Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pola Resolución do 27 de xuño de 1996 (DOG do 12 de xullo de 1996) convocouse concurso público, cun orzamento de 8.355.000 ptas, para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das adminitracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contración, e de acordo coa proposta realizada por esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo concurso de referencia a Sanitas, S.A. por un importe de oito millóns cen mil pesetas (8.100.000 ptas).

Segundo.-A empresa adxudicataria deberá proceder á constitución da fianza definitiva e á formalización do contrato na contía, forma e prazos que determina o prego de cláusulas administrativas particulares.

Terceiro.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

7278