Convenio xeral de industrias químicas e nas normas oficiais vixentes sobre a materia de que se trate.

Segunda.

A validez deste convenio colectivo queda supeditada ó seu rexistro pola autoridade laboral competente. A empresa acepta que entre en vigor desde o momento da súa sinatura e con efectos desde a data indicada no artigo 4º.

Se o convenio non fose rexistrado, as cantidades que supoñan a aplicación deste convenio serán, en todo caso, consideradas a conta da que corresponda segundo o convenio definitivo.

E en proba de conformidade, asínase polas partes, na representación que ostentan, en Pontevedra, o 4 de xullo de 1996.

ANEXO I

En Pontevedra o 2 de xaneiro de 1996, reunidos os membros do comité de empresa de Eletroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa), constiruído legalmente tralas eleccións celebradas o 11 de xaneiro de 1995.

Recoñece e certifica, mediante o presente escrito, que o comité está plenamente facultado para a negociación e sinatura do convenio colectivo que terá vixencia do 1-1-1996 ó 31-12-1996. O dito comité está formado polas seguintes persoas:

-José Antonio Osorio Montero.

-Antonio Torres Abal.

-Raimudo Castro Pazos.

-José M. Montes Pazos.

-Vicente González Bastón.

E para que conste e produza os efectos oportunos, asínase o presente escrito en Pontevedra na data anteriormente citada.

ANEXO II

José M. Seoane García, director do complexo Ence-Elnosa.

Certifica o acordo de:

Encomendar a Alberto González Rodríguez, director de producción, a negociación e, se é o caso, resolución, dentro das directrices dimanadas do propio Consello

de Administración do convenio colectivo que regule as relacións laborais durante o período comprendido entre o 1-1-1996 ó 31-12-1996.

E para que conste, expido a presente certificación en Pontevedra o 2 de xaneiro de 1996.

ANEXO III

I Comité de empresa

1. Funcións.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécense ó comité de empresa as seguintes funcións:

1.1. Ser informado pola dirección.

1.1.1. Trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.1.2. Anualmente, coñecer e ter ó seu disporlles o balance, a conta de resultados, a memoria e cantos documentos se dean a coñecer ós socios.

1.1.3. Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións de cadro de persoal, cerramentos totais ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

1.1.4. En función da materia de que se trata:

1.1.4.1. Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.1.4.2. Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

1.1.4.3. Facilitarase ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente se utilicen, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

1.1.4.4. Sobre sancións impostas por faltas moi graves, e en especial en supostos de despidimento.

1.1.4.5. No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices e sinistrabilidade, o movemento de ingresos, cesamentos e os ascensos.

1.2. Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.3. Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1.3.1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos de empresa en vigor, formulando se é o caso as accións legais oportunas

ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

1.3.2. A calidade da docencia e da efectividade dela nos centros de formación e capacitación da empresa.

1.3.3. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

1.4. Colaborar coa dirección para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

1.6. Recoñécese ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

1.7. Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados 1.1.1. e 1.1.2. deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

1.8. O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

2. Garantías.

2.1. Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despido ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despido ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que se achase recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia no centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2.2. Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

2.3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa, nas materias propias á súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

2.4. Disporán do crédito de horas retribuídas que a lei determine.

Os membros do comité de empresa poderán renunciar a parte destas horas ou a todas elas, acumulándose

nun ou en varios destes membros do comité, sen superaren o máximo total que determina a lei. Se esta acumulación acadase o número de horas anuais de traballo, podrán ser relevados del sen prexuízo da súa remuneración.

Tódolos afectados por estas renuncias asinarán unha acta dela na que constará a aceptación daquel ou aqueles en que se acumulen, e faraa chegar á dirección da empresa. As renuncias e as conseguintes acumulacións terán unha duración mínima dun ano.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados, e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada por ámbito de negociación referido.

2.5. Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos e formación e outras entidades.

En relación co indicado nos apartados 2.4 e 2.5 a dirección deberá saber coa suficiente antelación os días nos que polos motivos que se sinalan non se vai asistir ó traballo, debendo ademais xustificar debidamente as ausencias.

II. Actuación sindical

1. A empresa.

1.1. Respectará o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente.

1.2. Admitirá que os traballadores afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

1.3. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie na súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. Os sindicatos poderán remitir información á empresa se dispoñen de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída, fóra das horas de traballo, e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidese interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

3. Existirán taboleiros de anuncios nos que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións; para iso dirixirán copias delas previamente á dirección.

4. Excedencia.

Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que ostentase cargo sindical de relevancia provincial, a nivel de secretario do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, e reincorporarase á empresa se o solicitase no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño del.

5. Participación nas negociacións de convenios colectivos

Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio implantadas nacionalmente, e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, que sexa traballador en activo do centro de traballo de oficinas centrais seranlles concedidos permisos retribuídos, co fin de facilitarlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que Electroquímica del Noroeste, S.A. (Elnosa) estea afectada pola negociación en cuestión.

6. Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que, a xuízo dalgunha das partes, caiba cualificar de antisindicais, rexerá o disposto nas leis.

