Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xelados artesáns.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xelados artesáns que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-6-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Confeiterías e Pastelerías e da parte social por UGT o día 4-6-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1980, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xelados artesáns

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre traballadores e empresas dedicadas á confeitería, pastelería, masas fritas, bolos e xelados artesáns, incluído o persoal mercantil con centros de traballo na Coruña e a súa provincia a partir da data de entrada en vigor.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e revisión.

A totalidade das cláusulas, tanto económicas como sociais, pactadas no presente convenio entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1995 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1997.

As retribucións acordadas e os pactos do presente convenio terán efectos o mesmo día de entrada en vigor, calquera que sexa a data da súa publicación no BOP. Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, que se terá que realizar cunha anticipación mínima ó fin do período

de vixencia, ou de calquera das súas prórrogas, de dous meses.

Artigo 3º.-Vixilancia.

En cumprimento do disposto no Estatuto dos traballadores, establécese, segundo o seu artigo 85, unha comisión paritaria que estará formada por cinco representantes de UGT e cinco representantes das asociacións patronais que interviñeron nas negociacións do presente convenio.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos, compensacións e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio respecto ás materias obxecto de regulación.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que se fixen polas presentes estipulacións, salvo en contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5º.-Asignacións económicas.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran nas táboas de salarios que se xuntan; o incremento para o ano 1995 será dun 4,5%, para o ano 1996 dun 5%, e para 1997 dun 5%.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de carácter inabsorbible, na contía de 230 pesetas diarias para o ano 1995, 242 pesetas para o ano 1996 e 254 pesetas para o ano 1997. Este plus, que percibirán tódolos traballadores, aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboaranse tamén no mes de vacacións.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense para tódolos traballadores tres pagas extraordinarias: unha en marzo, que corresponde á de beneficios, calculándose a razón do nove por cento do salario base máis antigüidade en cómputo anual; en caso de ser inferior, será o que lle corresponda por 30 días de salario base máis antigüidade. Outra no mes de xullo e a terceira no Nadal. Todas elas se aboarán a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. Pagaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 8º.-Xubilación.

Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos ó servicio da empresa percibirán desta, como premio de xubilación, dúas mensualidades de salario por cada cinco anos máis de antigüidade; a partir dos citados 15 o dito premio incrementarase en 10.000 pesetas máis, sen limitacións.

Artigo 9. Falecemento.

No caso de un traballador falecer estando en activo e de levar, como mínimo, cinco anos ó servicio da empresa, esta aboaralle ós seus herdeiros ou á persoa

que el directamente designe dúas mensualidades de salario en concepto de socorro por defunción.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, en concepto de complemento persoal de antigüidade, unha contía fixada por cada 3 anos de servicios prestados á empresa, de acordo coas táboas anexas.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

Establécese unha limitación de 10 trienios para tódolos traballadores. Excepcionalmente, e co fin de garantirlle ós traballadores en curso de adquisición dun novo trienio, recoñecerase por unha soa vez e durante o tramo de 1-1-1995 ó 31-12-1997 a adquisición dese novo trienio.

A partir do ano 1996 o incremento das táboas de antigüidade non será inferior ó 80% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento do salario base.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun recargo do cento por cento.

Artigo 12º.-Nocturnidade.

O complemento por traballo nocturno establécese no 40% do salario base.

Artigo 13º.-Servicio militar.

Os traballadores que se encontren prestando o servicio militar, obrigatoria ou voluntariamente, e conten cunha antigüidade na empresa non inferior a dous anos, percibirán as gratificacións de xullo e Nadal íntegras.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán anualmente de 30 días de vacacións.

Artigo 15º.-Descansos.

Serán días de descanso para os traballadores e empresarios, sen perda de retribución por parte do persoal asalariado, o día 27 de abril, festividade de Nosa Señora de Montserrat, patrona da actividade de confeitería e pastelería, e o 25 de decembro, día de Nadal.

O citado descanso refírese tanto ós traballadores encadrados no presente convenio como ós empresarios ós que este se refire.

Se a primeira das ditas festividades coincidese en sábado ou domingo, trasladarase ó luns seguinte.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

As licencias serán retribuídas logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, polos motivos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días no caso de parto da esposa, en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao. Se o traballador necesitase desprazarse fóra do domicilio habitual, será de catro días.

c) Un día en caso de enfermidade grave ou falecemento de fillos políticos.

d) Dous días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

f) Un día en caso de bautizo, primeira comuñón e vodas de parentes de primeiro grao.

Artigo 17º.-Xornada.

