Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996 pola que se convocan catro cursos básicos de informática, dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de catro cursos básicos de informática, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo principal da-los coñecementos mínimos necesarios en materia de informática para que os policías se familiaricen cos novos medios técnicos de traballo.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e ós membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 10 por curso.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI, e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 28 de outubro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico, e seladas; isto será requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos celebraránse en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Informática.

b) MS-DOS 6.20.

C) Windows 3.11.

d) WordPerfect 6.1.

Datas.

Os cursos celebraranse en datas do 4 ó 22 de novembro, e do 25 de novembro ó 16 de decembro.

O horario de cada curso será o seguinte:

1º curso:

Datas: 4 ó 22 de novembro.

Horario: de 11 a 13 horas.

2º curso:

Datas: 4 ó 22 de novembro.

Horario: de 16 a 18 horas.

3º curso:

Datas: 4 ó 22 de novembro.

Horario: de 18 a 20 horas.

4º curso:

Datas: 25 de novembro ó 16 de decembro.

Horario: de 16 a 18 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 30 de outubro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridad, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse nos locais sitos na rúa Santiago de Chile, 17 bis, en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento, a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada neste e superen unha proba de coñecementos, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa

xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecemento, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adapta-los ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

7238