Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.078

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (258/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 258/1995, que se seguen por agresión, cítase a Abdellatif Chetouni, en calidade de denunciante-denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vintetrés de outubro de 1996, ás dez horas e dez minutos, compareza na sala de audiencias número 3, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio de xulgados, rúa Viena nº 1, polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do xuízo de faltas, facéndolle saber que pode acudir con avogado, e advertíndoo de que deberá vir provisto dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

7227