Nos talleres de confeitería e pastelería a xornada de domingo e festivos non se poderá prorrogar máis de 12 horas.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 1.800 horas anuais.

Considerarase como traballo efectivo o tempo destinado ó bocadillo nas empresas que antes do ano 1983 viñesen concedendo este dereito.

Artigo 19º.-Enfermidades e accidentes.

A empresa aboaralle ó traballador en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral un complemento que, sumado á prestación correspondente da Seguridade Social, alcance o 75% dos seus devengos salariais desde o primeiro día ata o día 20 inclusive de baixa, e a partir do 21, e por un período máximo de seis meses, o dito complemento alcanzará o 100% dos devengos salariais do traballador.

Artigo 20º.-Seguro de vida.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros para a cobertura e ós riscos de morte por accidente de traballo durante as 24 horas do día, garantindo o percibo da indemnización de 2.500.000 pesetas en ámbolos supostos. Esta cantidade será extensiva á invalidez total absoluta.

Artigo 21º.-Garantías sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 22º.-Xubilación voluntaria.

-Ós 60 anos: 180.000 pesetas.

-Ós 61 anos: 168.000 pesetas.

-Ós 62 anos: 156.000 pesetas.

-Ós 63 anos: 132.000 pesetas.

-Ós 64 anos: 120.000 pesetas.

Esta última idade de 64 anos enténdese sen prexuízo de que se, por disposición legal ou normativa similar, se rebaixase a idade de xubilación ata os ditos anos, quedará sen efecto a prestación concedida de 120.000 pesetas, mais subsistirán os demais topes de xubilación tal e como se pactan no presente artigo.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Ó persoal que polo seu traballo necesite roupa especial, as empresas estarán obrigadas a facilitarlle gratuitamente batas, fundas, panos, etc.; a duración destas pezas será dun ano.

Artigo 24º.-Normas supletorias.

Consideraranse normas supletorias de carácter xeral o Acordo Marco Estatal de Pastelería, Confeitería, Bolería, Xeladería, Repostería e Pratos Combinados, asinado pola Confederación Española de Empresarios Artesáns de Pastelería e por CC.OO. e UGT, e publicado no Boletín Oficial del Estado do día 11 de marzo de 1996.

Artigo 25º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio será de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Negociación coa representación legal dos traballadores.

3. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incremento negociadas ou a súa total inaplicación polo período que se determine. Neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 26º.-Contrato de duración determinada por circunstancias do mercado.

As partes asinantes do convenio constatan a existencia dun ciclo económico estatal levemente expansivo, o que se traduciría nunha tendencia a certo crecemento xeral do mercado.

Sobre o anterior inciden unhas especiais circunstancias propias do sector, derivadas da recente normativa estatal sobre comercio (Lei orgánica 2/1996, do 15 de xaneiro, e Lei 7/1996, do 15 de xaneiro) que propicia unha progresiva liberalización do sector -co seu conseguinte auxe- que culminará, por aplicación do artigo 3.1º da Lei orgánica 2/1996, a partir do 1-1-2001.

Polo que respecta a Galicia, e máis concretamente á provincia da Coruña, concorre tamén o esperado incremento do consumo alimentario -propio deste subsector de pastelería- derivado, entre outros factores, do incremento do turismo no momento actual e nos próximos anos, con motivo de eventos tales como o Xacobeo 1999 e outros.

Neste cadro de mercado hai que ter en conta, tamén, a presencia cada vez máis marcada no sector alimentario e, en concreto, no subsector de pastelería, de superficies comerciais grandes e medianas que expenden, ademais doutros productos, os de pastelería, facendo necesaria unha reordenación de carácter organizativo e comercial que permita concorrer ás empresas do sector nesta especial cota de mercado.

Todo o anterior provoca a necesidade de adecuar tódolos parámetros da xestión empresarial, incluído o laboral, no sector de pastelería co fin de aproveitar ó máximo as vantaxes do actual ciclo de mercado para mellora-la cota de incidencia nel, ou polo menos, que non diminúa.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, co obxecto de diminuí-lo emprego en precario, e buscando aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias do mercado a que se refire o dito artigo poderase celebrar por períodos que, individualmente ou no seu conxunto, non superen os 6 anos dentro dun ciclo de 8 anos, sendo a súa duración mínima inicial dun ano e a das prórrogas subseguintes de seis meses.

Se non se concertase expresamente a súa prórroga e cando finalice o contrato inicial ou algunha das súas prórrogas, o traballador continuase prestando servicios na empresa, entenderase prorrogado o contrato ata o límite máximo de 6 anos.

