Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (398/1996-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas nº 398/1996-M, tramitado por roubo, cítase a Eliseo Cuns Negreira, como denunciado, en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 22 de novembro, ás 12 horas, co fin de que compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, e de que deberá ir provisto do DNI e das probas das que intente valerse.

En Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7129