Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 318/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Cabral-Ponte II-Alza, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 9 da L.M.T. ó C.T. Iglesias, rematando no paso aéreo-subterráneo ó C.T. que se proxecta en Alza, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20/15 kV, de 694 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 245 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 55 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 9.618.424 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7114