O seu réxime xurídico, excepto no regulado no presente artigo, será equivalente ó do contrato por tempo indefinido en canto ó desfrute de beneficios salariais (antigüidade, réximes de complementos) e non salariais (permisos, licencias, indemnización no caso de despedimento disciplinario declarado improcedente, etc.).

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción, con esixencia de preaviso escrito con quince días de anticipación como mínimo, e fixación dunha indemnización para o traballador de conformidade coa seguinte escala:

-Se a extinción se produce antes de transcorreren dous anos de contrato, 12 días por ano de servicio.

-Se se produce transcorridos tres anos e antes de chegar a catro, 15 días por ano de servicio.

-Se se produce transcorridos catro anos e ata o final da vixencia de seis anos, 20 días por ano.

No suposto de non producirse a extinción á terminación da vixencia máxima do contrato (6 anos), se o traballador segue prestando servicios na empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato só se poderá celebrar a xornada completa e no seu texto deberá figurar unha referencia expresa ó presente artigo.

As partes comprométense a recomendarlles ós seus afiliados a utilización deste tipo de contrato de longa duración, sempre que resulte aplicable, en lugar doutras modalidades de contratación temporal actualmente en vigor.

Independentemente da vixencia pactada para o resto do convenio, o presente artigo terá vixencia ata o 31-12-2001.

Artigo 27º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Táboas ano 1995

SB Mes/DíaSB Anual

Técnicos (non titulados)
Encargado xeral109.1341.637.010
Xefe fabricación taller116.7381.751.070
Encargado de sección86.9221.303.830

Administrativos
Xefe de Administración de 1ª123.4911.852.365
Xefe de Administración de 2ª116.7381.751.070
Oficial de 1ª105.4751.582.125
Oficial de 2ª94.1631.412.445
Auxiliar86.8571.302.855
Aspirante de 1º ano45.192677.880
Aspirante de 2º ano52.435786.525
Aspirante de 3º ano67.7871.016.805

Mercantís
Xefe de vendas118.8991.783.485
Inspector de vendas112.9821.694.730
Promotor de propaganda94.1631.412.445
Vendedor de autovenda90.3991.355.985
Viaxante90.3991.355.985

Obreiros
a) Persoal de producción
Oficial de 1ª95.0641.425.960
Oficial de 2ª87.8041.317.060
Axudante82.5111.237.665
Forneiro mecanizado87.8041.317.060
Forneiro de pa87.8041.317.060
Aprendiz de 1º ano45772686.580
Aprendiz de 2º ano53.094796.410

b) Persoal acabado e empaquetado
Oficial de 1ª95.0641.425.960
Oficial de 2ª87.8041.317.060
Axudante82.5111.237.665
Aprendiz de 1º ano45.772686.580
Aprendiz de 2º ano53.094796.410

c) Persoal de oficios auxiliares
Oficial de 1ª95.0641.425.960
Oficial de 2ª87.8041.317.060
Peón79.9111.198.665
Persoal de limpeza79.9111.198.665

SB Mes/DíaSB Anual

Subalternos
Almaceneiro95.0641.425.960
Conserxe85.0151.275.225
Cobrador85.0151.275.225
Basculeiro85.0151.275.225
Garda xurado85.0151.275.225
Garda vixilante85.0151.275.225
Ordenanza85.0151.275.225
Porteiro79.9111.198.665

Comercio
Administrativos
Auxiliar de caixa86.9141.303.710

Persoal mercantil
Dependente de 25 anos90.1781.352.670
Dependente menor de 24 anos86.9141.303.710
Axudante81.6401.224.600
Aprendiz de 16 a 18 anos50.924763.860

Táboas ano 1996

SB

Mes/Día

C. Anti-

güidade

SB Anual

Técnicos (non titulados)
Encargado xeral114.5916.8751.718.865
Xefe fabricación taller122.5757.3551.838.625
Encargado de sección91.2685.4761.369.020

Administrativos
Xefe de Administración de 1ª129.6667.7801.944.990
Xefe de Administración de 2ª122.5757.3551.838.625
Oficial de 1ª110.7496.6451.661.235
Oficial de 2ª98.8715.9321.483.065
Auxiliar91.2005.4721.368.000
Aspirante de 1º ano47.4522.847711.780
Aspirante de 2º ano55.0573.303825.855
Aspirante de 3º ano71.1764.2711.067.640

