En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas nº 359/1995-I, tra
mitado por lesións en agresión, cítase en forma a Manuel Ángel Pérez Lodeiro, en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 22 de novembro, ás 11.10 horas, co fin de que compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, e de que deberá ir provisto do DNI e das probas das que intente valerse.
En Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.
A secretaria
Rubricado
7142