Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (357/1996-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas nº 357/1996-M, tramitado por roubo, cítese a Friderike Melanie Dehler e Olivier Brisson, como denunciantes, en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 22 de novembro, ás 11.30 horas, co fin de que comparezcan ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, e de que deberán ir provistos do DNI e das probas das que intenten valerse.

En Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7141