Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolución do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación do servicio de composición, edición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

Adxudicatario: La Voz de Galicia, S.A.

-Contratación da asistencia técnica que ten por obxecto o apoio técnico ós procesos informáticos integrantes dos plans de reforma administrativa de competencia da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 8.013.238 pesetas.

-Contratación dunha asistencia técnica que ten por obxecto a prestación dos servicios de operadores de información para o desenvolvemento do programa de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa na Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Teleaction, S.A.

Importe: 3.768.321 pesetas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993).

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería de la Presidencia e Administración Pública

7177