Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.077

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (70/1995).

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada- xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o nº 70/1995, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A, representado polo procurador García-Piccoli, contra Antonio Allende Liñares e Dolores González Ríos, nos que se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 17 de decembro, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 8.050.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 17 de xaneiro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 17 de febreiro de 1997, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores- agás o acredor deman

dante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0070/95, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poidan esixir ningún outro e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do autor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e enténdese que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que estivese sinalada a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservarán en depósito con garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De o pedi-lo acredor ata o mesmo momento de celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

1. Urbana: casa de planta baixa duns cento dezaseis metros cadrados de superficie, cun terreo que a rodea, a toxeira. dunhas seis áreas e vintenove centiáreas, coñecido como Agro do Canle, en termos do lugar de Beneso, parroquia de Goiáns, concello de Porto do Son. O conxunto, que forma un só predio, linda: norte, muro de contención propio deste predio e despois ribeira-mar; sur, camiño de servidume e parte Manuel; leste, Manuel Tomé, e oeste, nunha

lonxitude de vinteoito metros, de Apolino Agra Barreiro. Está dotada do servicio de auga corrente que provén da traída de augas coñecida por traída de augas dos veciños de Beneso. Inscrita no Rexistro de Noia, no tomo 562, libro 84, folio 102, predio nº 6.768.

Valorado o dito predio en: 7.800.000 pesetas.

2. Furgoneta mixta Seat Terra, matrícula C-3086-AU.

Valorado o dito vehículo en: 250.000 pesetas.

Total valoración: 8.050.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7324