Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 1996 pola que se autoriza o cambio de titularidade da escola de danza Degás de Ferrol.

Examinado o expediente incoado por Angelina Fernández Freijomil, titular da escola de danza Degás de Ferrol, en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial de cambio de titularidade, outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Isidoro Calvo Vidal, Angelina Fernández Freijomil ten acordado con Paula de Castro Fernández o cambio de titularidade da escola de danza privada Degás, asumindo esta os dereitos e obrigas que dela se deriven.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición recibíu informe da Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro está incluído no rexistro de escolas de música e danza.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade da escola privada de danza Degás de Ferrol a favor de Paula de Castro Fernández, con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola cesionista Angelina Fernández Freijomil, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7328