Mercantís
Xefe de vendas124.8447.4911.872.660
Inspector de vendas118.6317.1181.779.465
Promotor de propaganda98.8715.9321.483.065
Vendedor de autovenda94.9195.6951.423.785
Viaxante94.9195.6951.423.785

Obreiros
a) Persoal de producción
Oficial de 1ª99.8175.9891.497.255
Oficial de 2ª92.1945.5321.382.910
Axudante86.6375.1981.299.555
Forneiro mecanizado92.1945.5321.382.910
Forneiro de pa92.1945.5321.382.910
Aprendiz de 1º ano48.0612.884720.915
Aprendiz de 2º ano55.7493.345836.235

b) Pers. acabado e empaquetado
Oficial de 1ª99.8175.9891.497.255
Oficial de 2ª92.1945.5321.382.910
Axudante86.6375.1981.299.555
Aprendiz de 1º ano48.0612.884720.915
Aprendiz de 2º ano55.7493.345836.235

c) Pers. de oficios auxiliares
Oficial de 1ª99.8175.9891.497.255
Oficial de 2ª92.1945.5321.382.910

SB

Mes/Día

C. Anti-

güidade

SB Anual

Peón83.9075.0341.258.605
Persoal de limpeza83.9075.0341.258.605

Subalternos
Almaceneiro99.8175.9891.497.255
Conserxe89.2665.3561.338.990
Cobrador89.2665.3561.338.990
Basculeiro89.2665.3561.338.990
Garda xurado89.2665.3561.338.990
Garda vixilante89.2665.3561.338.990
Ordenanza89.2665.3561.338.990
Porteiro83.9075.0341.258.605

Comercio
Administrativos
Auxiliar de caixa91.2605.4761.368.900

Persoal mercantil
Dependente de 25 anos94.6875.6811.420.305
Dependente menor de 2491.2605.4761.368.900
Axudante85.7225.1431.285.830
Aprendiz de 16 a 18 anos53.4703.208802.050

Táboas ano 1997

SB

Mes/Día

C. Anti-

güidade

SB Anual

Técnicos (non titulados)
Encargado xeral120.3217.1501.804.815
Xefe fabricación taller128.7047.6491.930.560
Encargado de sección95.8315.6951.437.465

Administrativos
Xefe de Administración de 1ª136.1498.0912.042.235
Xefe de Administración de 2ª128.7047.6491.930.560
Oficial de 1ª116.2866.9111.744.290
Oficial de 2ª103.8156.1691.557.225
Auxiliar95.7605.6911.436.400
Aspirante de 1º ano49.8252.961747.375
Aspirante de 2º ano57.8103.435867.150
Aspirante de 3º ano74.7354.4421.121.025

Mercantís
Xefe de vendas131.0867.7911.966.290
Inspector de vendas124.5637.4031.868.445
Promotor de propaganda103.8156.1691.557.225
Vendedor de autovenda99.6655.9231.494.975
Viaxante99.6655.9231.494.975

Obreiros
a) Persoal de producción
Oficial de 1ª104.8086.2291.572.120
Oficial de 2ª96.8045.7531.452.060
Axudante90.9695.4061.364.535
Forneiro mecanizado96.8045.7531.452.060
Forneiro de pa96.8045.7531.452.060
Aprendiz de 1º ano50.4642.999756.960
Aprendiz de 2º ano58.5363.479878.040

b) Pers. acabado e empaquetado
Oficial de 1ª104.8086.2291.572.120
Oficial de 2ª96.8045.7531.452.060
Axudante90.9695.4061.364.535
Aprendiz de 1º ano50.4642.999756.960
Aprendiz de 2º ano58.5363.479878.040

SB

Mes/Día

C. Anti-

güidade

SB Anual

c) Pers. de oficios auxiliares
Oficial de 1ª104.8086.2291.572.120
Oficial de 2ª96.8045.7531.452.060
Peón88.1025.2351.321.530
Persoal de limpeza88.1025.2351.321.530

Subalternos
Almaceneiro104.8086.2291.572.120
Conserxe93.7295.5701.405.935
Cobrador93.7295.5701.405.935
Basculeiro93.7295.5701.405.935
Garda xurado93.7295.5701.405.935
Garda vixilante93.7295.5701.405.935
Ordenanza93.7295.5701.405.935
Porteiro88.1025.2351.321.530

Comercio
Administrativos
Auxiliar de caixa95.8235.6951.437.345

Persoal mercantil
Dependente de 25 anos99.4215.9081.491.315
Dependente menor de 2495.8235.6951.437.345
Axudante90.0085.3491.350.120
Aprendiz de 16 a 18 anos56.1443.336842.160

6077