Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica
L.M.T., C.T. e R.B.T. As Rans, II, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio que se vai colocar anterior ó apoio n. 1 da L.M.T. derivación ós CC.TT. Rans, Ameal e outros, rematando no C.T. que se proxecta en Rans II, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, núa, a 20/15 kV, de 58 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 3.129.748 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 16 de setembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7115