Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 95/39-2-4296 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das

instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Ballas Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación da parroquia de Insua.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, derivación ó C.T. da Ponte Saa, con entroncamento na L.M.T. derivación ó C.T. gasolineira e final no proxectado C.T. da Ponte Saa, cunha lonxitude de 672 metros. Liña media tensión a 20 kV, derivación ó C.T. de Ferreiro, con entroncamento na L.M.T. Vilalba-Baamonde e final no proxectado C.T. de Ferreiro, cunha lonxitude de 20 metros. Liña media tensión a 20 kV, derivación a C.T. de Santalla, con entroncamento na L.M.T. derivación a C.T. de Rebordaos e final no proxectado C.T. de Santalla, cunha lonxitude de 10 metros. Liña media tensión a 20 kV, derivación a C.T. de Coturiña, con entoroncamento na L.M.T. derivación a C.T. de Rebordaos e final no proxectado C.T. de Coturiña, cunha lonxitude de 679 metros. Liña media tensión a 20 kV, derivación a C.T. de Rebordaos, con entroncamento na L.M.T. derivación a C.T. de Rebordaos e final no proxectado C.T. de Regordaos, cunha lonxitude de 50 metros.

As liñas estarán executadas en conductor LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos.

Cinco centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios metálicos.

As liñas de baixa tensión estarán executadas en conductor R.Z.-95-50, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico na Ponte Saa, Cardosa, Ferreiro, Saa, Rego, Abeledo, Santalla, Rigueira, Coturiña, Muzón, Lama, Rebordaos, Merlán e Escolante, no concello de Vilalba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2629/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran naquel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 9 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7113