Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.108

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 9 de outubro de l996 pola que se determinan os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica l6/l995, do 27 de decembro, ampliou as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, transfiríndolle con carácter exclusivo, a relativa a espectáculos públicos. Polo Real decreto l640/l996, do 5 de xullo, prodúcese o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia na dita materia.

A Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Decreto 336/l996, do l3 de setembro, asumiu as competencias na citada materia, asignándollas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Neste decreto facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o seu desenvolvemento e adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

De acordo con iso, dictouse a orde desta consellería do 26 de setembro de l996 de atribución do exercicio de funcións en materia de asociacións e espectáculos públicos nos delegados provinciais. Os delegados provinciais desta consellería de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, facendo uso das atribucións conferidas, dado o remate da vixencia do horario de verán a 30 de setembro, dictaron respectivas resolucións de data 30 de setembro de l996 polas que se determinaban con carácter provisional os horarios de inverno coa finalidade de non deixar sen regulación esta materia de singular importancia. Optouse por manter, en liñas xerais, os horarios que rexeron no período de l995-l996, establecéndose como regulación provisional mentres non se escoitaran as opinións de tódalas partes afectadas.

Unha vez oídos os distintos colectivos e sectores implicados nesta materia, en virtude do disposto no artigo l05 a) da Constitución española e l30.4º da Lei de procedemento administrativo, do l7 de xullo de l957, dada a conveniencia de compatibiliza-los intereses sociais e económicos dos sectores afectados co interese público xeral, sempre prevalente, procede fixar e unifica-los horarios máximos que rexerán nos espectáculos e establecementos públicos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Artigo lº.-Fixación de horarios.

Os espectáculos e festas rematarán e os establecementos públicos pecharán, como máximo, ás horas sinaladas a continuación:

Cinematógrafos1.00 h.

Teatros1.00 h.

Circos0.00 h.

Frontóns0.30 h.

Boleiras0.00 h.

Canódromos0.30 h.

Espectáculos ó aire libre1.00 h.

Verbenas e festas populares2.30 h.

Restaurantes1.30 h.

Cafés e bares1.30 h.

Cafeterías2.00 h.

Tabernas0.30 h.

Salas de festas e discotecas de xuventude22.00 h.

Bares especiais e pubs3.00 h.

Discotecas, salas de festa e salóns de baile4.30 h.

Cafés teatro, cafés concerto e cafés cantante4.00 h.

Tablaos flamencos4.00 h.

Artigo 2º.-Ampliación do horario máximo.

Os xoves, venres, sábados e vésperas de festivos, estes horarios ampliaranse media hora.

Artigo 3º.-Horario de apertura.

Os bares especiais, pubs, discotecas, salas de festas, salóns de baile, cafés teatro, cafés cantante, cafés concerto e tablaos flamencos non poderán ser abertos antes das l0 horas da mañá.

Artigo 4º.-Infraccións e sancións.

As infraccións ó disposto na presente orde serán corrixidas coas sancións previstas na lexislación vixente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Quedan derrogadas as resolucións dos delegados provinciais desta consellería da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra do 30 de setembro de l996.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de l996.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7327