ANEXO IV

Convenio, año 1996

AnoMes

EscalaSoldo

base

Complemento

salarial

Complemento

social

TotalSoldo

base

Complemento

salarial

Complemento

social

Total

B885.949407.955158.7101.452.61563.28229.14011.336103.758
C903.322455.506158.7101.517.53964.52332.53611.336108.396
D921.506504.007158.7101.584.22465.82236.00111.336113.159
E940.518555.923158.7101.655.15167.18039.70911.336118.225
F958.685612.066158.7101.729.46268.47843.71911.336123.533
G977.696670.829158.7101.807.23569.83547.91611.336129.088
H997.564733.818158.7101.890.09371.25552.41611.336135.007

AnoMes

EscalaSoldo

base

Complemento

salarial

Complemento

social

TotalSoldo

base

Complemento

salarial

Complemento

social

Total

I1.017.370799.505158.7101.975.58572.66951.10711.336141.113
J1.038.049869.418158.7102.066.17873.14662.10111.336147.584
K1.058.698943.605158.7102.161.01375.62167.40011.336154.358
L1.066.0591.022.095158.7102.246.86576.14773.00711.336160.490

Nota: o complemento salarial é o resultado de: (complemento 1995 - 105.010) + aumento do 3%.

ANEXO V

Complemento de productividade

Coeficiente de escalón. Ano 1996

EscalaAnualMensual

B266.27022.189
C281.53423.461
D292.38324.365
E303.98625.332
F316.34326.362
G329.25527.438
H343.29228.608
I357.88529.824
J373.60231.133
K389.98132.498
L407.48433.957

ANEXO VI

Paga de beneficios. Ano 1996

EscalaAnualMensual

B87.1537.263
C91.5797.632
D96.2358.020
E101.1208.427
F106.2518.854
G111.6659.305
H117.3269.777
I123.26910.272
J129.51110.793
K136.31911.360
L148.93712.411

ANEXO VII

Paga sinatura de convenio. Ano 1996

EscalaAnualMensual

B91.1098.092
C102.0658.505
D107.1998.933

EscalaAnualMensual

E112.6719.389
F118.3879.866
G124.38510.365
H130.70410.892
I137.35911.447
J144.31712.026
K151.63112.636
L159.32213.277

ANEXO VIII

Paga de asiduidade. Ano 1996

EscalaAnualMensual

B118.2879.857
C124.42910.369
D126.04610.504
E130.26610.855
F134.69511.225
G139.33011.611
H144.19312.016
I149.86412.489
J154.70612.892
K160.33513.361
L166.17013.847

ANEXO IX

Plus de presencia. Ano 1996

EscalaAno

B101.471
C105.196
D109.059
E113.315
F117.748
G122.374
H127.292
I132.393
J137.801
K143.323
L149.068

ANEXO X

Non-stop. Ano 1996

Quenda continua

NocturnidadeTurnicidadeQuenda continua/non-stop

EscalaTipo A (5 traballadores)Tipo B (4 traballadores)

Ptas./díaPtas./díaPtas./anoPtas./mesPtas./anoPtas./mes

B563221441.44736.787551.80845.984
C576225457.28138.107571.60147.633

Quenda continua

NocturnidadeTurnicidadeQuenda continua/non-stop

EscalaTipo A (5 traballadores)Tipo B (4 traballadores)

Ptas./díaPtas./díaPtas./anoPtas./mesPtas./anoPtas./mes

D608232476.89439.741596.11849.676
E633241496.21741.351620.27151.689
F668259521.14343.429651.42954.286
G701272545.25645.438681.57056.798
H741282571.71947.643714.64959.554
I777298599.37549.948749.21862.435
J818317629.99552.500787.49465.625
K861333661.64555.137827.05768.921
L902350694.88757.907868.60972.384

ANEXO XI

Retribución

Horas extraordinarias. Ano 1996

EscalaPtas. hora base

B605
C626
D836
E925
F991
G1.021
H1.040
I1.129
J1.174
K1.213
L1.331

ANEXO XII

Retribución personalizada

Horas extraordinarias. Ano 1996

ProductorPtas./hora

Veiga Graña, Mario975
Muñiz Esperon, Ángel975
Poceiro García, Manuel976
Torres González, Salustiano971
García Rodríguez, Francisco968
Miranda González, Francisco1.200
Sampayo Esperon, Juan1.010
Corral Mora, Rogelio1.068
Bujia Torrente, Constantino1.024
Romero Fernández, Francisco1.051
Castro Núñez, José1.041
Gómez Cabo, Ramón1.360
Montes Iglesias, José Luis1.340
Vázquez Gregorio, Onesimo1.339

ANEXO XIII

Gratificación persoal de quenda. Ano 1996

Quenda de 22 a 6 horasQuenda de 6 a 14 horas

SecciónEscalaNº Trab.Días 24 e 31 de decembroDías 25 e 1 de xaneiroTotal pesetas

PesetasDíasTotalPesetasDíasTotal

EncargadosL133.115266.22930.663261.326127.555
CelasF128.222256.44425.750251.500107.944
HipocloritoF128.222256.44425.750251.500107.944
CompresoresE128.222256.44425.750251.500107.944
SalmoiraD128.222256.44425.750251.500107.944
Elec. quendaG128.222256.44425.750251.500107.944
348.449318.826667.275

7405